Claudio Sánchez-Albornoz |
Nome orixinal | (es) Claudio Sánchez-Albornoz y Menduiña |
---|
|
Nacemento | 7 de abril de 1893 Madrid, España |
---|
Morte | 8 de xullo de 1984 (91 anos) Ávila, España |
---|
Lugar de sepultura | Catedral de Ávila (pt) |
---|
|
Embaixador de Espanha em Portugal (pt) |
---|
9 de abril de 1936 – 1 de decembro de 1936 |
Deputado nas Cortes republicanas |
---|
9 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939
Circunscrición electoral: Ávila (en) |
Deputado nas Cortes republicanas |
---|
23 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936
Circunscrición electoral: Ávila (en) |
Deputado nas Cortes republicanas |
---|
3 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933
Circunscrición electoral: Ávila (en) |
Ministro de Estado |
---|
|
Reitor da Universidade Complutense de Madrid |
---|
|
Catedrático de universidade |
---|
|
Presidente Segunda República Española no exilio |
---|
|
|
|
Relixión | Catolicismo |
---|
Educación | Universidade Central Universidade Complutense de Madrid |
---|
|
Lugar de traballo | Madrid |
---|
Ocupación | historiador, político, escritor, profesor universitario, diplomático, catedrático |
---|
Empregador | Universidade Central Universidade de Valladolid Universidade de Barcelona Universidade de Valencia Facultad de Humanidades y Ciencias de la Educación (Universidad de la República) (en) |
---|
Partido político | Acción Republicana |
---|
Membro de | |
---|
Alumnos | Angel Montenegro Duque |
---|
|
Doutorando | Luis García de Valdeavellano (en) , Ángel Ferrari Núñez, Reyna Pastor (en) e Felipa Niño Mas (en) |
---|
|
Fillos | Nicolás Sánchez-Albornoz |
---|
Pai | Nicolás Sánchez-Albornoz Hurtado |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
|
Claudio Sánchez-Albornoz y Menduiña, nado en Madrid o 7 de abril de 1893 e finado en Ávila o 8 de xullo de 1984, foi un historiador e político español.
Licenciado en Filosofía e Letras en 1913, foi catedrático numerario de Historia de España nas universidades de Barcelona, Valencia, Valladolid e Madrid. Foi Deputado das Cortes Españolas entre 1931 e 1936. Trala Guerra Civil española marcha exiliado a Arxentina, sendo presidente do Goberno da Segunda República Española no exilio dende 1959 a 1971. En 1976 retorna a España, sendo galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades no mesmo ano do seu falecemento, en 1984.
A convicción sobre as orixes dunha identidade nacional española única levou a unha disputa académica con outro estudoso no exilio, Américo Castro, que se mudara aos Estados Unidos e ensinara na Universidade de Princeton. O libro innovador de Castro, España en su historia (1948; trad. inglesa 1954) postulaba que a cultura "española" era esencialmente híbrida, producida ao longo dos séculos pola mestura de cristiáns, musulmáns e xudeus, distintas poboacións e tradicións. Castro acuñou o termo "convivencia", entendida como "cohabitación" para describir a sociedade multicultural, relixiosamente tolerante e dinámica dos reinos peninsulares medievais. Sánchez-Albornoz —que consideraba insuficientemente rigorosa e erudita a metodoloxía interdisciplinar de Castro e centrada na literatura— respondeu cun novo estudo, España: un enigma histórico (1956), que defendeu a persistencia dunha invasión preárabe e fundamentando a cultura e a identidade nacional españolas na reprodución de institucións xurídicas, políticas e económicas alleas a Al-Andalus. Aínda que non negou que musulmáns e xudeus fosen unha presenza importante na Iberia medieval, Sánchez-Albornoz sostivo que achegaron "pouca enerxía creativa" aos procesos da historia ou da construción do Estado e insistiu nunha idea perdurable da nacionalidade e da identidade españolas que transcendeu os caprichos da historia e a influencia temporal de grupos externos.
