O eixe atlántico de alta velocidade é o corredor ferroviario que discorre pola costa atlántica de Galiza. Esténdese entre as cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo, e está prevista a súa prolongación cara ao norte até Ferrol e polo sur por Tui para conectar coa rede portuguesa.[1] Aínda que Adif a denomina liña de alta velocidade, non cumpre os criterios da Unión Internacional de Ferrocarrís para ser considerada unha liña de alta velocidade.[2]
Trátase dunha infraestrutura deseñada con vía dobre e trazado apto para 250 km/h, con carril de 60 kg/m. Actualmente é de ancho ibérico[3][4], pero instaláronse travesas polivalentes que permitirán a transformación do corredor en ancho UIC a partir de 2019.
En decembro de 2011 inaugurouse o tramo de Santiago de Compostela á Coruña[5], e en marzo de 2015, inaugurouse o tramo entre a capital galega e Vigo.[6]
Esquema da ruta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Adiado sen data prevista para retomar un proxecto que, unicamente chegou a acadar a fase de estudo informativo. En 2013, o goberno español, presidido daquela por Mariano Rajoy, admitía que a súa execución era inviábel.[7]
Esta parte do corredor foi deseñada como un desdobramento e electrificación -mediante a construción de numerosas variantes- do tramo preexistente entre as dúas cidades da liña Zamora - A Coruña. De todas as estacións intermedias orixinais da liña unicamente se conservou a de Uxes, suprimíndose os servizos ferroviarios no resto (que foron ficando progresivamente fóra das novas variantes), e construíronse dúas novas: Ordes e Cerceda-Meirama.
Esta sección desenvolveuse practicamente na súa totalidade sobre a plataforma da antiga liña de Santiago - Redondela, desdobrando e electrificando a vía e mantendo en servizo a estación de Osebe, reconvertida en apeadoiro.
Trazado completamente novo. Supuxo a construción dun icónico viaduto sobre o río Ulla entre os concellos de Dodro e Catoira. Neste percorrido foi habilitada a nova estación de Padrón-Barbanza e, aínda que paralelamente se mantivo a circulación ferroviaria de viaxeiros na vella liña para dar servizo a Padrón, Pontecesures e Catoira, a estación da Escravitude quedou exclusivamente operativa para paradas técnicas.
Practicamente de novo trazado agás nos accesos ás cidades, mantivo o apeadoiro de Pontevedra-Universidade, como tamén a estación de Portela (á que os trens acceden pola vella liña convencional) e supuxo a reconversión do resto da antiga liña Santiago-Redondela nun ramal exclusivo de mercadorías atá as proximidades da estación de Portas, ficando esta sen servizos para pasaxeiros.
Rectificación, desdobramento e electrificación do antigo trazado entre Santiago e Redondela. Conservouse a estación de Arcade, reconvertida igual cá Osebe en apeadoiro.
Trazado completamente novo. Construíronse as novas estacións de Redondela AV e Vigo-Urzáiz, restrinxida esta última a trens de tracción eléctrica por motivos de seguridade derivados da lonxitude do túnel das Maceiras. Após a súa apertura mantívose a prestación de servizos de pasaxeiros para os apeadoiros de Cesantes e Redondela-Picota e tamén nas estacións de Redondela e Vigo-Guixar. Unicamente ficou excluído tanto do novo corredor coma do convencional o tramo comprendido entre a Bifurcación de Chapela e a antiga estación de pasaxeiros de Vigo, da liña Monforte de Lemos - Vigo, o que implicou o peche da estación de Chapela[8].
Adiado. Os plans consisten na construción da saída sur de Vigo-Urzáiz, converténdoa nunha estación pasante, e un novo viaduto sobre o río Miño na altura de Tui como obras máis destacadas.
