Adolph Alexander Weinman

Modelo:BiografíaAdolph Alexander Weinman

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1870 Editar o valor en Wikidata
Durmersheim (Grão-ducado de Baden) Editar o valor en Wikidata
Morte8 de agosto de 1952 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Port Chester (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCalvary Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónArt Students League of New York (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescultor, artista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
1928Xogos Olímpicos de 1928 Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteThe Encyclopedia Americana (mul) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Weinman-79 Find a Grave: 139184495 Editar o valor en Wikidata

Adolph Alexander Weinman (apelidado orixinalmente Weingärtner),[1] nado en Durmersheim, Alemaña, o 11 de decembro de 1870 e finado en Port Chester, Nova York, o 8 de agosto de 1952, foi un escultor, medallista e deseñador e gravador de moeda xermano-estadounidense.[2]

Weinman acadou en 1898 a nacionalidade estadounidense.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Weinman naceu na vila de Durmersheim, próxima a Karlsruhe, no daquela Gran Ducado de Baden, o 11 de decembro de 1870. Con só 10 anos, en 1880, trasladouse aos Estados Unidos coa súa nai viúva, para vivir cuns parentes en Nova York.[3][4][5][6][7] Coma outros inmigrantes alemáns, nos Estados Unidos cambiou o seu apelido orixinal, Weingärtner, por Weinman, para lle dar unha aparencia máis próxima ao inglés.[1]

Nesa cidade, logo de traballar como aprendiz do tallador de madeira e marfil Frederick Kaldenberg,en 1887 comezou a asistir ás clases nocturnas da Cooper Union, onde o seu talento para o debuxo ornamental lle proporcionou o premio Mitchell Vance. O ano seguinte foi admitido como alumno do escultor Philip Martiny e logo continuou a súa formación artística na Art Students League, de Nova York, onde tivo como profesores a escultores tan recoñecidos como Augustus Saint-Gaudens.[3][4][5][7][1]

Carreira artística

[editar | editar a fonte]

Logo da súa formación académica, Weinman continuou traballando como axudante dos escultores Charles Niehaus, Olin Warner e Daniel Chester French, ata finais do século.[3][4][7] En 1904 abriu o seu primeiro estudio propio en Nova York, e en 1923 trasladouse a outro en Forest Hills, na mesma cidade, onde residiu durante toda a súa vida.[5][6]

Aínda que Weinman acadou máis sona como deseñador e gravador de moedas estadounidenses, el reivindicou a súa condición de escultor, disciplina na que cultivou unha abundante obra, nalgúns casos de relevancia, sinaladamente a de escultura ornamental ou arquitectónica.[1]

Escultura Descending Night, cerada por Weinman para a Exposición Internacional Panamá-Pacífico de San Francisco (1915).[8]

Os seus ingresos ordinarios procedían maioritariamente da venda de pequenas reproducións en bronce das súas obras de maior tamaño. Un exemplo disto é a súa obra Descending Night, cuxa versión monumental foi encargada orixinalmente para a Exposición Internacional Panamá-Pacífico de San Francisco (1915) para decorar as súas fontes exteriores e cuxa reprodución forma parte da colección do Museo Metropolitano de Arte de Nova York.[8]

Weinman formou parte do concurso de escultura das Olimpíadas de Verán de 1928.[1] Así mesmo, pertenceu a diversas entidades artísticas e eruditas, como a Sociedade Nacional de Escultura —cuxa presidencia exerceu entre 1927 e 1930—, a Comisión de Belas Artes dos EEUU (1929-1933),[9] a Academia Estadounidense das Artes e das Letras, o Instituto Nacional das Artes e das Letras, a Academia Nacional de Deseño ou a Comisión de Arte da Cidade de Nova York, entre outras.[6] Weinman foi membro tamén da American Numismatic Association e da American Numismatic Society.[3]

Pasamento e legado

[editar | editar a fonte]

Adolph Weinman finou en Port Chester, no estado de Nova York, o 8 de agosto de 1952.[6] Logo do funeral na Catedral de San Patricio, en Manhattan, o seu corpo foi soterrado no cemiterio Calvary, de Queens.[10]

Os documentos da traxectoria de Adolph A. Weinman consérvanse nos Arquivos da Arte dos Estados Unidos, do Instituto Smithsoniano.[5]

O seu fillo máis vello, Robert Weinman, foi tamén un escultor e medallista recoñecido.[11] Outro dos seus fillos, Howard Weinman, foi o autor da moeda conmemorativa de medio dólar do tricentenario de Long Island.[12]

Unha das principais discípulas de Adolph Weinman foi a escultora Eleanor Mary Mellon (1894-1979).[13]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
Medalla de servizo da Campaña Asia-Pacífico Exposición da Compra de Luisiana (1942).[15]

Moeda e medalla

[editar | editar a fonte]

Weinman é lembrado fundamentalmente por ser o deseñador e gravador da moeda de 10 centavos de dólar Mercury (1916),[16][17] e sinaladamente do medio dólar da Liberdade camiñando (1916),[18][19] un deseño este último que foi recuperado en 1986 para o anverso da popular moeda de colección American Silver Eagle.[4][20][21]

Tamén participou na creación de varias medallas de servizo para as Forzas Armadas estadounidenses, entre as que destacan os reversos das da Campaña de Asia-Pacífico; a Campaña de Europa, África e Oriente Medio, todas elas da segunda guerra mundial. Entre as medallas civís destacan a conmemorativa da Exposición da Compra de Luisiana (1904), a do Instituto Americano de Arquitectos (1907) e a outorgada como premio Stanford Saltus de Medalla (1918), da American Numismatic Society.[3][7][14][21][22]

