Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1633 Módena, Ducado de Módena |
Morte | 13 de outubro de 1687 Padua, República de Venecia |
Datos persoais | |
Outros nomes | Ottavio Finetti (pseudónimo) |
Educación | Universidade de Florencia Universidade de Salzburgo |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía, matemáticas, meteoroloxía e economía |
Lugar de traballo | Florencia Boloña Salzburgo |
Ocupación | astrónomo |
Empregador | Universidade de Padua |
Membro de | |
Alumnos | Domenico Guglielmini (pt) |
Lingua | italiano, latín |
Geminiano Montanari, nado o 1 de xuño de 1633 en Módena e finado o 13 de outubro de 1687 en Padua, foi un astrónomo italiano.
Ademais de astrónomo, foi fabricante de lentes, e defensor da aplicación do método experimental á ciencia.
Foi o primeiro astrónomo en deixar constancia do brillo variábel da estrela Algol.[1]
Montanari naceu en Módena. Estudou dereito na Universidade de Florencia, e se graduouse na de Salzburgo. En 1662 ou 1663 trasladouse a Boloña, onde debuxou un detallado mapa da Lúa, para o que utilizou un micrómetro ocular da súa propia invención. Tamén realizou observacións sobre a capilaridade, sobre cuestións de estática, e suxeriu que a viscosidade dun líquido dependía da forma das súas moléculas.
En 1669 sucedeu a Giovanni Cassini como profesor de astronomía na Universidade de Boloña.[2] Traballou no observatorio de Panzano, cerca de Módena, onde unha das súas obrigas era recompilar un almanaque astrolóxico. Na edición de 1665, deliberadamente, escribiu os prognósticos do almanaque enteiramente ao chou, para demostrar que estas predicións ás toas tiñan tantas posibilidades de cumprirse como as baseadas na astroloxía. Pouco tempo despois, Galileo Galilei (partidario da experimentación como Montanari), e este, sumáronse á batalla contra os puntos de vista máis místicos de científicos como Donato Rossetti.
O 21 de marzo de 1676 Montanari informou do avistamento dun cometa a Edmund Halley.
As observacións de Montanari do Gran Cometa de 1680 foron citadas dúas veces nos Principia de Isaac Newton.[3]
En 1679 Montanari aceptou un oesto de profesor en Padua, pero case todos os rexistros deste período da súa vida perdéronse. Só quedou unha carta de 1682 rexistrando un avistamento do Cometa Halley.
Tamén escribiu sobre economía, observando que a demanda para unha mercadoría particular é fixa, e fixo comentarios sobre a acuñación de moeda e o valor do diñeiro (1683).
Montanari é coñecido por ter observado ao redor de 1667 o brillo variábel de Algol, tamén coñecida como Beta Persei, o prototipo dunha clase de estrelas variábeis chamadas binarias eclipsantes, e que é a segunda estrela máis brillante da constelación de Perseo.[1] É probábel que outros astrónomos xa tiveran observado anteriormente este efecto, pero Montanari foi o primeiro en deixar constancia escrita deste feito.
Os nomes desta estrela en árabe, hebreo e outras linguas, fan referencia ao concepto de ghoul ou "demo", o que podería implicar que o seu comportamento tan pouco usual xa fora coñecido desde a antigüidade.[1]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Geminiano Montanari |