Frederick Arthur Walters , nado en Londres o 5 de febreiro de 1849 e finado en Ewell , Surrey , o 3 ou o 8 de decembro de 1931 , foi un arquitecto británico activo nas épocas vitoriana e eduardiana , destacado polos seus templos católicos .
En paralelo á súa profesión, destacou tamén como estudoso e investigador numismático .[ 1]
Walters naceu o 5 de febreiro de 1849 no distrito londiniense de Brompton. Era fillo do arquitecto Frederick Page Walters, con quen traballou como aprendiz durante tres anos.[ 2]
Posteriormente formouse nas Royal Academy Schools , integradas na Royal Academy of Arts , onde ingresou en 1871 .[ 2]
Abadía de Buckfast, obra de Frederick Walters .
Tras traballar no estudio de George Goldie durante nove anos, seis deles como axudante principal, estableceu un estudio propio en 1878 . En 1924 asociouse co seu fillo, o tamén arquitecto John Edward Walters.[ 2]
A confesión católica de Walters levouno a deseñar e a erguer máis de medio cento de igrexas e outros edificios relixiosos, nun estilo con reminiscencias góticas . Nalgúns templos preexistentes foi o encargado da súa reforma ou da súa redecoración interior, como é o caso das catedrais de Nottingham , de Plymouth e de San Xurxo en Southwark, Londres (1888 -1905 ),[ 3] así como a abadía de Downside.[ 4]
En 1929 Ingresou como membro do Royal Institute of British Arquitects .[ 5]
A afección pola numismática de Frederick Walters comezou na súa xuventude e non se limitou ao papel de coleccionista de moedas senón que afondou no seu estudo e na investigación. Cando o 16 de decembro de 1897 ingresou na Royal Numismatic Society ,[ 6] xa publicara na revista desta entidade, Numismatic Chronicle , máis dunha vintena de artigos.[ 7] [ 8]
Tamén foi membro da British Numismatic Society , entidade da que foi presidente entre 1920 e 1921 .[ 9]
As súas investigacións numismáticas centráronse na moeda inglesa desde Eduardo III (1327 -1377 ) ata Henrique VIII (1509 -1547 ),[ 10] aínda que tamén se ocupou doutras cuestións, como os achados de moedas da Antiga Roma .[ 4] [ 11]
Walters finou en decembro de 1931 en Ewell, pouco antes de facer os 84 anos.[ 4]
Esta é unha obra dos traballos arquitectónicos asinados por Frederick A. Walters:[ 13]
Igrexa do Sagrado Corazón, en Winbledon, obra de Frederick Walters .
(1881). Igrexa de San Xosé (Wandsworth , Londres ).[ 14]
(1884-1887). Igrexa do Sagrado Corazón (Wimbledon, Londres).[ 15]
(1888). Entrada e torre da escola da Abadía de Douay (Woolhampton).[ 16]
(1890-1903). Igrexa da Nosa Señora de Ransom (Eastbourne, East Sussex ).[ 17]
(1891). Seminario de San Xoán (Wonersh, Surrey ).[ 18]
(1892). Abadía franciscana de Santo Agostiño (Chilworth, Surrey).[ 19]
(1892-1893). Igrexa do Preciosísimo Sangue (Southwark, Londres).[ 20]
(1892-1893). Igrexa do Sagrado Corazón (Battersea, Londres).[ 21]
(1893-1894). Reitoral da Igrexa dos Mártires Ingleses (Walworth, Londres).[ 22]
(1894). Igrexa do Santo Nome e da Nosa Señora do Sagrado Corazón (Bow Common, Londres).[ 23]
(1894-1896). Igrexa do Sagrado Corazón (Petworth, West Sussex ).[ 24]
(1895). Igrexa de San Xosé (Dorking, Surrey).[ 25]
(1895-1897). Igrexa de San Xoán Evanxelista (Wealden, East Sussex).[ 26]
(1896). Igrexa de San Tomé (Sevenoaks, Londres).[ 27]
(1897-1907). Igrexa de Santa María dos Anxos (Worthing, West Sussex).[ 28]
(1897-1935). Abadía de Ealing (Ealing, Londres).[ 29]
(1898). Igrexa de Santa María e San Miguel (Londres).[ 30]
(1898). Igrexa da Nosa Señora e San Pedro (East Grinstead, West Sussex).[ 31]
(1900-1903). Igrexa de Santa Ana (Vauxhall, Londres).[ 32]
(1900-1901). Igrexa de San Xosé (Brighton ).[ 33]
(1901-1903). Igrexa dos Anxos da Garda (Mile End, Londres).[ 34]
(1903). Igrexa de Santa Isabel de Portugal (Richmond, Londres).[ 35]
(1904-1905). Igrexa de Santa Winifreda (South Wimbledon, Londres).[ 36]
(1905-1906). Igrexa de San Edmundo (Godalming, Surrey).[ 37]
(1905-1915). Colexio de Santo Agostiño (Westgate-on-Sea, Kent ).[ 38]
(1905-1937). Abadía de Buckfast (Buckfast, Devon ).[ 39]
(1906). Igrexa da Nosa Señora da Piedade e San Simón (Putney, Londres).[ 40]
(1907). Igrexa de Santa María dos Anxos (Canton, Cardiff ).[ 41]
(1908-1909). Igrexa de Santo Anselmo e Santa Cecilia (Londres).[ 42]
(1910). Igrexa da Nosa Señora de Lourdes (Ashby-de-la-Zouch, Leicestershire ).[ 43]
(1910). Capela do Wimbledon College (Wimbledon, Londres).[ 44]
(1911). Igrexa de San Xosé (Grayshott, Hampshire ).[ 45]
(1914-1915). Igrexa de San Wilfredo (Kennington, Londres).[ 46]
(1923-1924). Igrexa de San Tarcisio (Camberley, Surrey).[ 47]
(1926). Igrexa de San Pedro (Winchester , Hampshire).[ 48]
(1928). Igrexa da Nosa Señora de Lourdes (Harpenden, Hertfordshire ).[ 49]
Esta é unha escolma dalgúns dos artigos numismáticos máis salientables publicados por Frederick A. Walters na revista Numismatic Chronicle , da Royal Numismatic Society :[ 50]
↑ "Proceedings of the Royal Numismatic Society ". En The Numismatic Chronicle . Serie 4ª. Vol. XII. Páxinas 6-7.
