![]() (2018) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1978 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz ![]() |
Período de actividade | 2000 ![]() |
Familia | |
Parella | Andrés Gertrúdix ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Marian Álvarez Cachero, nada en Madrid o 1 de abril de 1978, é unha actriz española.
Pouco despois de matricularse en ciencias empresariais, ingresou na escola de interpretación Juan Carlos Corazza. En 2000 chegou o seu debut como actriz en televisión, nun pequeno papel na serie El grupo, emitida por Telecinco. Desde ese momento a súa carreira enfocouse principalmente cara ás producións televisivas, onde alternou papeis menores con outros de maior importancia.
O seu primeiro papel recorrente tivo lugar en 2001 na serie 7 vidas, onde interpretou a Lucía durante sete capítulos. En 2004, deu vida a Paloma en Sopa boba. Ese mesmo ano, debutou na grande pantalla en Incautos de Miguel Bardem. En 2005, foi Esther en Motivos personales. Un ano despois, formou parte do elenco de Tirando a dar por sete capítulos. Moito máis duradeira foi a súa participación na lonxeva serie de Telecinco Hospital Central, onde o seu papel como a doutora Lola Sanz prolongouse durante os anos 2007 e 2008, por varias tempadas.
Tras varias miniseries como La ira (2009), Vuelo IL 8714 (2010) ou La duquesa II (2011) outro novo papel como doutora, o de Marta Romero, en 2012, fíxolle destacar en La fuga, emitida por Telecinco.
En 2013, estreou La heda, a súa película máis premiada, coa que foi galardoada coa Concha de Plata á mellor actriz no Festival de San Sebastián e con Premio Goya á mellor actriz protagonista.
Nos anos seguintes apareceu en filmes como Felices 140 (2015), xunto a Maribel Verdú, Lobos sucios (2015), Cien años de perdón (2016) con Luís Tosar, La niebla y la doncella (2017), Morir (2017) e El cuaderno de Sara (2018)
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2013 | Cuncha de Prata á mellor actriz | La herida | Gañadora |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2015 | Mellor actriz secundaria | Felices 140 | Nomeada |
2014 | Mellor interpretación feminina protagonista | La herida | Gañadora |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2015 | Mellor actriz secundaria | Felices 140 | Nomeada |