Drag Race España | |
---|---|
![]() | |
Tipo | programa de televisión ![]() |
Xénero artístico | serie de televisión de temática LGBTI+ e concurso de talentos ![]() |
Lingua orixinal | lingua castelá ![]() |
Autoría | |
Presentador/a | Supremme de Luxe ![]() |
Actores
| |
Temática | |
Baseado en | RuPaul's Drag Race ![]() |
Publicación | |
País orixe | España ![]() |
Compañía produtora | World of Wonder ![]() |
Emisora orixinal | Atresplayer Premium ![]() |
Datas | |
Comezo | 30 de maio de 2021 ![]() |
Dimensións | |
Duración | 1 hora ![]() |
Episodios | 10 ![]() |
Tempadas | 4 ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Páxina WEB | premium.atresplayer.com… ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Drag Race España é un programa de telerrealidade español sobre drag queens baseado na serie estadounidense RuPaul's Drag Race.[1] O concurso busca coroar a próxima Superestrela Drag de España. Supremme de Luxe é a encargada de presentar a adaptación do formato.[2] En agosto de 2021, Atresmedia renovou o contrato para a produción dunha segunda tempada.[3] En xuño de 2022, renovou por unha terceira tempada.[4] En agosto de 2023 renovou por unha cuarta tempada.[5]
O obxectivo do concurso é atopar a mellor Superestrela Drag de España. Para iso, as concursantes teñen que superar unha serie de probas e enfrontarse a retos cos que salvarse da eliminación, como sesións de fotos, retos de baile, artísticos ou actuacións musicais. A proba final de cada programa é unha pasarela na que as participantes amosan os seus mellores "looks" para conquistar o xurado. As dúas peores do programa bátense en duelo facendo lip sync; a perdedora abandona a competición.[6]
O programa está producido por World of Wonder e Atresmedia en colaboración con Buendía Estudios.[7][8] Estreouse o mes de maio de 2021 a través da plataforma de pago Atresplayer Premium, mentrs que nos Estados Unidos e no resto do mundo emítese vía "streaming" en WOW Presents Plus.[9][10]
É a sétima versión internacional da franquía Drag Race, despois de The Switch Drag Race (Chile), Drag Race Thailand (Tailandia), RuPaul's Drag Race UK (Reino Unido), Canada's Drag Race (Canadá) e Drag Race Holland (Países Baixos), RuPaul's Drag Race Down Under (Australia e Nova Zelandia).[8][10]
O 30 de decembro anunciouse a apertura do proceso de selección das participantes.[11] O xurado e a presentadora foron anunciados en marzo de 2021, mentres que as dez concursantes foron anunciadas o 26 de abril de 2021.[12] Dous días despois, Michelle Visage fixo a presentación oficial das concursantes e anunciou que o programa se estrearía en maio.[13]
En agosto de 2021, renovouse o formato por unha segunda edición. En xaneiro de 2022, confirmouse a continuación do mesmo xurado para a segunda edición[14] e, a través dun anuncio en redes sociais, a data de presentación das doce concursantes da segunda tempada. Esta produciuse o 20 de febreiro nun sketch titulado Meet the Queens.[15]
O 16 de xuño de 2022, Atresmedia Televisión en colaboración con Buendía Estudios, renovou o concurso por unha terceira tempada.[4]
Nome | Posto | Tempadas | ||
---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||
Supremme de Luxe | Presentadora e xurado | |||
Javier Ambrossi | Xurado | |||
Javier Calvo | Xurado | |||
Ana Locking | Xurado |
