O director Milcho Manchevski presentou tres dos seus filmes ó Óscar ó mellor filme internacional.
Macedonia do Norte presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional [ nb 1] dende o ano 1994 . Os macedonios tamén intentaron sen éxito presentarse no ano 1991, cando o país estaba nun proceso de acadar o recoñecemento internacional como un estado independente.[ 3] Antes da independencia, os directores macedonios participaron activamente na industria do cinema iugoslavo , e varios filmes feitos por macedonios presentados ó Óscar en nome de Iugoslavia . O derradeiro exemplo disto foi o filme Srećna nova '49. de Stole Popov, do ano 1987.
O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés .[ 4] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios , sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[ 5]
Até o ano 2023, dous filmes de Macedonia do Norte, Pred doždot de Milcho Manchevski e Medena zemja de Tamara Kotevska e Ljubomir Stefanov foron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún filme conseguiu finalmente o premio. Outro dos filmes de Mančevski, Senki , foi proposto na 80ª edición dos premios , mais non conseguiu saír nomeado.[ 6] [ 7] Os filmes de Ivo Trajkov tamén foron escollidos para representar o país tres veces.
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956 .[ 8] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[ 4] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Macedonia do Norte para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia)
Título
Lingua(s)
Director(es)
Resultado
1994 (67ª)
Pred doždot
Macedonio, albanés, inglés
Manchevski, Milcho Milcho Manchevski
Nomeado
1997 (70ª)
Gypsy Magic [ 9]
Macedonio, romanés
Popov, Stole Stole Popov
Non nomeado
1998 (71ª)
Zbogum na dvaesettiot vek! [ 10]
Macedonio
Mitrevski, Darko Darko Mitrevski , Aleksandar Popovski
Non nomeado
2004 (77ª)
Golemata Voda [ 11]
Macedonio
Trajkov, Ivo Ivo Trajkov
Non nomeado
2006 (79ª)
Kontakt [ 12]
Macedonio, alemán
Stanojkovski, Sergej Sergej Stanojkovski
Non nomeado
2007 (80ª)
Senki [ 6]
Macedonio
Mančevski, Milčo Milčo Mančevski
Non nomeado
2008 (81ª)
Jas sum od Titov Veles
Macedonio
Strugar Mitevska, Teona Teona Strugar Mitevska
Non nomeado
2009 (82ª)
Ocas ještěrky
Checo
Trajkov, Ivo Ivo Trajkov
Non nomeado
2010 (83ª)
Majki [ 13]
Macedonio
Mančevski, Milčo Milčo Mančevski
Non nomeado[ 14]
2011 (84ª)
Pankot ne e mrtov [ 15]
Macedonio
Blazevski, Vladimir Vladimir Blazevski
Non nomeado
2012 (85ª)
Treto poluvreme [ 16]
Macedonio
Mitrevski, Darko Darko Mitrevski
Non nomeado
2014 (87ª)
Do balcak [ 17]
Macedonio
Popov, Stole Stole Popov
Non nomeado
2015 (88ª)
Honey Night [ 18]
Macedonio
Trajkov, Ivo Ivo Trajkov
Non nomeado
2016 (89ª)
Osloboduvanje na Skopje [ 19]
Macedonio
Rade Šerbedžija , Danilo Šerbedžija
Non nomeado
2018 (91ª)
Secret Ingredient [ 20]
Macedonio
Gjorce Stavreski
Non nomeado
2019 (92ª)
Medena zemja [ 21]
Macedonio, turco e bosníaco
Tamara Kotevska , Ljubomir Stefanov
2020 (93ª)
Vrba [ 23]
Macedonio
Milcho Manchevski
Non nomeado
2021 (94ª)
Sestri [ 24]
Macedonio
Dina Duma
Non nomeado
2022 (95ª)
Najsrekjniot Chovek Na Svetot [ 25]
Bosníaco
Teona Strugar Mitevska
Non nomeado
2023 (96ª)
Domaḱinstvo za početnici [ 26]
Macedonio , albanés e romaní
Goran Stolevski
Non nomeado
↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[ 1] [ 2]
↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars" . Consultado o 12 de xullo de 2019 .
↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars" . Consultado o 12 de xullo de 2019 .
↑ News Library Search, ed. (6 de decembro de 1991). "FILM NEWS & NOTES" . Consultado o 10 de xaneiro de 2020 .
↑ 4,0 4,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award" . Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas . Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013 .
↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1" . Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008 .
↑ 6,0 6,1 Yahoo! Movies , ed. (17 de outubro de 2007). "A Record 63 Countries Vying For Best Foreign-Language Oscar Nod" . Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2008. Consultado o 4 de xullo de 2008 .
↑ Gaydos, Steven; McCarthy, Libby (15 de xaneiro de 2008). "Oscar's foreign film race heats up" . Variety . Consultado o 4 de xullo de 2008 .
↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2" . Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008 .
↑ oscarguy.com (ed.). "The 70th Academy Awards (1997): Foreign Language Film Submissions" . Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2008. Consultado o 4 de xullo de 2008 .
↑ Honeycutt, Kirk (24 de novembro de 1998). "45 Nations Vying For Oscar" . allbusiness.com . Consultado o 28 de agosto de 2008 .
↑ Hernandez, Eugene. indieWire , ed. "49 Countries Submit Films for Foreign Language Oscar Consideration" . Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 4 de xullo de 2008 .
↑ Sneider, Jeff (19 de outubro de 2006). "Oscar race counts 61 countries" . Variety . Consultado o 4 de xullo de 2008 .
↑ mia.com.mk (ed.). "Mancevski's "Mothers" selected for Panorama programme at 61. Berlinale" . Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2012. Consultado o 4 de outubro de 2010 .
↑ oscars.org (ed.). "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race" . Consultado o 19 de xaneiro de 2011 .
↑ oscars.org (ed.). "63 Countries Vie for 2011 Foreign Language Film Oscar" . Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2011 .
↑ Утрински весник (ed.). "" Трето полувреме" македонски кандидат за Оскар" . Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2013. Consultado o 13 de setembro de 2012 .
↑ Macedonian Information Agency (ed.). "" To the Hilt" enters Oscar race" . Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2014. Consultado o 20 de setembro de 2014 .
↑ Holdsworth, Nick (15 de setembro de 2015). The Hollywood Reporter , ed. "Oscars: Macedonia Nominates 'Honey Night' for Foreign-Language Category" . Consultado o 15 de setembro de 2015 .
↑ Holdsworth, Nick (27 de setembro de 2016). The Hollywood Reporter , ed. "Oscars: Macedonia Selects 'The Liberation of Skopje' for Foreign-Language Category" . Consultado o 27 de setembro de 2016 .
↑ Macedonian Information Agency, ed. (19 de setembro de 2018). "Macedonia selects 'Secret Ingredient' as foreign language entry at 2019 Academy Awards" . Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2018. Consultado o 19 de setembro de 2018 .
↑ Holdsworth, Nick. The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: North Macedonia Selects 'Honeyland' for Best International Feature Category" . Consultado o 27 de agosto de 2019 .
↑ Oscar Nominations 2020-Vanity Fair
↑ "„Врба“ на Милчо Манчевски е македонски кандидат за Оскар" . MakFax . 16 de novembro de 2020. Consultado o 16 de novembro de 2020 .
↑ "Сестри“ на Дина Дума ќе биде македонскиот кандидат за Оскар" . Radio MOF . 13 de outubro de 2021. Consultado o 13 de outubro de 2021 .
↑ "„Најсреќниот човек на светот“ на Теона С. Митевска е македонски кандидат за Оскар" . Nezavisen Vesnik . 23 de setembro de 2022. Consultado o 23 de setembro de 2022 .
↑ "Филмот "Домаќинство за почетници" е македонски кандидат за Оскар за долгометражен интернационален филм" [The film "Housekeeping for Beginners" is a Macedonian candidate for the Oscar for a feature-length international film] . МКД.мк (en macedonio) . 2023-09-13. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2023. Consultado o 13 de setembro de 2023 .