↑ 2,0 2,1 2,2 "Frederick Arthur Walters ". Dictionary of Scottish Architects .
↑ "Roman Catholic Cathedral of St George (1385643) ". National Heritage List for England .
↑ 4,0 4,1 4,2 "Proceedings ... ". Páxina 7.
↑ "Register of Fellows ". En The Kalendar of the Royal Institute of British Architects. Novembro de 1930, Londres. Páxina 182.
↑ "Members of the Numismatic Society of London 1836-1904 ". En Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1986). Páxina 74.
↑ Véxase "Publicacións numismáticas".
↑ "Proceedings ... ". Páxina 6.
↑ "History: Presidents of the Society ". British Numismatic Society .
↑ Véxase "Publicacións numismáticas".
↑ Véxase (1908) en "Publicacións numismáticas".
↑ "The Society’s Medal ". Royal Numismatic Society .
↑ "Walters, Frederick Arthur ". En Graves, A. (1906). Páxina 120.
↑ "About Arquivado 19 de novembro de 2021 en Wayback Machine .". St Joseph's Church Roehampton .
↑ "Sacred Heart Wimbledon. History ". Sacredheartwimbledon.org.uk
↑ "Former Douai School ". Douaiabbey.org.uk
↑ "Our Lady of Ransom Roman Catholic Church ". Historic England .
↑ Sitio web : St John's Seminary .
↑ "St Augustine's Abbey ". Historic England .
↑ Evinson, D. (1998) . Páxina 205.
↑ Evinson, D. (1998) . Páxina 244.
↑ Evinson, D. (1998) . Páxina 219.
↑ Evinson, D. (1998) . Páxina 225.
↑ "Sacred Heart, Petworth ". Sacredheartpetworth.org.uk
↑ "Parishes: Dorking ". British History Online.
↑ "St John the Evangelist Parish Church at Heron’s Ghyll ". Diocese of Arundel & Brighton .
↑ "St Thomas' Church ". En Granville/Eardley Road. Conservation Area Appraisal. Sevenoaks District Council . Xullo de 2000. Páxina 13.
↑ "Worthing – St Mary of the Angels ". Taking Stock. Catholic Churches of England & Wales .
↑ Kollar, R. (1989). The Return of the Benedictines to London, Ealing Abbey: 1896 to Independence . Burnes and Oates. ISBN 0-86012-175-5 . Páxinas 53, 126.
↑ Evinson, D. (1998) . Páxina 226.
↑ "Roman Catholic Church of Our Lady and St Peter ". Historic England .
↑ Evinson, D. (1998) . Páxina 184.
↑ "St Joseph, Brighton ". English Heritage Review of Churches in Diocese 2005 (Extract) .
↑ Evinson, D. (1998) . Páxina 232.
↑ Cherry, B.; Pevsner, N. (1983). The Buildings of England. London 2: South . Penguin, Londres. Páxina 519. ISBN 0-14-0710-47-7 .
↑ "Church of ST Winefride ". British Listed Buildings .
↑ "Church of St Edmund King and Martyr ". Historic England .
↑ Westgate on Sea South Conservation Area Appraisal . Decembro de 2006.. Páxina 27.
↑ Kollar, R. (1989). Op. cit . Páxina 53.
↑ Evinson, D. (1998) . Páxina 249.
↑ "Church of ST Mary of the Angels R.C. " British Listed Buildings .
↑ Evinson, D. (1998) . Páxinas 85-87.
↑ "Ashby-de-la-Zouch – Our Lady of Lourdes ". Taking Stock. Catholic Churches of England & Wales .
↑ "Ashby-de-la-Zouch – Our Lady of Lourdes".
↑ "Grayshott – St Joseph ". Taking Stock. Catholic Churches of England & Wales .
↑ Evinson, D. (1998) . Páxina 212.
↑ "Church of ST Tarcisius ". British Listed Buildings .
↑ "Curch C. 20 ". En Hampshire Treasures . Vol. 4 (Winchester). Páxina 49.
↑ "Roman Catholic Church of Our Lady of Lourdes ". Historic England .
↑ "Walters, Frederick A ." WorldCat Identities .
1883–1900 1901–1950 1951–2000 Dende 2001