Nome orixinal | (en) George Francis Hill ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de decembro de 1867 Berhampur, India (pt) ![]() ![]() |
Morte | 18 de outubro de 1948 (80 anos) Londres ![]() |
País de nacionalidade | ![]() |
Educación | - Universidade de Londres - Universidade de Oxford |
Q89547790 | - Traballos sobre moeda da Antiga Grecia e sobre medalla renacentista. - Director do Museo Británico. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática, biblioteconomía, museística |
Ocupación | bibliotecario, arqueólogo, profesor universitario, numismático, historiador da arte ![]() |
Empregador | Museo Británico ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Paul (1897) ![]() |
Premios | |
- 1915: Medalla da RNS. - 1923: Medalla Huntington, da ANS. - 1934: Jeton de Vermeil, da SFN. - 1948: "Serena Medal", da BA. | |
![]() ![]() | |
Lista
|
George Francis Hill, nado en Brahmapur, India Británica, o 22 de decembro de 1867, e finado en Londres o 18 de outubro de 1948, foi un numismático e historiador británico, bibliotecario principal e director do Museo Británico (1931-1936). Foi un destacado especialista en moeda da Antiga Grecia e en medallas renacentistas.[1][2][3]
O seu avó paterno, Micaiah Hill, fora o fundador en Londres da London Missionary Society, unha institución de misioneiros da igrexa congregacional, e o seu pai, Samuel John Hill, establecérase en Brahmapur, onde naceu George Francis Hill.[1][2]
Formouse xa desde rapaz en Inglaterra; primeiro no Blackheath College, ao sueste de Londres, e posteriormente no University College, da Universidade de Londres, e finalmente no Merton College, da Universidade de Oxford, onde foi alumno do numismático e arqueólogo clásico Percy Gardner (1846-1937) e acadou a súa graduación en estudos clásicos.[1][2][4]
En 1893 ingresou no Museo Británico, onde se adscribiu ao seu Departamento de Moedas e Medallas, que naquel momento era un importante centro de estudo da moeda da Antiga Grecia. Alí traballou con persoeiros tan salientables como Barclay Head e Reginald Poole, e cinco anos máis tarde publicou o seu primeiro traballo sobre moeda grega.[1][2]
A Hill débeselle a publicación de moitos dos catálogos das coleccións numismáticas do Museo Británico. En 1912 pasou a ser o conservador do Departamento de Moedas e Medallas e en 1931 foi nomeado director e bibliotecario principal do Museo Británico. Baixo a súa dirección compróuselle á Unión Soviética o Codex Sinaiticus e, xunto co Victoria and Albert Museum, a colección de antigüidades orientais de George Eumorfopoulos.[1][2]
Hill foi tamén editor do Journal of Hellenic Studies, da Sociedade de Promoción dos Estudos Helénicos, desde 1898 ata 1912. He was knighted in 1933.[1][2]
En 1897 casou con Mary Paul (finada en 1924). Hill xubilouse en 1936 e faleceu en Londres en 1948.[1][2][3]
Estas son as monografías máis salientables publicadas por George Francis Hill:[1][2][9]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: George Francis Hill ![]() |