Aínda que poucos historiadores académicos hoxe seguen subscribindo as ideas de Sánchez-Albornoz sobre un "carácter" nacional español esencial que motiva a historia, aínda existe un vivo debate académico sobre a convivencia como modelo histórico para entender a España medieval.[1]
Anselmo López Carreira mencionou en diversas ocasións [2] o episodio no que Sánchez-Albornoz lle reprocha a Castelao a súa castelanfobia e Castelao a Sánchez-Albornoz o seu excesivo castelanismo, a raíz da publicación do Sempre en Galiza. Segundo López Carreira, os dous representan visións contrapostas da historia medieval de Galiza. Castelao non é historiador: bebe do que escribiran Vicente Risco ou os irmáns Antón e Ramón Villar Ponte, pero ten claro que Galiza ten unha historia de seu e reivindica, a través dela, a nacionalidade galega. Sánchez Albornoz reivindicou entón que el tamén tiña orixes galegas, aínda que case nunca usaba o seu apelido materno.[3]
- Estampas de la vida en León hace mil años, Madrid, 1926.
- En torno a los orígenes del feudalismo. Mendoza, 1942.
- Ruina y extinción del municipio romano en España e instituciones que lo reemplazan. Buenos Aires, 1943.
- España y el Islam. Buenos Aires, 1943
- El Ajbar Maymu’a. Problemas historiográficos que suscita. Buenos Aires, 1944.
- El "Stipendium" hispano-godo y los orígenes del beneficio prefeudal. Buenos Aires, 1947.
- Una ciudad hispano-cristiana hace un milenio. Estampas de la vida en León. Buenos Aires, 1947.
- España: un enigma histórico. Buenos Aires, 1956.
- Españoles ante la historia. Buenos Aires, 1958.
- De ayer y de hoy. Madrid, 1958.
- La España Musulmana. Buenos Aires, 1960
- Estudios sobre las instituciones medievales españolas. México, 1965.
- Despoblación y repoblación en el Valle del Duero. Buenos Aires, 1966.
- Investigaciones sobre historiografía hispana medieval (siglos VIII al XIII). Buenos Aires, 1967.
- Investigaciones y documentos sobre las instituciones hispanas. Santiago de Chile, 1970.
- Miscelánea de estudios históricos. León, 1970.
- Orígenes de la nación española. Estudios críticos sobre la Historia del reino de Asturias. Oviedo, t. I: 1972, t. II: 1974, t. III: 1975.
- De mi anecdotario político (1972)
- Del ayer de España. Trípticos históricos. Madrid, 1973.
- Ensayos sobre Historia de España. Madrid, 1973.
- Vascos y navarros en su temprana historia. Madrid, 1974.
- El Islam de España y el Occidente. Madrid, 1974.
- Mi testamento histórico político. Barcelona, 1975.
- Viejos y nuevos estudios sobre las instituciones medievales españolas. Madrid, 1976.
- El régimen de la tierra en el reino asturleonés hace mil años. Buenos Aires, 1978.
- Confidencias (1979)
- El reino asturleonés (722-1037). Sociedad, Economía, Gobierno, Cultura y Vida. "Historia de España Menéndez Pidal", t. VII, vol. 1, Madrid, 1980.
- Estudios sobre Galicia en la temprana Edad Media. A Coruña, 1981.
- Orígenes del Reino de Pamplona. Su vinculación con el Valle del Ebro. Pamplona, 1981.
- Postrimerías. Del pasado hacia el futuro (1981)
- Todavía. Otra vez de ayer y de hoy (1982)
- La Edad Media española y la empresa de América. Madrid, 1983.
- Santiago, hechura de España. Estudios Jacobeos. Prólogo de José-Luis Martín. Ávila, 1993.
|
---|
Década de 1980 | | |
---|
Década de 1990 | |
---|
Década de 2000 | |
---|
Década de 2010 | |
---|
Década de 2020 | |
---|
|