Primeira división española de fútbol sala

Modelo:Competición deportivaPrimeira división española de fútbol sala
Tipoliga de fútbol sala Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorSegunda división española de fútbol sala Editar o valor en Wikidata
Número de participantes16 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1989 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoFC Barcelona Futsal (7º)
(2023)
Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Máis títulosInter Fútbol Sala (14) Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialrfef.es… Editar o valor en Wikidata

A Primera División de fútbol sala (desde 1989 ata 2011 chamada División de Honra de fútbol sala) é a máxima categoría de fútbol sala en España, organizada pola Liga Nacional de Fútbol Sala. Atópase por riba da Segunda División e dispútase dende 1989.

Sistema de competición

[editar | editar a fonte]
Santiago Futsal - Prone Lugo AD no Pavillón Multiúsos Fontes do Sar, 2012.

O sistema de competición enfronta aos equipos da liga entre eles en dúas ocasións: unha como local e outra como visitante. Ao compoñerse actualmente a Primeira División de 16 equipos, a liga conta con 30 xornadas na súa fase regular. Séguese o sistema de puntuación FIFA, con 3 puntos por vitoria, 1 por empate e 0 por derrota. Na liga regular non hai prórrogas e o partido conclúe cando finaliza o tempo regulamentario.

Ao finalizar a tempada regular xóganse os playoffs polo título, que enfrontan aos oito mellores equipos da liga ao mellor de tres encontros en cuartos de final e semifinais, e ó mellor de cinco encontros na final. En caso de empate ó remate do tempo regulamentario, xógase unha prórroga. A localía establécese en base á clasificación na liga regular.

Pola súa banda, para clasificarse para a Copa de España de Fútbol Sala, que se disputa á metade do campionato, os equipos deberán ter rematado entre as oito primeiras posicións da liga ao final da primeira volta. A cidade organizadora clasifícase de xeito automático, independentemente de que estea entre os mellores clasificados.

Nas competicións internacionais, o equipo que gaña a liga clasifica para a UEFA Futsal Cup, partindo dende a fase de grupos final.

Equipos participantes

[editar | editar a fonte]

Equipos da tempada 2017/18

[editar | editar a fonte]
Equipo Cidade Comunidade Autónoma
Aspil Vidal Ribera Navarra Tudela Navarra Navarra
CatGas E. Santa Coloma Santa Coloma de Gramenet Cataluña Cataluña
D-Link Zaragoza Zaragoza Aragón Aragón
ElPozo Murcia Murcia Murcia Rexión de Murcia
FC Barcelona Lassa Barcelona Cataluña Cataluña
Gran Canaria FS As Palmas de Gran Canaria Canarias Canarias
Jaén Paraíso Interior Xaén Andalucía Andalucía
Levante UD DM Valencia Comunidade Valenciana
Movistar Inter Torrejón de Ardoz Comunidade de Madrid Comunidade de Madrid
Naturpellet Segovia Segovia Castela e León Castela e León
O Parrulo Ferrol FS Ferrol Galicia Galicia
CA Osasuna Magna Pamplona Navarra Navarra
Palma Futsal Palma de Mallorca Illas Baleares Illas Baleares
Peñíscola FS Rehabmedic Peníscola Comunidade Valenciana
P. Romero Cartagena Cartaxena Murcia Rexión de Murcia
Santiago Futsal Santiago de Compostela Galicia Galicia

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Tempada Campión Finalista Liga regular
2019-20 Movistar Inter Viña Albali Valdepeñas Movistar Inter
2018-19 FC Barcelona ElPozo Murcia FC Barcelona
2017-18 Movistar Inter FC Barcelona Movistar Inter
2016-17 Movistar Inter FC Barcelona Movistar Inter
2015-16 Inter Movistar FC Barcelona Inter Movistar
2014-15 Inter Movistar ElPozo Murcia Inter Movistar
2013-14 Inter Movistar ElPozo Murcia Inter Movistar
2012-13 FC Barcelona Alusport ElPozo Murcia FC Barcelona Alusport
2011-12 FC Barcelona Alusport ElPozo Murcia ElPozo Murcia
2010-11 FC Barcelona Alusport Caja Segovia FS FC Barcelona Alusport
2009-10 ElPozo Murcia Turística MRA Navarra ElPozo Murcia Turística
2008-09 ElPozo Murcia Turística Inter Movistar ElPozo Murcia Turística
2007-08 Interviú Fadesa ElPozo Murcia Turística ElPozo Murcia Turística
2006-07 ElPozo Murcia Turística Boomerang Interviú ElPozo Murcia Turística
2005-06 ElPozo Murcia Turística Polaris World Cartagena ElPozo Murcia Turística
2004-05 Boomerang Interviú ElPozo Murcia Turística ElPozo Murcia Turística
2003-04 Boomerang Interviú ElPozo Murcia Boomerang Interviú
2002-03 Boomerang Interviú ElPozo Murcia Boomerang Interviú
2001-02 Antena 3 Boomerang Miró Martorell ElPozo Murcia
2000-01 Playas de Castellón Valencia Vijusa Playas de Castellón
1999-00 Playas de Castellón CLM Talavera Playas de Castellón
1998-99 Caja Segovia FS Industrias García Playas de Castellón
1997-98 ElPozo Murcia CLM Talavera Caja Segovia FS
1996-97 Castilla-La Mancha Playas de Castellón Playas de Castellón
1995-96 Interviú Boomerang Toledart FS Papeles Beltrán Alcantarilla
1994-95 Pinturas Lepanto Zaragoza Interviú Boomerang Sistema de grupos
1993-94 Maspalomas Sol de Europa Caja Castilla la Mancha Sistema de grupos
1992-93 Marsanz Torrejón Caja Castilla la Mancha Sistema de grupos
1991-92 Caja Toledo ElPozo Murcia Sistema de grupos
1990-91 Interviú Lloyd's Marsanz Torrejón Sistema de grupos
1989-90 Interviú Lloyd's Keralite Macer Sistema de grupos

