20 minutos

Diario 20 minutos
Imaxe
Cor Branco e negro e cor
Fundación 2000
Xénero Información xeral
País España
Cidades Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Málaga, Granada e Córdoba
Ámbito España
Idioma Español
Periodicidade Diaria (de luns a venres)
Publicación Matutina
Tirada 278.239 u/día (OJD)[1]
Prezo unitario Gratuíto
Empresa editora Multiprensa y M@s
Fundador José Antonio Martínez Soler
Director xeral José Antonio Martínez Soler
Director editorial Arsenio Escolar
Director comercial Luis Alberto Rivero

20 minutos é un xornal de información xeral e distribución gratuíta con edicións locais en 14 cidades españolas, que se publica de luns a venres.

Publícase baixo unha licenza de Creative Commons que permite a calquera libremente copiar, distribuír, amosar, facer traballos derivativos e facer uso comercial dos seus contidos, con algunhas condicións. Adicionalmente, o xornal pode ser descargado do seu sitio web.

O 3 de febreiro de 2000 naceu Madrid y m@s, editado por Multiprensa y Más e alcumado 2o primeiro diario que non se vende", cunha tirada de 100.000 exemplares distribuídos en man nos lugares máis concorridos da cidade. En novembro dese mesmo ano lanzouse a edición de Barcelona, Barcelona y m@s, tamén con 100.000 exemplares. O seu primeiro director foi Arsenio Escolar quen en setembro de 2017 foi relevado por Encarna Samitier.[2] No equipo fundacional estaban 21 xornalistas -entre eles Virginia Pérez Alonso, redactora de cultura, e desde 2008 directora adxunta[3] - 3 persoas de distribución, 2 comerciais, 1 técnico de sistemas, unha secretaria de redacción, un contable e un xerente da empresa, José Antonio Martínez Soler.[4] [5]

No verán de 2001, 20 Min Holding, unha filial do grupo multimedia noruegués Schibsted, comprou a maioría do capital de Multiprensa y Más. O diario cambiou de nome e pasou a chamarse 20 minutos, unha marca que xa usaba Schibsted noutros países onde editaba diarios gratuítos, e pasa a tirar 300.000 exemplares diarios en Madrid e 200.000 en Barcelona, abrindo novos puntos de distribución en Madrid capital e en toda a Comunidade Autónoma.

No ano 2003 naceron 20minutos Sevilla e 20minutos Zaragoza. En 2004 Valencia e Alacant. Foi no ano 2005 cando o diario alcanzou a súa máxima expansión, até a data, coa incorporación de 8 novas edicións: Málaga, Granada, Murcia, Córdoba, Bilbao, Valladolid, A Coruña, Vigo e Asturias.

En decembro dese mesmo ano, ós cinco anos do seu nacemento, 20minutos converteuse no diario máis lido en España, segundo o Estudo Xeral de Medios (EXM).[6] Ademais, 20minutos estableceu a marca absoluta de lectores dun diario de información xeral en España, con 2.911.000 de media diaria.[7]

Na actualidade está presente en sete cidades españolas, Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Málaga, Granada e Córdoba, a través de catro edicións.[8]

  1. OJD (7/2017-6/2018). "Información y cifras de 20 minutos". Consultado o 10 de decembro de 2018. 
  2. "Relevo en la dirección de '20minutos': Encarna Samitier sustituye a Arsenio Escolar". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2018. 
  3. "Cambios en la cúpula directiva de 20 minutos y Multiprensa y Mas". www.infoperiodistas.info. Consultado o 2 de xuño de 2018. 
  4. "’20 minutos’ tuvo 30 fundadores" (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2018. 
  5. www.infoperiodistas.info. "Cambios en la cúpula directiva de 20 minutos y Multiprensa y Mas". www.infoperiodistas.info. Consultado o 2 de xuño de 2018. 
  6. "20minutos se convierte en el diario más leído de España". 20minutos.es. 12 de xullo de 2006. Consultado o 8 de maio de 2011. 
  7. "20minutos se convierte en el diario más leído de toda la historia de España". 20minutos.es. 29 de abril de 2008. Consultado o 8 de maio de 2011. 
  8. 20 minutos - Edición impresa

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]