Zeni Geva | |
---|---|
Orixe | Toquio, Xapón |
Período | 1987 - presente |
Xénero(s) | heavy metal, rock progresivo, noise rock, math rock |
Selo(s) discográfico(s) | NUX Organization, Skin Graft Records, Alternative Tentacles, Neurot Recordings |
Membros | KK Null Tatsuya Yoshida |
Antigos membros | Ikuo Taketani Fumiyoshi Suzuki Elle Bunsho Nishikawa Mitsuru Tabata Yasuko Eito Noro Blake Fleming Masataka Fujikake |
Artistas relacionados | Acid Mothers Temple, Steve Albini, The Boredoms, Hanatarashi, Ruins |
Na rede | |
http://www.kknull.com/english.html | |
Zeni Geva é unha banda xaponesa de noise rock composta polo cantante e guitarrista KK. Null e o batería Tatsuya Yoshida.[1] Formado en Toquio in 1987, o nome do grupo podería traducirse aproximadamente como "violencia de cartos" ("Zeni" é un vello termo xaponés para referirse a cartos, e "Geva" vén do alemán "Gewalt," que significa "violencia").
A música de Zeni Geva pode ser diversa e experimental, incorporando elementos que van do death metal e o hardcore punk[2] ata o math rock, rock psicodélico, e noise rock.[3] A súa música adoita a ser tecnicamente pouco ortodoxa, e foi comparada co rock progresivo: o crítico Patrick Kennedy describe o seu álbum de 1993 Desire for Agony como se "Motörhead coñecese a King Crimson".[4]
O selo baseado en Chicago Skin Graft Records editou gran parte da música da banda en América do Norte, e o grupo publicou varios álbums a través do selo estadounidense Alternative Tentacles.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
How To Kill | 1987 | Nux Organization |
Maximum Love and Fuck | 1989 | Nux Organization |
Maximum Money Monster | 1990 | Pathological Records |
Total Castration | 1991 | Public Bath |
Desire for Agony | 1993 | Alternative Tentacles |
Freedom Bondage | 1995 | Alternative Tentacles |
10,000 Light Years | 2001 | Neurot Recordings |