Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xuño de 1970 (54 anos) Lugo, España |
Q71443855 | |
20 de agosto de 2019 – | |
Deputada de España | |
10 de maio de 2019 – 19 de agosto de 2019 – María Vilas Liñares → Lexislatura: XIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña | |
Deputada de España | |
7 de xullo de 2016 – Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputada de España | |
7 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Ensaio |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | escritora, biógrafa, escritora de literatura infantil, ensaísta, xornalista, política |
Partido político | Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía |
Familia | |
Pai | Francisco Rivera Cela |
Premios | |
Marta Rivera de la Cruz, nada en Lugo o 4 de xuño de 1970, é unha escritora galega en lingua castelá, ademais de política de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía, colaboradora en diversos medios de comunicación e un dos apoios máis destacados da asociación Galicia Bilingüe. Nas Eleccións xerais de 2015 e nas Eleccións xerais de 2016 foi escollida deputada por Madrid. Nas Eleccións xerais de abril de 2019 foi elixida deputada pola Provincia da Coruña, aos poucos meses renunciou ao escano no Congreso dos Deputados para ocupar o cargo de Conselleira de Cultura e Turismo da Comunidade de Madrid. Tralos malos resultados de Ciudadanos nas Eleccións á Asemblea de Madrid de 2021 abandonou a formación política.
Filla do xornalista Francisco Rivera Cela. É licenciada en Ciencias da Información e especialista en Comunicación Política pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou a súa carreira literaria no ano 1996 coa novela El refugio, que resultou gañadora do II Premio de Novela Corta Joven y Brillante 1996.
Dous anos máis tarde, en 1998, obtivo o Premio Ateneo de Sevilla de Novela Joven coa obra Que veinte años no es nada, na que relataba a paixón irrevogable que Luisa sente por un famoso escritor, Cósimo Herrera, vinte anos maior ca ela. Da obra fixéronse cinco edicións.
No ano 2000 publicou dúas novelas: Linus Daff, inventor de historias e Viajar a Chipre.
Cultiva tamén o xénero do ensaio e en 2001 apareceu Fiestas que hicieron historia. Hotel Almirante foi a súa seguinte novela. Publicada en 2002, xira arredor do descubrimento do cadáver dunha moza nun hotel de luxo. Un ano máis tarde, en 2003, a autora publicou Tristezas de amor, unha incursión no xénero do ensaio, e en 2004 Grandes de España.
Así mesmo, a autora escribiu numerosos relatos, coma "El beso del andén".
En 2006, publicou En tiempo de prodigios, que resultou finalista do Premio Planeta de Novela dese mesmo ano.[1] A novela narra a historia de Cecilia, unha muller á que a vida non lle sorrí pero que descobre unha historia que lle vai contando pouco a pouco o avó da súa mellor amiga, Silvio.
A súa novela La importancia de las cosas publicouse en 2009. Nela, o protagonista é un profesor universitario, Mario Menkell, autor dunha única e exitosa novela, que recibe a nova de que o inquilino do seu piso de alugueiro se suicidou. Tras a sorpresa inicial, a partir das pertenzas do individuo, intentará recompoñer a súa historia.
Ademais de escritora, Marta Rivera de la Cruz desenvolveu a súa actividade como editora: foi responsable da antoloxía Cuentos de Navidad e da última edición da obra de Alejo Carpentier, La ciudad de las columnas. É colaboradora habitual de diversos medios, coma El País Semanal, El Progreso ou o programa de radio Al sur de la semana da cadena COPE.
En 2008, Rivera de la Cruz apoiou publicamente[2][3] as teses defendidas pola organización Galicia Bilingüe, que, entre outras pretensións, avoga pola derrogación da Lei de normalización lingüística, garante da igualdade de dereitos entre as linguas galega e castelá no territorio administrativo galego. A escritora luguesa foi unha das caras visíbeis que durante a campaña das eleccións ao parlamento de Galiza en 2009 e posteriormente se manifestou en prol do uso prioritario do castelán no ensino, na administración e nos medios de comunicación, en detrimento do galego.[4]
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marta Rivera de la Cruz |