Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1930 Alacant, España |
Morte | 13 de abril de 2019 (88 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora |
Xénero artístico | Poesía |
Familia | |
Cónxuxe | Félix Grande (1963–2014) |
Fillos | Guadalupe Grande |
Pai | Lorenzo Aguirre Sánchez |
Premios | |
Francisca Aguirre Benito, tamén coñecida como Paca Aguirre, nada en Alacant o 27 de outubro de 1930 e finada en Madrid o 13 de abril de 2019,[1][2] foi unha poeta e narradora española en lingua castelá da denominada "a outra xeración do 50"[2]. Foi nomeada Filla Predilecta de Alacant en 2012,[3] Premio Nacional de Poesía no 2011 e Premio Nacional das Letras no 2018.
Foi filla do pintor Lorenzo Aguirre, a quen dedicou o poemario Trescientos escalones, e que fora condenado a morte en 1942, durante o franquismo.[4][1] Estivo casada co poeta Félix Grande (1937-2014) e foi nai da tamén poeta Guadalupe Grande.[1]
A súa poesía foi traducida ao inglés, francés, italiano, portugués e valenciano. O seu primeiro poemario foi Ítaca, publicado en 1971, co que gañou o Premio de poesía Leopoldo Panero.[2][1] Desde entón, e coa excepción da década de 1980, a autora continuou publicando a súa obra de maneira ininterrompida, como se pode comprobar na relación da súa obra.
Gañou o Premio Nacional de Poesía en 2011 co seu poemario Historia de una anatomía (2010), libro co que xa gañara o Premio Miguel Hernández en 2010.
Malia que a poeta pertenceu por data de nacemento á xeración do 50 ( á que pertencen, entre outros, Jaime Gil de Biedma e José Ángel Valente (nados en 1929), Francisco Brines (1932) ou Claudio Rodríguez en (1934)) a tardía publicación do seu primeiro poemario supuxo que o seu nome se vira apartado das antoloxías da súa xeración. Como a mesma autora dicía «considero que pertenzo a esa Xeración do 98 paciente, sen présas, que como explicaba Antonio Machado, pensaba que a arte é longa e ademais non importa, porque o único importante é a vida».[4]
No ámbito temático, a poesía de Francisca Aguirre móvese por unha banda como testemuño do mundo no que vive: «De o artista non aceptar un principio de realidade está perdido. Para modificala é necesario que previamente a aceptemos. Ao longo de todos os meus libros eu tentei iso: dar noticia da miña historia».[5] Como a propia poeta declarou, «a poesía é unha ferramenta do coñecemento e serve para sacar o que levamos dentro»[4]. Doutra banda, a reflexión, dun marcado carácter existencial, únese umbilicalmente á súa mirada externa para conformar un universo propio, proteico, dual e á vez concentrado nun núcleo no que a poesía é o rastro da vida, o perenne.
FRANCISCA AGUIRRE BENITO (Alicante, 27 de octubre de 1930-Madrid, 13 de abril de 2019). También conocida como Paca Aguirre, fue una escritora española, nombrada Hija Predilecta de Alicante en 2012 y Premio Nacional de las Letras en 2018
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisca Aguirre |