Godflesh | |
---|---|
G. C. Green e Justin Broadrick | |
Orixe | Birmingham, Inglaterra |
Período | 1982 - 2002 2010 - presente |
Xénero(s) | metal industrial, post-metal, metal experimental |
Selo(s) discográfico(s) | Swordfish, Earache, Columbia, Avalanche, Music for Nations, Koch, Relapse |
Membros | Justin Broadrick G. C. Green |
Antigos membros | Paul Neville Robert Hampson Bryan Mantia Ted Parsons |
Artistas relacionados | Napalm Death, Jesu, Cable Regime, Painkiller |
Na rede | |
http://www.godflesh.com/ | |
Godflesh é unha banda inglesa de metal industrial procedente de Birmingham. O grupo formouse no ano 1982 co nome Fall of Because pero non editou música ata 1988 cando Justin Broadrick (guitarra, voces e programación) e G. C. Green (baixo) cambiaronlle o nome ao grupo e decidiron usar unha caixa de ritmos para a percusión. Mesturando heavy metal con música industrial e posteriormente con música electrónica e dub, o innovador son de Godflesh é amplamente considerado como unha influencia fundacional para outros artistas do metal industrial e o post-metal e moi importante para o metal experimental e o metal extremo.
A banda fichou por Earache Records a finais dos 80 e publicou o seu influente álbum de estrea, Streetcleaner (1989), coa aclamación da crítica. Tras o lanzamento de Pure (1992) e de Selfless (1994), comezaron a experimentar con baterías ao vivo, e con sons do hip hop e do breakbeat. Os álbums resultantes, Songs of Love and Hate (1996) e Us and Them (1999), foron seguidos por Hymns (2001), que viu unha simplificación no son da banda. Pouco despois da marcha de Green en 2002, Broadrick puxo fin a Godflesh e dedicouse a outros proxectos, incluído Jesu. Broadrick e Green reformaron Godflesh en 2010, publicando A World Lit Only by Fire (2014) e Post Self (2017) con aclamación da crítica.
Como pioneiro do metal industrial, o son inicial de Godflesh definíase por ritmos ásperos, baixos enfatizados, guitarras distorsionadas e voces escasas cantadas de forma grave e gutural. A banda actuou durante a meirande parte da súa carreira como un dúo con Broadrick e Green tocando sobre percusión programada, normalmente nun contexto de escenas apocalípticas e iconografía cristiá. A música de Godflesh é considerada especialmente pesada e sombría, con Streetcleaner sendo nomeado por varias publicacións como un dos mellores e máis pesados álbums de metal.
Fall of Because, a banda que se convertería en Godflesh,[1][2] formouse no ano 1982 cando G. C. Green e Paul Neville, dous músicos novos que vivían en vivendas económicas no leste de Birmingham, comezaron a experimentar musicalmente xunto cunha caixa de ritmos.[3][4] Fall of Because, chamada así por unha canción de Killing Joke e un capítulo dun libro de Aleister Crowley,[5] aopou un batería cando Justin Broadrick, que vivía no mesmo edificio que Green e Neville, uniuse ao grupo en 1984 tras organizar un concerto en The Mermaid, Birmingham.[4][5] Nesa actuación, Fall of Because, Final (o primeiro grupo de Broadrick) e unha primeira encarnación de Napalm Death tocaron diante dunhas 25 persoas.[5] Nos meses seguintes Broadrick uniuse a Napalm Death como guitarrista e a Fall of Because como batería e alterou o son destes últimos ao ensinarlles álbums de Swans, Sonic Youth e Discharge a Green e Neville.[4][5] Con só 15 anos de idade, Broadrick dixo que "usurpara" a súa banda.[5]
Fall of Because gravou unha demo titulada Extirpate en 1986, que contiña varios temas que despois pasarían a ser cancións de Godflesh.[3][6] Debido a que esas gravacións non estarían amplamente a disposición do público ata 1999, retrospectivamente foron recoñecidas como "misteriosamente" adiantadas ao seu tempo por Exclaim!.[4] Posteriormente en 1986, Broadrick foi invitado a tocar a batería con Head of David, levando á súa marcha de Napalm Death e pouco despois de Fall of Because en 1987.[7] Entón, en marzo de 1988, deixou Head of David e contactou con Green en abril para reformar Fall of Because como dúo.[3][8] Nesa reforma Broadrick fíxose cargo da guitarra e a banda volveu a empregar unha caixa de ritmos para a percusión.[7] Nese momento foi cando o grupo pasou a chamarse Godflesh.[9] Broadrick explicou o novo nome dicindo, "escoitei unha vez a alguén dicir que a música é a voz de Deus. A palabra 'God' (Deus) conxura algo inmenso e inconcebible. A parte 'flesh' (carne) é o que te afecta a nivel físico. A nosa música é forte e destructiva".[10]
