Pablo Coira

Modelo:BiografíaPablo Coira
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor en Wikidata - 2010 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1998–1999   SD Compostela 29(2)
1999–2000   Celta Fortuna
1999–2003   Celta de Vigo 42(0)
2003–2006   Deportivo Alavés 20(0)
2004–2005 cesión   Recreativo de Huelva 3(0)
2006–2006 Aris Salónica FC 8(0)
2007–2008   UE Figueres
2008–2009 RCD Espanyol B
2010–2010 Budapest Honvéd FC 25(4)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1999–1999   España sub-20 9(0)
1999–2001   España sub-21 9(0)

FIFA: 177832 Editar o valor en Wikidata

Pablo Coira Lojo, nado o 18 de outubro de 1979 en Vilagarcía de Arousa, é un futbolísta galego que xoga na demarcación de lateral dereito. Dende 2020 milita no Al Fursan FC dos Emiratos Árabes Unidos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar profesionalmente na SD Compostela na Segunda División no ano 1998, un ano despois ficha polo Celta de Vigo para suplir a venda de Michel Salgado, onde militará catro anos cun papel como suplente a causa do gran papel de Juan Velasco na súa mesma posición.

Sendo aínda xogador do SD Compostela formou parte da Selección de fútbol de España Sub-20 que gañou o Campionato do Mundo no ano 1999, compartindo equipo cos tamén galegos Álex Lombardero e o céltico Pablo Couñago, que foi o máximo goleador do torneo.

Ante a falta de oportunidades en Vigo no ano 2003 ficha polo Deportivo Alavés, de onde tras unha cesión ao Recreativo de Huelva marcharía ao Aris de Tesalónica no ano 2006. Un ano despois volvería á península ao UE Figueres en Terceira División

Na tempada 2008-2009 milita no segundo equipo do RCD Espanyol.

O ano seguinte volve emigrar, esta vez a Hungría, ao Budapest Honvéd FC, onde xogou dúas tempadas, principalmente como centrocampista ata a súa retirada.

Tras deixar a práctica do fútbol marchou a Dubai para traballar como adestrador de novos talentos na Spanish Soccer School de Míchel Salgado. En decembro de 2020, ademais de continuar adestrando os equipos sub-14 e sub-18 do club, volveu aos terreos de xogo para disputar co primeiro equipo, o Al Fursan FC, a Segunda División dos Emiratos Árabes Unidos (terceira categoría do fútbol dese país).[1]

Club País Ano Partidos Goles
Categorías Inf. Arosa S.C. España 1985-1998 ? ?
S.D. Compostela España 1998-1999 31 2
Real Club Celta de Vigo España 1999-2003 67 2
Deportivo Alavés España 2003-2004 28 0
Recreativo de Huelva España 2004-2005 4 0
Deportivo Alavés España 2005-2006 0 0
Figueres España 2006-2007 6 0
Aris Salónica Grecia 2006-2007 10 0
UE Castelldefels España 2007-2008 ? ?
RCD Espanyol B España 2008-2009 31 0
Budapest Honvéd FC Hungría 2009-2011 39 4
Al Fursan FC Emiratos Árabes Unidos 2020-act

[2]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Celta de Vigo

[editar | editar a fonte]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Subcampión da Copa do Rei en 2001 co Celta de Vigo

  1. "Pablo Coira descuelga las botas en los Emiratos Árabes" (en castelán). 13 de decembro de 2020. Consultado o 22 de febreiro de 2021. 
  2. Ficha Pablo Coira http://www.bdfutbol.com/es/j/j2154.html