Táboa histórica

[editar | editar a fonte]
  • Até o remate da tempada 2011/12.
Posición Equipo Tempadas P.xogados P.gañados P.empatados P.perdidos Goles+ Goles- Dif.goles Puntos
1 ElPozo Murcia 23 688 460 92 136 3462 2219 1243 1387
2 Inter Movistar 23 700 457 114 129 3153 1961 1192 1371
3 Playas de Castellón 22 658 375 112 181 2913 2153 760 1145
4 Caja Segovia 23 698 339 119 240 2897 2491 406 1057
5 FC Barcelona 18 540 243 87 210 1980 1803 177 738
6 Marfil Santa Coloma 20 568 223 83 292 2300 2543 −243 688
7 Carnicer Torrejón 15 462 172 81 209 1790 1895 −105 597
8 Triman Navarra 14 430 163 80 187 1585 1628 −43 569
9 Reale Cartagena 14 430 158 91 181 1538 1634 −96 565
10 CLM Talavera 10 306 200 39 67 1452 941 1358 552
11 Martorell 10 314 136 50 128 1249 1202 47 458
12 Azkar Lugo Galicia 11 332 123 56 153 1080 1233 −153 425
13 Santiago Futsal Galicia 9 268 120 63 85 1026 909 117 423
14 Umacon Zaragoza 11 338 120 59 159 1216 1364 −148 419
15 Valencia Vijusa 10 316 115 51 145 1142 1268 −126 393
16 Dulma Astorga 12 364 126 56 182 1418 1613 −195 370
17 Caja San Fernando 11 338 117 57 164 1110 1270 −160 350
18 Ourense Galicia 8 260 103 38 119 888 962 −74 327
19 Móstoles 8 244 86 50 108 915 1014 −99 308
20 Maspalomas Sol Europa 9 272 110 42 125 982 1055 −73 303
21 Benicarló 8 230 83 44 111 654 728 −74 282
22 Pinturas Lepanto 7 176 95 32 49 735 571 164 256
23 Mejorada/Algón 7 208 91 42 78 740 700 40 230
24 Marsanz Torrejón 6 172 96 29 47 892 631 261 221
25 Sol Fuerza Salamanca 6 200 57 24 119 707 916 −209 183
26 O Parrulo Galicia 5 162 50 24 88 502 682 −180 174
27 Rías Baixas Galicia 5 168 44 33 91 490 635 −145 165
28 P. Beltrán Alcantarilla 3 98 52 17 29 395 308 87 151
29 Guadalajara 6 178 37 26 110 534 798 −264 139
30 Gervasport Boadilla 3 90 36 11 43 365 384 −19 119
31 Fisiomedia Manacor 3 88 34 12 42 288 325 −37 114
32 Fuconsa Jaén 4 122 40 14 68 439 530 −91 113
33 OID Talavera 2 60 21 8 31 161 208 −47 71
34 Barcel Euro Puebla Galicia 2 60 16 17 27 234 257 −23 65
35 Pinto 2 58 17 9 32 160 220 −60 60
36 Puertollano 1 30 12 3 15 88 98 −10 39
37 Ríos Renovables R.N. 1 30 9 6 15 86 106 −20 33
38 Las Rozas Boadilla 1 30 7 5 18 111 129 −18 26
39 Andorra 1 30 7 5 18 95 138 −43 26
40 Gáldar Gran Canaria 1 30 11 2 17 118 139 −21 24
41 Zamora 1 30 6 4 20 87 122 −35 22
42 GSI Bilbao 1 30 5 6 19 94 136 −42 21
43 Cefire Burela Galicia 1 34 6 1 27 107 186 -69 19
44 Cometal Celta de Vigo Galicia 1 30 4 7 19 85 131 −46 19
45 Leis Pontevedra Galicia 1 30 4 2 24 60 130 −70 14
46 Albacete 1 30 4 1 25 87 155 −68 13
Primeira División
Segunda División
Segunda División B
Terceira División
No segue afiliado á RFEF
Club desaparecido

Medios de comunicación

[editar | editar a fonte]

A Primeira División de fútbol sala pode verse a través de distintas canles de televisión, con dúas que emiten para todo o país e distinta cobertura segundo a comunidade autónoma onde se resida. Historicamente, a Liga Nacional de Fútbol Sala mantivo acordos con Televisión Española desde o seu nacemento, e durante un breve período de tempo Antena 3. Actualmente, Teledeporte en aberto e Eurosport 2 (a través de Movistar+, Vodafone TV, Orange TV e Telecable) son as cadeas que emiten algúns encontros de cada xornada. Á marxe delas, as televisións autonómicas tamén poden emitir encontros de liga. No grupo das pertencentes á Forta atópanse Televisió de Catalunya (a través de Esport3), Televisión de Galicia (a través da tvG2), 7 Región de Murcia e Aragón Televisión. Ademais, existen televisións locais que emiten os encontros dos equipos da súa zona como TV Mallorca ou Tele Cartagena. Doutra banda, a propia liga xestiona unha canle no portal de vídeos YouTube, con resumos dos encontros e os goles máis destacados de cada xornada.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]