Inspirados pola sombría paisaxe urbana de Birmingham é pola música extrema que Broadrick lle ensinara a Green,[11][12] Godflesh adquiríu un ton claramente máis pesado que o de Fall of Because, inspirado principalmente por The Cure.[5] En 1988 a banda estableceu a súa presenza na escena da música underground co lanzamento do EP Godflesh a través do selo Swordfish.[13][14] Ese EP, considerado a fonte do metal industrial xunto co álbum de Ministry de 1988 The Land of Rape and Honey,[13][15] combinaba ritmos industriais programados, voces distorsionadas, guitarras graves e riffs de baixo para crear o son polo que Godflesh sería coñecido.[7]
Pouco despois do lanzamento de Godflesh a banda gravou utro EP titulado Tiny Tears formado por catro cancións curtas e ásperas.[16] Antes do lanzamento deste EP a banda fichou pola discográfica Earache Records, e o fundador do selo, Digby Pearson, convenceu a Broadrick e a Green para que almacenasen Tiny Tears e usasen os seus temas como cancións extra do seu primeiro álbum.[16] A banda accedeu e en 1989 publicouse Streetcleaner, que sería aclamado pola crítica e foi recoñecido como un fito da música heavy metal. En Streetcleaner Neville regresou á banda, desa vez como segundo guitarrista. O álbum definiu aínda máis o son de Godflesh, destacando sobre outros discos de metal con produción pouco común que enfatizaba os ritmos mecánicos e un baixo percusivo sobre a guitarra.[17] Streetcleaner considérase particularmente pesado e sombrío.
Entre febreiro de marzo de 1991 Godflesh regresou ao estudio para gravar o EP Slavestate, no cal a banda experimentou co dance e máis elementos electrónicos.[18] En abril dese ano o grupo comezou a súa primeira xira por Norteamérica, a xira Grindcrusher de Earache,ao lado dos seus compañeiros de selo Nocturnus e Napalm Death.[8] Segundo Mike Browning de Nocturnus, á meirande parte dos concertos das 45 datas asistiron entre 200 e 300 persoas.[19] Godflesh perdeuse o primeiro concerto debido a problemas cos seus permisos, pero conseguiu chegar á segunda data no L'Amour de Brooklyn.[19][20] O local estaba cheo, e cando Godflesh saíu ao escenario a súa caixa de ritmos fallou e a banda non continuou.[19][20] Tras conseguir unha caixa de ritmos nova, Broadrick e Green programárona apresuradamente para ter listas catro cancións para o seu terceiro concerto no Channel en Boston.[19] A pesar desa dificultades inciciais, o rest da xira marchou ben e Godflesh tivo unha recepción sorprendentemente positiva.[4] Slavestate publicouse en xullo, despois de rematar a xira. En agosto e outubro de 1991 tanto Broadrick como Green foron convidados a gravar Buried Secrets (1992), en EP de Painkiller.[21]
Cos éxitos de Streetcleaner, Slavestate, unha actuación como abreconcertos para Nirvana e a xira Grindcrusher,[4][22][23] Godflesh comezou a traballar no seu segundo álbum, desta vez sen Neville, que preferiu centrarse no seu outro proxecto, Cable Regime, no que Broadrick traballaba habitualmente como produtor.[24] Para enche o oco Robert Hampson, de Loop, foi invitado a tocar na metade dos temas do novo traballo e de Cold World (1991), un EP gravado nas mesmas sesións.[25] O álbum Pure editouse en 1992 a través de Earache e dende entón ten sido recoñecido como un importante lanzamento do xénero post-metal.[26] Musicalmente Pure era incluso máis mecánico que Streetcleaner, enfatizando aínda máis a caixa de ritmos e cunha produción que aumentou a percusión cunha atmosfera escura e sombría.[27] A pesar de que os experimentos de Godflesh máis abertos co hip hop e os breakbeats ocorreron posteriormente na súa carreira, Pure conta con elementos dos dous enterrados baixo os quexidos de guitarra, os berros e a batería agresiva e repetitiva.[28] O álbum continúa a súa experimentación con estruturas de cancións atípicas na súa conclusión,[29] "Pure II", unha peza de ambiente drone de 20 minutos cun ritmo somerxido que, como dixo Ned Raggett de Allmusic, "golpea como un canón distante".[28]
