Willy Kükenthal

Modelo:BiografíaWilly Kükenthal

Willy Kükenthal fotografado en Jena en 1901
Nome orixinalWilly Georg Kükenthal
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1861,
Weißenfels, Reino de Saxonia
Morte20 de agosto de 1922
Berlín, República de Weimar (Alemaña)
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Cargos
Profesor universitario
Datos persoais
País de nacionalidadealemá
Formación profesionalmineraloxía, zooloxía, doutor en Ciencias
EducaciónUniversidade de Múnic
Universidade de Jena
Q89547790ser o descritor das dúas subordes en que se divide a orde dos pennatuláceos
Actividade
Campo de traballoZooloxía, bioloxía mariña e Octocoraliarios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónzoólogo
EmpregadorUniversidade de Jena
Universidade de Breslau
Universidade Humboldt de Berlín
Membro de
Interesado enZooloxía Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoRobert Hartmeyer (pt) Traducir e Walther Arndt Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaKükenthal Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
PaisAugust Kükenthal Editar o valor en Wikidata  e Minna Wimmer Editar o valor en Wikidata
IrmánsGeorg Kükenthal Editar o valor en Wikidata
Premios
Membro da Leopoldina
Membro da Sociedade Real das Ciencias e das Letras de Göteborg
Membro da Academia Real das Ciencias de Prusia

Descrito pola fonteSvensk uppslagsbok Editar o valor en Wikidata
BNE: XX990598

Willy Georg Kükenthal, nado o 4 de agosto de 1861 en Weißenfels, Reino de Saxonia, e finado o 20 de agosto de 1922 en Berlín, capital da República de Weimar (Alemaña), foi un zoólogo alemán, especilizado no estudo`dos hidrozoos octocoraliarios e dos cetáceos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de August Kükenthal, inspector de impostos do reino de Prusia, e da súa esposa Minna Wimmer, fixo os seus estudos primarios na súa vila natal, e os secuncarios en Halle. Despois esudou mineraloxía na Universidade de Múnic e, máis tarde, zooloxía na de Jena, doutorándose en Ciencias nesta última institución en 1884, cunha tese sobre as células linfoides dos anélidos. Viaxou polo mar do Norte con B. Weißenborn e uniuse ao departamento de zooloxía de Jena baixo a dirección de Ernst Haeckel en 1885.[1]

Ruta da expedición de 1896.
Veretillum cynomorium, en Das Tierreich 43: 1–132, de W. Kükenthal, 1915.

En 1886, co apoio da Senckenberg Natural History Society, participou nunha expedición a Borneo e as Molucas. Especializouse no estudo dos octocoraliarios, unha subclase de hidrozoos que inclúe ós Pennatuláceos e outros corais brandos. En 1887 obtivo a súa habilitación, converténdose en profesor de Filoxenia na Universidade de Jena dous anos despois. Desde 1898 exerceu como profesor de Anatomía comparada e Zooloxía na Universidade de Breslau (hoxe Wrocław) e como director do seu Museo zoolóxico que na actualidade é o Museo de Historia Natural da Universidade de Wrocław (Muzeum Przyrodnicze Uniwersytetu Wrocławskiego en polaco). [1]

En 1918 foi nomeado profesor de Zooloxía na Universidade de Berlín e director do seu Museo de Zooloxía. Ee 1918 a 1919 foi o presidente da Sociedade Zoolóxica Alemá.[1]

Kükenthal tamén viaxou ás rexións do Ártico en expedicións realizadas en 1889, e viaxou de novo ás Molucas e a Borneo en 1893-1894. A súa gran colección de exemplares zoolóxicos atópase agora no Naturmuseum Senckenberg en Frankfurt. Ademais dos seus estudos zoolóxicos tamén realizou estudos etnográficos.[1][2]

Kükenthal interesouse principalmente pola anatomía comparada e realizou investigacións anatómicas, embriolóxicas e de anatomía comparada dos cetáceos e outros mamíferos mariños. Foi partidario da lei bioxenética de Haeckel. A súa outra área de interese foi a sistemática dos celentéreos e dos cnidarios. Publicou Leitfaden für das Zoologische Praktikum (1898) e, desde 1913 editou, xunto con Thilo Krumbach, o Handbuch der Zoologie.[1]

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Vergleichend-anatomische und entwickelungsgeschichtliche Untersuchungen an Walthieren. (1889).
  • Forschungsreise in den Molukken und in Borneo: im Auftrage der Senckenbergischen naturforschenden Gesellschaft (1896).
  • Leitfaden für das Zoologische Praktikum. (1898).
  • Australien, Ozeanien und Polarländer, con Wilhelm Sievers. (1902, 1910).
  • Pennatularia (1915).
  • Gorgonaria (1919).

Epónimos

[editar | editar a fonte]

Hai máis de vinte especies zoolóxicas que levan o seu nome, incluíndo Calamorhabdium kuekenthali, Emoia kuekenthali,[3] Hemirhamphodon kuekenthali, Parantica kuekenthali e Lysmata kuekenthali.

Kükenthaløya, unha pequena illa situada entre Spitsbergen e Barentsøya foi así nomeada na súa honra.

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Kükenthal emprégase para recoñecer a Willy Kükenthal como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Uwe Hoßfeld, Uwe (2004). "The Travels of Jena Zoologists in the Indo-Malayan Region" (PDF). Proceedings of the California Academy of Sciences 55: 77–105. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de febreiro de 2016. Consultado o 09 de setembro de 2020. 
  2. Autrum, Hansjochem (1982). "Kükenthal, Willy". Neue Deutsche Biographie 13. pp. 208–209. 
  3. Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Kuekenthal", p. 147).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]