Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1939 (85 anos) Santander, España |
Catedrático de universidade Universidade Politécnica de Madrid | |
Datos persoais | |
Educación | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts - posgrao (1974–) Universidade Politécnica de Madrid - doutoramento (–1969) Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura e Urbanismo |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | arquitecto, escultor, pintor, profesor universitario |
Período de actividade | 1969 - 2016 |
Empregador | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Juan Navarro Baldeweg , nado en Santander (Cantabria) en 1939, é un arquitecto, pintor e escultor español.
Graduouse en 1965 pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM) da Universidade Politécnica de Madrid, onde tamén se doutorou en 1969. Entre 1959 e 1960 estudou gravado na Escola de Belas Artes de San Fernando. Compaxina a súa carreira como arquitecto co estudo e a práctica da pintura e a escultura.
Nos seus comezos profesionais traballou no estudio do arquitecto Alejandro de la Sota.
En 1974 obtivo unha bolsa da Fundación Juan March para realizar estudos de posgrao no Center For Advanced Visual Studies do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en Cambridge (Massachusetts), onde foi alumno de Gyorgy Kepes.
O seu traballo arquitectónico relaciónase co dos seus contemporáneos Álvaro Siza Vieira e Rafael Moneo.
É membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e da Academia Europea de Ciencias e Artes.