US Bank Plaza en St. Louis (Missouri ).
U.S. Bancorp , tamén coñecido como U.S. Bank , é unha corporación bancaria radicada nos Estados Unidos de América .
No ano 2001, Firstar comprou U.S. Bancorp e asumiu o seu nome, movendo as súas oficinas centrais á cidade de Minneapolis .
Firstar foi fundada en 1853 en Milwaukee (Wisconsin ) como Farmer's and Millers Bank, chegando a ser First Wisconsin National Bank (en galego, Primeiro Banco Nacional de Wisconsin) en 1919 . A compañía cambiou o seu nome polo de Firstar en 1988 , como resultado da evolución do banco e das súas fusións e adquisicións[ 1]
Firstar foi medrando a través dunha serie de fusións e adquisicións, incluíndo Banks of Iowa , Federated Bank , First Colonial Bankshares Corporation , e Investors Bank .
En 1999 , foi comprada pola Firstar Star Base (anteriormente First National Cincinnati de Cincinnati ), que tomou o nome Firstar. Máis adiante mercou o Mercantil Bancorporation de St. Louis , cinco meses despois. O 27 de febreiro de 2001 , Firstar completou a súa adquisición de U.S.Bancorp de Minneapolis , e cambiou o seu nome a U.S. Bancorp[ 2] .
1853 : Fúndase Farmers and Millers Bank.
1863 : O banco cambia o seu nome polo de First National Bank of Milwaukee.
1894 : O First National Bank of Milwaukee fusiónase co Merchants Exchange Bank e coa First Wisconsin Trust Company.
1919 : O banco fusiónase co Wisconsin National Bank e cambia o seu nome polo de First Wisconsin National Bank of Milwaukee.
1929 : First Wisconsin National e posto administrativamente baixo a Wisconsin Bankshares Corporation.
1958 : Wisconsin Bankshares establécese como Southgate National Bank of Milwaukee.
1960 : O banco é renomeado como First Wisconsin Bankshares Corporation.
1974 : O banco é renomeado como First Wisconsin Corporation.
1987 : First Wisconsin fai adquisicións en Illinois e Minnesota.
1989 : O banco é renomeado como Firstar Corporation.
1995 : Firstar cambia tamén o seu nome polo de Firstar Forward.
1998 : Firstar fusiónase co Star Banc.
↑ "1st Wisconsin 80 Years Old" . Milwaukee Journal (Milwaukee Wisconsin). May 2, 1933. Consultado o February 18, 2013 .
↑ "Firstar Corporation and U.S. Bancorp Complete Merger". U.S. Bancorp Press Release. 2001-02-27.