Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) André Joseph Marie Pierre Bellessort 19 de marzo de 1866 Laval, Francia |
Morte | 22 de xaneiro de 1942 (75 anos) París, Francia |
25º Perpetual secretary of the French Academy (en) | |
11 de xaneiro de 1940 – 22 de xaneiro de 1942 ← Georges Goyau – Georges Duhamel → | |
Cadeira 36 da Academia Francesa (pt) | |
28 de marzo de 1935 – 22 de xaneiro de 1942 ← Henri Bremond (pt) – René Grousset → | |
Datos persoais | |
Educación | Lycée Janson de Sailly |
Actividade | |
Ocupación | poeta, novelista, romanista, historiador da literatura, escritor, crítico literario |
Membro de | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok |
André Bellessort, nado o 19 de marzo de 1866 en Laval e finado o 22 de xaneiro de 1942 en París, foi un poeta e novelista francés.
O seu pai era profesor de escola, el estudou no instituto Henri-IV e na Escola Normal Superior en París, como profesor comezou a dar clase no instituto de Niza, durante a súa vida laboral deu clases en institutos de diversas cidades, establecéndose en 1899 definitivamente en París. Colaborou en diversos xornais, foi correspondente de Le Temps en Chile, e máis tarde en Bolivia, colaborou tamén con La Revue des deux mondes. En maio de 1895 foi enviado ó Xapón e de volta dunha tempada en Suecia decidiu traducir a Selma Lagerlöf.
Alternou a escrita de poemas, de estilo clásico, e de ensaios literarios, libros de viaxes e exploración. Politicamente estivo próximo a Acción Francesa, deu frecuentemente conferencias no seu Instituto e participou en banquetes do Círculo Fustel-de-Coulanges, xunto con Léon Bérard, o xeneral Weygand e Abel Bonnard. En 1935 foi elixido para a Academia Francesa substituíndo a Henri Bremond.