O Eixo Atlántico de Alta Velocida conta -entre A Coruña e Vigo-Urzáiz- con sistema de Bloqueo Automático con vía dobre Banalizada (BAB), dotada de balizas ASFA máis tren-terra e catenarias de alta velocidade (entre A Coruña e Santiago) e compensada (entre Santiago e Vigo) de 25 kV e corrente alterna a 50 Hz. A velocidade máxima é de 200 km/h e a lonxitude máxima permitida para trens de viaxeiros, de 400 metros.[3] [4]
En 2016 comezaron as obras para a posta en servizo do sistema ERTMS sobre o BAB existente.[9]
O 27 de agosto de 2011 pechouse temporalmente a estación de Vigo, procedendo á demolición de todas as instalacións incluíndo as naves de mantemento para proceder á construción dunha estación subterránea a 15 metros por debaixo da cota orixinal. Os servizos ferroviarios desviáronse á ata entón estación de mercancías de Vigo-Guixar ata a reapertura da estación en 2015 en que se producirá unha repartición de servizos, os servizos de alta velocidade faranse dende Vigo-Urzáiz e os servizos convencionais e o enlace internacional con Portugal continuaran en Guixar. Os talleres de mantemento foron trasladados definitivamente á estación de Redondela en xullo de 2012. A nova estación, que será intermodal proxectouse cun total de seis vías, con catro plataformas de 400 m de lonxitude e de entre 10 e 12,7 m de anchura, situados de forma que todas as vías sexan operativas para o tránsito de viaxeiros.[10]
A continuación iniciáronse as obras da infraestrutura ferroviaria que finalizaron en marzo de 2015. Inicialmente íase construír un centro comercial Vialia enriba do caixón ferroviario pero a falta de interese dos promotores privados fixo aprazar a obra, tendo as estruturas preparadas para a súa futura construción. Debido a iso tívose que construír un edificio provisional fóra da parcela para poder dar servizos ferroviarios, preparado para compatibilizar coas futuras obras do Vialia.
O 6 de marzo de 2015 entrou o primeiro tren, da serie 121, á nova estación en probas.[11]
O 16 de abril de 2015, 14 anos despois de que se asinara o convenio para actualizar o trazado ferroviario que vertebra Galicia, realizouse a viaxe inaugural, coa presenza da ministra de Fomento Ana Pastor e o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, desde a estación da Coruña e a nova terminal Vigo-Urzáiz, deseñada por Tom Mayne e que tamén se estreou con este motivo, na que entrará pola boca dun dos dous túneles das Maceiras, o túnel máis longo do Eixe Atlántico.[12]
Finalmente, o sábado 18 de abril de 2015 entrou en servizo comercial a liña de alta velocidade Vigo-A Coruña e viceversa, cunha oferta de dez frecuencias diarias por sentido que unirán ambas as cidades nun tempo de viaxe de 83 minutos, o que representa unha diminución de 47 minutos respecto á anterior.[6]
Tramo | km | Estado (data BOE) | Prazo execución |
---|---|---|---|
Vigo-Urzáiz - As Maceiras (Acceso norte a Vigo) | 9,4 | En servizo (29/03/2015) | |
As Maceiras - Redondela | 3,9 | En servizo (29/03/2015) | |
Redondela - Soutomaior | 3,6 | En servizo (29/03/2015) | |
Soutomaior - Vilaboa | 2,5 | En servizo (09/06/2013) | |
Vilaboa - Pontevedra | 8,2 | En servizo (09/06/2013) |
Tramo | km | Estado (data BOE) | Prazo de execución |
---|---|---|---|
Pontevedra – Cerponzóns | 6,6 | En servizo (30/7/2014) | |
Cerponzóns – Portela | 6,1 | En sevizo (30/7/2014) | |
Portela – Portas | 6,5 | En servizo (20/7/2008) | |
Portas – Vilagarcía de Arousa | 6,6 | En servizo (20/7/2008) | |
Vilagarcía de Arousa – Catoira | 8,3 | En servizo (29/3/2015) | |
Viaduto Río Ulla | 1,7 | En servizo (29/3/2015) | |
A Vacariza – Rialiño | 8,0 | En servizo (29/3/2015) | |
Rialiño – Padrón | 8,5 | En servizo (29/3/2015) | |
Padrón – Osebe | 3,8 | En servizo (15/6/2008) | |
Osebe - Santiago | 10,1 | En Servizo (15/6/2007) |
Tramo | km | Estado (data BOE) | Prazo de execución |
---|---|---|---|
Santiago – Verdía | 6,8 | En servizo (17/7/2003) | |
Verdía – Oroso | 9,7 | En servizo (23/4/2005) | |
Oroso – Ordes | 4,0 | En servizo (17/7/2003) | |
Variante de Ordes | 6,3 | En servizo (23/4/2005) | |
Ordes – Queixas | 4,3 | En servizo (22/4/2008) | |
Variante de Queixas | 4,8 | En servizo (21/4/2007) | |
Cerceda - Meirama | 8,1 | En servizo | |
Meirama - Bregua | 5,3 | En servizo | |
Variante de Bregua | 4,0 | En servizo (27/4/2006) | |
Uxes - Pocomaco | 4,3 | En servizo | |
Pocomaco - A Coruña-San Cristovo | 3,5 | En servizo | |
A Coruña-San Cristovo | 0,6 | En servizo (7/5/2003) |
Prevense 3 conexións co resto da rede de Alta Velocidade:
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eixe atlántico de alta velocidade |