O socialismo liberal é unha filosofía política socialista que inclúe principios liberais.[1] O socialismo liberal non ten como obxectivo abolir completamente o capitalismo e a súa substitución pola economía socialista;[2] en cambio, apoia unha economía mixta, que inclúe a propiedade pública e privada dos medios de produción.[3][4]
Aínda que o socialismo liberal favorece unha economía de mercado, identifica os monopolios legais e artificiais como o problema real dentro do capitalismo[5], e polo tanto oponse totalmente ao liberalismo económico non regulado (laissez faire) ou ao neoliberalismo. Considera que a liberdade e a igualdade deben ser compatíbeis e depender mutuamente unhas das outras.
O socialismo liberal estivo representado oficialmente na Fronte Nacional da RDA polo Partido Liberal Democrático de Alemaña e tamén dalgún xeito pola CDU da RDA. Ademais, foi especialmente destacado na política británica e italiana.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Socialismo liberal |
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |