José María Álvarez del Manzano

Modelo:BiografíaJosé María Álvarez del Manzano

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1937 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Madrid
5 de xullo de 1991 – 14 de xuño de 2003
← Agustín Rodríguez SahagúnAlberto Ruiz-Gallardón →
Primeiro tenente de alcalde de Madrid
1989 – 1991
← Luis LarroqueLuis María Huete (pt) Traducir →
Concelleiro de Madrid
3 de abril de 1979 – 14 de xuño de 2003
Q43367670 Traducir
11 de xullo de 1977 – 2 de marzo de 1978
← Jaime Lamo de Espinosa (pt) TraducirJosé María Martín Oviedo → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Madrid - licenciatura en Dereito
Our Lady of Remembrance College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfuncionario, político, Chief Officer (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión de Centro Democrático
Partido Popular Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesBorja Carabante, xenro
Ignacio López del Hierro, curmán entregue Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX829363 Dialnet: 526918

José María Álvarez del Manzano y López del Hierro, nado en Sevilla o 17 de outubro de 1937, é un político español, que foi alcalde de Madrid antes que Gallardón polo mesmo partido, o Partido Popular, durante doce anos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Residente en Madrid desde que tiña tres anos, licenciado en dereito pola Universidade Complutense, funcionario do estado desde 1963, traballou nas delegacións de facenda de Cidade Real, Badaxoz, Toledo, Santander, Biscaia e Álava. Tamén foi secretario xeral técnico do Ministerio de Facenda en 1976 e subsecretario do Ministerio de Agricultura en 1977.

Foi elixido concelleiro en Madrid como número 2 da UCD en 1979. Trala marcha do seu cabeza de lista, ó pouco dos comicios nos cales a formación non logrou a alcaldía, pasou a selo portavoz na oposición do grupo centrista. Tralo progresivo desmembramento da UCD (1982-1983) pasou a formar parte do Partido Demócrata Popular, o cal optou por coaligarse con Alianza Popular nos distintos comicios. Desta forma, volveu a ser elixido concelleiro en Madrid en 1983 como número 2 da devandita coalición, volvendo a selo portavoz na oposición trala marcha do cabeza de lista tras perder fronte aos socialistas. En 1986, trala decisión do seu partido de rompela alianza con AP optou por pasarse, xunta con outros concelleiros madrileños, á formación aliancistas para tratar de mantela unidade do voto de centro-dereita en Madrid. Desta forma, foi o candidato á alcaldía de Alianza Popular nas municipais de xuño de 1987, nas cales a formación foi novamente derrotada polo PSOE, polo que seguiu na oposición. Porén, en xuño de 1989 apoiou unha moción de censura que fixo alcalde ó candidato do CDS Agustín Rodríguez Sahagún, pese a ter tan só 8 concelleiros fronte aos 20 seus, pasando a selo seu primeiro tenente de alcalde, e descabalgando ao PSOE da alcaldía por primeira vez denda a chegada da democracia. En maio de 1991 encabezou a candidatura do Partido Popular e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volvería a ser reelixido alcalde en 1995 e 1999, tamén con maioría absoluta.

Non concorreu á reelección nas eleccións de maio de 2003, sendo substituído polo ata entón presidente autonómico Alberto Ruiz-Gallardón que revalidou a alcaldía novamente para o seu partido por maioría absoluta. Gallardón delegou nel a presidencia da Xunta Reitora do IFEMA (Instituto de Feiras e Exposicións de Madrid), onde se mantivo ata que o PP perdeu o goberno local en 2015.

Está casado con María Eulalia Miró Ramírez e ten catro fillos: José, María, Marta e Mónica.

Predecesor:
Agustín Rodríguez Sahagún

Alcalde de Madrid

1991 - 2003
Sucesor:
Alberto Ruiz-Gallardón