Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Eneko Boveda Altube 14 de decembro de 1988 (36 anos) Bilbao, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,82 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 77 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2000 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral e defensa central | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 2 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Eneko Bóveda Altube, nado en Bilbao o 14 de decembro de 1988, é un exfutbolista español que xogaba de defensa. Formouse na canteira do Athletic Club, co que debutou na Primeira División en 2009. Entre 2011 e 2015 militou no Eibar, co que logrou ascender dende a Segunda División B ata a Primeira. A continuación regresou ao Athletic, no que xogou ata 2018, antes de recalar durante tres campañas e media no Deportivo da Coruña, co que caeu dende Primeira á Segunda B. Pechou a súa carreira no 2022, despois dunha última tempada no Olympiakos Nicosia de Chipre.
Criado en Durango, uniuse á canteira do Athletic Club no ano 2000, procedente da Ikastola Maiztegui de Iurreta.[1] En 2006 ascendeu ao segundo filial do club bilbaíno, o CD Basconia e, en 2008, ao Bilbao Athletic. Debutou co primeiro equipo do Athletic o 26 de abril de 2009 contra o Racing de Santander, ao entrar en substitución de David López.[2] Xogou dous partidos de Liga máis antes de fracturar o quinto metatarsiano do pé esquerdo, en novembro de 2009.[3] Tras o seu regreso permaneceu na disciplina do Bilbao Athletic sen ter ningunha participación máis co primeiro equipo.
No verán de 2011 fichou pola SD Eibar que militaba en Segunda División B.[4] Tivo un papel protagonista na tempada 2012-13, tanto en liga como no play-off de ascenso. O 13 de abril de 2014 marcou o seu primeiro gol en Segunda División, na derrota (1-2 ) contra o CD Tenerife.[5] Nese mesmo partido, e despois de ter xogado 18 partidos, lesionouse de gravidade no xeonllo dereito.[6] Finalmente, a SD Eibar logrou o ascenso a Primeira División. O 25 de agosto de 2014 volveu xogar en Primeira División, na primeira xornada de liga ante a Real Sociedad, nunha histórica vitoria por 1-0.[7] Exactamente dous meses despois anotou o seu primeiro gol na competición, cun golpeo desde 25 metros que entrou polaa escuadra, e que serviu para darlle un punto ao Eibar ante o Granada.[8] Finalizou a temporada tras disputar 35 partidos de Liga, todos eles como titular. En catro temporadas no club eibarrés pasou de xogar en Segunda División B a Primeira División.
En xuño, tras finalizar contrato co club armeiro, regresou ao Athletic Club para substituír a Andoni Iraola.[9] Comezou a súa nova etapa no club branco e vermello gañando a Supercopa de España de 2015, na que o Athletic se impuxo ao Barcelona por 5-1. Na súa primeira tempada alternou as posicións de lateral dereito e central, tras a lesión do seu compañeiro Aymeric Laporte. Disputou 37 partidos (23 de Liga, 9 de Europa League, 3 de Copa e 2 de Supercopa). Na súa segunda tempada participou en 19 partidos de Liga, 3 de Copa e 1 de Europa League, a maioría deles na primeira volta pola lesión de Óscar de Marcos. Na terceira campaña non puido aproveitar a baixa por lesión de De Marcos, quedando relegado ao banco en favor de Iñigo Lekue.[10]
O 22 de xaneiro de 2018 o Athletic Club anunciou o acordo co xogador para rescindir o contrato entre ambas partes. Á súa vez o Deportivo da Coruña anunciou a súa fichaxe cun contrato até xuño de 2020.[11] O 27 de xaneiro debutou en Riazor, como xogador branquiazul, no empate a dous ante o Levante ao saír en substitución do lesionado Sidnei. O 9 de marzo, nun partido ante o Girona, sufriu unha grave lesión muscular no tríceps da súa perna esquerda, despois de ter sido titular nas últimas sete xornadas tanto de central como de lateral dereito.[12] Non volveu xogar no que restaba de tempada e viu dende fóra como o seu equipo descendía á Segunda División.
Disputou un total de 24 partidos na tempada 2018/19, na que o equipo non conseguiu o ascenso, tras ser derrotado polo Mallorca nos play-offs.[13] Na tempada 2019/20 disputou 31 partidos, acabando o club por descender á Segunda División B por segunda vez na súa historia.
Bóveda foi un dos poucos xogadores que permaneceron no equipo tralo descenso deste á 2ª B. O 18 de outubro de 2020, na primeira xornada da categoría de bronce, marcou de cabeza o tanto do triunfo fronte ao Salamanca CF (2-1) no minuto 97.[14] Disputou 17 dos 24 encontros de liga, todos eles como titular. O 5 de xullo de 2021, anunciouse a marcha de Bóveda do conxunto branquiazul tras tres tempadas e media.[15]
A finais de xullo de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo Olympiakos Nicosia da Primeira División de Chipre.[16] Xogou case todos os partidos da liga chipriota, a maioría como titular e disputou co equipo a promoción de permanencia, logrando manter a categoría. Ao remate da campaña anunciou a súa retirada do fútbol, aos 34 anos de idade.[17]