Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Francisco Javier Lorenzo Torres 24 de setembro de 1960 (64 anos) Pontevedra, España |
Outros nomes | Francis Lorenzo |
Altura | 182 cm |
Actividade | |
Ocupación | actor, presentador de televisión |
Familia | |
Irmáns | José Manuel Lorenzo Gerardo Lorenzo Miguel Lorenzo Torres |
Francisco Javier Lorenzo Torres, máis coñecido como Francis Lorenzo, nado en Pontevedra o 24 de setembro de 1960, é un actor galego.
Actor de extensa traxectoria cinematográfica. Traballou ás ordes de directores como José Luis Cuerda, Vicente Aranda, Agustín Díaz Yanes, Icíar Bollaín ou Jaime Chávarri.
Nos últimos anos dedicouse máis á televisión, onde interpretou papeis fixos en series de éxito como Canguros, Médico de familia, Compañeros ou Mis adorables vecinos. Neste medio tamén probou sorte como presentador, abandonando Médico de familia en pleno éxito para conducir o late-night Efecto F, co que non puido conseguir os mesmos resultados.
O seu último traballo en cine foi Tiovivo c. 1950 dirixido por José Luis Garci.
En 2009 regresou á televisión coa exitosa serie Águila Roja e en 2014 participou en Códice, miniserie para a TVG baseada na historia do furto do Códice Calixtino.
O pai, Erundino Lorenzo (1929-2024), fillo á súa vez do político Gerardo Lorenzo González, foi un mestre que dirixiu o centro de ensino Príncipe Felipe, de Montecelo (Mourente), para persoas con necesidades especiais.
Os irmáns son Gerardo (empresario), José Manuel (produtor de cinema e televisión) e Miguel (político).