En 1907 comezou a expor a súa obra medallística na Academia Nacional do Deseño, e nesa institución expuxo tamén os anos seguintes os modelos de varias das súas producións escultóricas máis salientables.[3] Tamén expuxo a súa produción de medallas na Exposición Medallística de Nova York e no Salón da Medalla de Bruxelas, ambos en 1910.[7]

Escultura

[editar | editar a fonte]

A obra de Weinman como escultor arquitectónico pódese atopar nos capitolios dos estados de Wisconsin, Missouri e Luisiana. Weinman converteuse no escultor favorito do estudio de arquitectura McKim, Mead and White, e deseñou tamén esculturas para diversos edificios e monumentos de Nova York, como a Casa Consistorial de Manhattan, a igrexa presbiteriana de Madison Square —rematada en 1906 e demolida en 1919—, o monumento aos mártires dos barcos de prisioneiros na Guerra de Independencia e a estación de ferrocarril de Pensilvania —concluída en 1910 e demolida en 1963—.[6] Algunhas das súas aguias procedentes desta estación consérvanse noutros lugares, como as novas instalacións da propia estación ou o parque zoolóxico nacional de Washington.[23]

Escultura de Weinman no frontón do Jefferson Memorial de Washington, que representa o Comité dos Cinco.

Entre outras das súas obras de escultura arquitectónica fóra de Nova York destacan o friso do memorial aos veteranos de guerra, en Chicago, e esculturas para o edificio do Departamento Postal, para o Jefferson Memorial e para o interior do Tribunal Supremo dos EEUU, todas estas en Washington.[3][6]

Dentro da obra escultórica non arquitectónica de Weinman pódense salientar os monumentos de Macomb e Maybury, en Detroit, así como a escultura de Abraham Lincoln situada no centro da vila de Hodgenville, en Kentucky.[6]

A maioría das obras escultóricas de Weinman corresponden a un estilo coñecido como "Neoclásico lírico". As súas figuras adoitan levar drapeados clásicos, aínda que na súa obra se aprecia tamén unha fluidez que presaxia o estilo Art Decó, que Weinman tamén cultivou. A súa pequena estatua de bronce titulada The Nude Golfer ("O golfista espido"), de 1901, é unha mostra representativa deste estilo. Este traballo evoca a escultura clásica pola súa atención á anatomía humana e ao movemento, así como o propio espido do deportista, en tanto que a propia escolla do suxeito, un xogador de golf contemporáneo, lle achega un toque de actualidade.[24]

Escolma de traballos

[editar | editar a fonte]

Moeda e medalla

[editar | editar a fonte]

Escultura

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Adolph Weinman". Olympedia.org
  2. "Weinman, Adolph Alexander". En The Encyclopedia Americana (1920).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 "Adolph Alexander Weinman Arquivado 17 de xaneiro de 2023 en Wayback Machine.". National Academy of Design.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Reiter, E. (2000). "The Weinman Legacy. Part 1". En Professional Coin Grading Service (PCGS). 31 de xaneiro.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Adolph A. Weinman papers, 1890-1959". Smithsonian Institution.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 "Weinman, Adolph A. (Adolph Alexander), 1870-1952". Social Networks and Archival Context (SNAC).
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Forrer, L. (1916). Páxina 427 .
  8. 8,0 8,1 "Descending Night. ca. 1914, cast by 1917". Metropolitan Museum of Art.
  9. Luebke, T. E. (2013.) Civic Art. A Centennial History of the U.S. Commission of Fine Arts. U.S. Commission of Fine Arts, Washington. Apéndice B. Páxina 557. ISBN 978-0160897023
  10. "Adolph Alexander Weinman". Findagrave.com
  11. "Robert Alexander Weinman Arquivado 17 de xaneiro de 2023 en Wayback Machine.". National Academy of Design.
  12. "½ Dollar Long Island". Numista.com
  13. Heller, J.; Heller, N. G. (2013). North American Women Artists of the Twentieth Century. A Biographical Dictionary. Routledge. ISBN 978-1-135-63882-5
  14. 14,0 14,1 "The Saltus Medal Award". American Numismatic Society.
  15. "The Louisiana Purchase Exposition, Saint Louis 1904". Metropolitan Museum of Art.
  16. "1 Dime "Mercury Dime"". Numista.com
  17. Lange, D. W. (1993) A Complete Guide Book to Mercury Dimes. DLRC Press, Virginia Beach. ISBN 978-1-880731-17-8
  18. "½ Dollar "Walking Liberty Half Dollar"". Numista.com
  19. "Walking Liberty Silver Half Dollar". CoinNews.net
  20. "American Eagle Silver Proof Coin". United States Mint.
  21. 21,0 21,1 "Die Münzen und Medaillen von Adolph Weinman". Muenzen-Online.com
  22. Noe, S. P. (1921).
  23. "Eagle (sculpture)". Smithsonian Institution.
  24. "The nude golfer, 1901". Artnet.com
  25. Noe, S. P. (1921). Páxina 25.
  26. "1 Dime "Mercury Dime"". Numista.com
  27. "½ Dollar "Walking Liberty Half Dollar"". Numista.com
  28. "Eagle (sculpture)". Smithsonian Institution.
  29. Federal Writers' Project (1996). The WPA Guide to Kentucky. University Press of Kentucky. Páxina 120. ISBN 0813108659
  30. "Union Soldiers and Sailors Monument (sculpture)". Smithsonian Institution.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]