Os Premios L'Oréal-UNESCO a Mulleres en Ciencia (inglés: L'Oréal-UNESCO Awards for Women in Science) son uns premios anuais que buscan mellorar a visibilidade da muller na ciencia mediante o recoñecemento de mulleres que realizaron importantes contribucións ao progreso científico. Os premios son o resultado dunha alianza entre a UNESCO e a multinacional de cosméticos francesa L'Oréal.[1][2][3]