A finais de febreiro de 2021, o programa anunciou a composición do xurado que acompañará a Supremme de Luxe, formado polos "Javis" (parella de actores formada por Javier Ambrossi e Javier Calvo) e a deseñadora de moda Ana Locking. A inclusión dos Javis xerou rexeitamento entre os fans do formato orixinal, que criticaban, entre outras cousas, o feito de que a parella "monopolice" a presenza do colectivo LGTB na televisión española.[16][17]
Entre os xuíces convidados atópanse:[18][19]
Tempada 1:
Tempada 2:
Tempada 3:
Tempada | Estrea | Final | Concursantes | Gañadora | Finalistas | Miss Simpatía | Episodios |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 30 de maio de 2021 | 25 de xullo de 2021 | 10 | Carmen Farala | Killer Queen e Sagittaria | Pupi Poisson | 8 + "El reencuentro" |
2 | 27 de marzo de 2022 | 5 de xuño de 2022 | 12 | Sharonne | Estrella Xtravaganza e Venedita Von Däsh | Samantha Ballentines | 10 + "El reencuentro" |
3 | 16 de abril de 2023 | 25 de xuño de 2023 | 13 | Pitita | Vania Vainilla, Hornella Góngora e Kelly Roller | María Edilia | 10 + "El reencuentro" |
As concursantes que competiron en Drag Race España son:
As drag queens que competiron na primeira tempada de Drag Race España foron 10:[21][nota 1]
Concursante | Idade | Orixe | Posición |
---|---|---|---|
Carmen Farala | 31 | Sevilla | 1ª |
Killer Queen | 31 | Madrid | 2ª / 3ª |
Sagittaria | 22 | Barcelona | |
Pupi Poisson | 38 | Madrid | 4ª |
Dovima Nurmi | 24 | Barcelona | 5ª |
Hugáceo Crujiente | 25 | Valencia | 6ª |
Arantxa Castilla-La Mancha | 23 | Badaxoz | 7ª |
Inti | 20 | Madrid | 8ª |
Drag Vulcano | 30 | As Palmas de Gran Canaria | 9ª |
The Macarena | 29 | San Fernando | 10.ª |
As drag queens que competiron na segunda tempada de Drag Race España son 12:[22][nota 2]
Concursante | Idade | Orixe | Posición |
---|---|---|---|
Sharonne | 45 | Sabadell | 1ª |
Venedita Von Däsh | 28 | Elx | 2ª / 3ª |
Estrella Xtravaganza | 25 | Xerez da Fronteira | |
Marina | 34 | Barcelona | 4ª |
Juriji der Klee | 31 | Madrid | 5ª |
Drag Sethlas | 30 | As Palmas de Gran Canaria | 6ª |
Diamante Merybrown | 25 | Zaragoza | 7ª |
Onyx | 33 | Madrid | 8ª |
Jota Carajota | 18 | Xerez da Fronteira | 9ª |
Samantha Ballentines | 35 | San Fernando | 10.ª |
Ariel Rec | 33 | Madrid | 11.ª |
Marisa Prisa | 30 | Burela | 12.ª |
As drag queens que competiron na terceira tempada de Drag Race España son 12 e foron anunciadas o 19 de marzo de 2023.[23][nota 3]
Concursante | Idade | Orixe | Posición |
---|---|---|---|
Pitita | 27 | Barcelona | 1.ª |
Vania Vainilla | 39 | Zaragoza | 2.ª |
Hornella Góngora | 35 | Alacant | 3.ª / 4.ª |
Kelly Roller | 30 | Málaga | |
Clover Bish | 24 | Granollers | 5.ª |
Bestiah | 30 | Madrid | 6.ª |
Pakita | 28 | Sevilla | 7.ª / 8.ª |
Pink Chadora | 38 | Málaga | |
Visa | 34 | Tampico, México | 9.ª |
The Macarena | 31 | San Fernando | 10.ª |
Chanel Anorex | 31 | Salamanca | 11.ª |
Drag Chuchi | 32 | As Palmas de Gran Canaria | 12.ª |
María Edilia | 41 | Maracay, Venezuela | 13.ª |
Edición | Data | Presentadora | Canal de emisión | Gañadora | Finalistas | Miss Simpatía |
---|---|---|---|---|---|---|
Drag Race España 1 | 2021 | Supremme de Luxe | Atresplayer Premium | ![]() Carmen Farala |
Killer Queen Sagittaria |
Pupi Poisson |
Drag Race España 2 | 2022 | ![]() Sharonne |
Venedita Von Däsh Estrella Xtravaganza |
Samantha Ballentines | ||
Drag Race España 3 | 2023 | ![]() Pitita |
Vania Vainilla Hornella Góngora Kelly Roller |
María Edilia |
En setembro de 2022, Atresmedia anunciou que estaba traballando nun novo formato derivado do orixinal, RuPaul's Drag Race: All Stars, titulado: Drag Race España: All Stars. En novembro de 2023, anunciouse a súa data de estrea para xaneiro de 2024.[24][25]