Tom Iredale en setembro de 1938 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de marzo de 1880 Workington, Cumberland, Inglaterra |
Morte | 12 de abril de 1972 Freshwater, Nova Gales do Sur, Australia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | británica |
Actividade | |
Campo de traballo | Malacoloxía |
Ocupación | malacólogo e ornitólogo |
Empregador | Museu Australiano (pt) |
Lingua | Lingua inglesa |
Participou en | |
decembro de 1907 | Kermadec Islands Expedition 1908 (en) |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Iredale |
Familia | |
Cónxuxe | Lilian Marguerite Medland |
Fillos | Ida Iredale |
Premios
| |
Tom Iredale, nado o 24 de marzo de 1880 en Workington, Cumberland, Inglaterra, e finado o 12 de abril de 1972,[1] foi un malacólogo e ornitólogo de orixe inglesa que tivo unha longa relación con Australia, onde viviu a maior parte da súa vida. Foi un autodidacta que nunca foi á universidade e carecía dunha formación formal. Isto reflectiuse na súa obra: nunca revisou os seus manuscritos, nin usou a máquina de escribir.
Iredale nació en Stainburn, Workington, Cumberland (Inglaterra).[1] Foi aprendiz de farmacéutico desde 1899 até 1901, e adoitaba ir a observar aves e recoller ovos no Distrito dos Lagos (Lake District, no condado de Cumbria, hoxe Parque nacional) co seu compañeiro, o químico William Carruthers Lawrie.[2]
Iredale emigrou a Nova Zelandia seguindo o consello do seu médico, xa que tiña problemas de saúde.[3] Posibelmente a enfermidade era a tuberculose. Segundo unha carta a Will Lawrie datada o 25 de xaneiro de 1902, chegou a Wellington (capital de Nova Zelandia) en decembro de 1901, e viaxou de inmediato a Lyttelton e a Christchurch. No seu segundo día en Christchurch, descubriu que na galería de historia natural estranxeira do Museo Público, 2 dos 16 ovos de aves inglesas estaban erroneamente identificados: o ovo de Lagopus lagopus scotica (lagópodo escocés) estaba etiquetado como un escolopácido do xénero Calidris, e a Gallinula chloropus como Rallus aquaticus.
Iredale empregouse nunha empresa de Christchurch (1902-1907).
En 1908 Iredale uniuse a unha expedición ás illas Kermadec, e viviu durante dez meses nestas remotas illas ao nordeste de Nova Zelandia.[1] Ao vivir entre milleiros de aves e estudalas, converteuse nun experto en aves. Sobreviviu disparando e comendo os obxectos do seu estudo. Tamén coleccionou moluscos nas illas e desenvolveu o seu interese pola malacoloxía. Como naturalista entusiasta naqueles tempos, xa tiña un amplo interese pola natureza, e isto marcou un novo xiro na súa carreira.
En 1909 Iredale visitou Queensland, recolectando ao redor de 300 especies de quitóns e outros moluscos. A súa reputación entre os seus compañeiros foi en aumento, a pesar de non posuír un título universitario.
Iredale regresou a Gran Bretaña onde foi un traballador independente no Museo Británico de Historia Natural en Londres (1909-1910). Alí traballou como asistente de Gregory Mathews no libro The Birds of Australia (1911-1923). Escribiu gran parte do texto, pero o traballo atribuíuse a Mathews.
Mentres traballaba en Londres viviu con Jane Davies, unha cantante, á que coñeceu nunha velada dos Rothschild en 1910. A relación viuse afectada polas súas exploracións no estranxeiro, aínda que un fillo (falecido de neno) e catro fillas naceron entre 1910 e 1917.[2]
Iredale continou o seu trabajo en historia natural baixo o patrocinio de naturalistas adiñeirados como Charles Rothschild, para quen viaxou a Hungría para recolectar pulgas de aves. Casou con Lilian Marguerite Medland o 8 de xuño de 1923, coa que tivo unha filla, Ida.[1] Ela ilustrou varios dos seus libros e converteuse nunha das mellores artistas de aves de Australia.
Iredale regresou a Australia en 1923 e foi elixido membro da Real Unión de Ornitólogos de Australasia (RAOU) no mesmo ano. Foi conselleiro de RAOU para Nova Gales do Sur en 1926, e serviu no Comité de Migracións da RAOU de 1925 a 1932.
Ocupou un posto como conquiliólogo no Museo Australiano en Sydney (1924-1944). Iredale foi orixinarimente designado para axudar a Joyce Allan, a xefa temporal do departamento de Conquilioloxía. Porén, as súas posicións invertíronse en 1925.[4]
Traballou incansabelmente en publicacións sobre cunchas, aves, ecoloxía e zooxeografía. Deu numerosas conferencias e escribiu moitos artigos científicos de divulgación en xornais. Debido aos seus esforzos (e dos de conservadores posteriores), a Sección de Moluscos do Museo Australiano hoxe contén a maior colección de moluscos no hemisferio sur, con máis de 6 000 espécimes. Iredale foi asociado honorario desde a súa xubilación en 1944 até a súa morte.
Iredale rexistrou unha lista de ao redor de mil nomes sistemáticos que publicara en 1932, ordenados cronoloxicamente e indexados. Esta lista inédita converteuse na base da que produciu para o Museo Australiano, e publicouse en The Australian Zoologist (1956), detallando as obras dos cincuenta anos da carreira de Iredale. Esta lista, elaborada como homenaxe ao autor aínda en activo, elevou o número total de nomes a máis de dos mil cincocentos, e destacou as súas outras publicacións e colaboradores.[5]
Moitas especies e varios xéneros de malacoloxía, ictioloxía e ornitoloxía foron nomeados na súa hora, por exemplo:
Iredale foi:
A abreviatura Iredale emprégase pare recoñecer a Tom Iredale como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tom Iredale |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tom Iredale |