A pesar da insatisfacción de Broadrick coa mestura de Pure por non ser "o suficientemente pesado",[30] moitos críticos consideran ao álbum como implacable;[28][31] nunha recensión positiva, Mike Gitter de Spin escribiu que "Hiroshima fora probablemente máis divertido [ca Pure]". Para promocionar o álbum Goddflesh planeou ser abreconcertos de Ministry noutra xira por América do Norte, pero no seu lugar acabaron por abrir os concertos da banda de electro-industrial Skinny Puppy na súa xira do Last Rights (1992).[32] Novamente debido a problemas cos permisos de entrada aos Estados Unidos, Godflesh viuse forzada a cancelar varias datas; posteriormente regresarían como cabezas de cartel para realizar os concertos cancelados.[20] Broadrick diría posteriormente que esa época da banda enténdese como "a representación máis honesta do que Godflesh propuxo alcanzar".[33]
Despois dun anos de moi pouca actividade en 1993, varios selos contactaron con Godflesh.[34] Segundo Broadrick, Danny Goldberg de Atlantic Records invitounos a Londres e expresoulles o seu desexo de facerse coa banda.[34] Sobre ese período Broadrick dixo, "Realmente pensaban que Godflesh podería ser o seguinte Nine Inch Nails e que íamos encher putos estadios. Os rumores na época eran ridículos. Obviamente superaban as vendas. Era todo un hype".[34] Finalmente a banda acabou fichando con Columbia para o lanzamento do EP Merciless en 1994, o título do que fora unha canción de Fall of Because. Outro EP, Messiah, gravouse durante esas sesións,[35] pero non foi distribuído a grande escala ata o seu lanzamento en 2003 por parte de Relapse Records. Posteriormente en 1994 a banda publicou o seu terceiro álbum, Selfless, que representou un cambio no son do grupo cunha produción máis puída e un maior enfoque cara aos riffs tradicionais do heavy metal.[36][37] A pesar de ser o disco máis vendido da banda cunhas 1800 000 copias despachadas, Selfless considerouse unha decepción comercial.[4] Isto unido á prohibición do primeiro vídeo musical importante de Godflesh levou ao final da súa colaboración con Columbia.[38][39]
Sentíndose abandonada tras ser expulsados abruptamente de Columbia, Godflesh atopouse perdida brevemente en 1995.[40][41] No ano seguinte a banda regresou a Earache e creou o seu cuarto álbum de estudio, Songs of Love and Hate, cos primeiros temas de Godflesh feitos cun batería humano dende os seus tempos de Fall of Because;[42] Bryan Mantia de Praxis sería o encargado de proporcionar a agresividade dunha batería non mecánica.[42] Broadrick cre que Songs of Love and Hate marcou o punto onde Godflesh perdeu de vista o seu obxectivo orixinal e comezou a facer música "autoconsciente".[43] Cando chegou o momento da xira de promoción do álbum en 1996 Mantia uniuse a Primus, e Godflesh recrutou a Ted Parsons de Prong e Swans para encargarse da xira no seu lugar. Xunto coa continuación do disco, o lanzamento de remesturas Love and Hate in Dub (1997), Songs of Love and Hate afastouse das raíces industriais de Godflesh cara a experimentación co formato convencional de verso-estribillo, o hip hop, o dub e o drum and bass.[44] O álbum de mesturas foi promocionado cun único concerto o 4 de outubro de 1997 en The Garage, Londres, onde Broadrick operou unha mesa de mesturas, Steve Hough tocou a guitarra, Green o baixo e Diarmuid Dalton apoiou á banda cun sintetizador Moog.[45]
Esta experimentación continuou e incrementouse co seguinte álbum de Godflesh, Us and Them (1999). Mentres que a percusión ao vivo foi desbotada en favor de máquinas, en Us and Them o grupo foi aínda máis lonxe no uso de electrónica e son drum-and-bass.[46] Broadrick admitiu rapidamente que "odiaba" o álbum e que se trataba dunha "crise de identidade".[47][48] Posteriormente dixo que revisou os seus pensamentos e que esaxerara o seu odio con respecto ao disco a pesar de que aínda tiña problemas con el.[49] Pouco despois do lanzamento de Us and Them en 1999, Godflesh comezou a traballar nun álbum de remesturas, Us and Them in Dub.[50][51] Aínda que este traballo nunca chegou a editarse, dous dos seus temas apareceron no recompilatorio de 2001 In All Languages. Tamén en 1999 publicouse Life Is Easy, un álbum que recompilaba as gravacións de Godflesh como Fall of Because.
Tras o lanzamento do dobre álbum recompilatorio In All Languages, Godflesh publicou o seu sexto álbum de estudio, Hymns (2001), a través de varios selos. No traballo Godflesh volveu a utilizar un batería humano; Parsons regresou para gravar a percusión e, segundo Broadrick, para proporcionar a inspiración que a banda precisaba para continuar.[49] Hymns marcou un cambio dramático afastándose da recente experimentación de Godflesh e movéndose no seu lugar cara ao heavy metal, co só uns poucos temas revelando influencias hip hop ou electrónicas;[52] Broadrick quería que Hymns fose máis un álbum de rock que calquera outro dos lanzamentos de Godflesh.[53] O álbum gravouse nun estudio profesional e un produtor externo ao grupo encargouse de suprevisar o proceso, dúas novidades para Godflesh que Parsons cría que eran erros.[54][55] A pesar de recibir recensións positivas, o produto final de Hymns non foi do agrado de Broadrick, tanto que o restaurou a un estado semellante ao das demos nunha reedición en 2013. Coa banda desanimada pola produción problemática de Hymns e temendo unha futura xira, o futuro de Godflesh non estaba claro.
En outubro de 2001, o mesmo mes da edición de Hymns, Broadrick recibiu unha chamada de Green xusto dúas semanas antes de que Godflesh comezase unha xira con Strapping Young Lad e Fear Factory.[49] Na chamada Green expresou frustración por ter que abrir para dúas bandas novas a pesar de levar na industria musical dende 1982, ademais de por ter sido forzados a realizar unha xira para promocionar un álbum que fora manipulado dende fóra. Green deixou entristecido Godflesh para regresar á universidade.[49] Para facer fronte á marcha do seu amigo, Broadrick dedicou todos os seus esforzos para manter a banda. Rapidamente anunciouse que Green sería substituído polo antigo baixista de Killing Joke e Prong Paul Raven.[56] Aínda que a esta configuración de Godflesh ocorréronselle ideas para un novo álbum de estudio, Broadrick foi sempre consciente de que o álbum nunca chegaría.[48] Non moito despois de que esta encarnación de curta vida de Godflesh realizase un feixe de concertos nos que Broadrick dixo que "se sentira completamente equivocado",[57] el experimentou unha crise nerviosa o día anterior de iniciar outra xira por América do Norte, desta vez con High on Fire e Isis.[58][59] Broadrick recordou a crise como "un momento Brian Wilson real"[60] e dixo, "Sentinme paralizado polo estrés, que se fora acumulando ao longo de varios meses, e literalmente non podía saír da cama. Quedei entumecido e non me podía mover, polo que cando o coche chegou para recollerme e levarme ao aeroporto, corrín e escondínme na casa doutro amigo en Birmingham".[61] Todos os concertos canceláronse,[58] e Godflesh separouse oficialmente o 10 de abril de 2002.[62]
A xira cancelada causoulle moitos problemas a Broadrick; a súa relación de 13 anos coa súa moza rematou,[63] e un condutor de autobús que fora contratado para a xira ameazouno de morte. Nun momento de pánico, Broadrick volveu a hipotecar a súa casa e conseguiu uns 35 000 dólares para pagar ao condutor e a todos os que se viron afectados pola cancelación.[61] Broadrick, nun momento baixo da súa vida, tiña pouco que facer pero traballou en música nova e diferente. Sobre ese período posteriormente dixo, "O meu único consuelo, a miña única vía de escape nese momento foi gravar o primeiro álbum de Jesu".[49] "Jesu", o último tema de Hymns e, ata 2014, a última canción orixinal de Godflesh, remataba cunha pasaxe oculta de infrecuente tranquilidade e melodicismo. O seguinte proxecto de Broadrick, Jesu, adoptou un son shoegaze e o seu primeiro EP, Heart Ache, foi publicado en 2004. No material promocional de Heart Ache, había unha mensaxe de Broadrick que dicía, "Godflesh está morto, longa vida a Jesu".
Despois da disolución de Godflesh, Broadrick e Green raramente falaron.[64] Aínda que non houbo ningún enfrontamento entre os dous membros Broadrick asumiu que o proxecto estaba morto, crendo que o interese de Green desaparecera.[64][65] Porén, en 2009 Broadrick decidiu achegarse a Green e ofrecerlle unha reforma, algo que os promotores levaban buscando moito tempo. Green respondeu á chamada de Broadrick ás poucas horas dicindo que estaría encantado de facelo.[64] Os dous membros puxéronse rapidamente de acordo en que o máis importante para a integridade da reunión era que deberían regresar a usar unha caixa de ritmos como percusión.[65]
En novembro de 2009 a reunión fíxose pública cando Godflesh anunciou que actuarían no Hellfest Summer Open Air de 2010 en Clisson, Francia.[66] Cando lle preguntaron nunha entrevista en febreiro de 2010 sobre o futuro da banda, Broadrick respondeu, "Godflesh non se compromete agora a nada agás ao Hellfest. Non estou seguro cara onde iremos a partir dalí, se imos a algures".[67] Broadrick tamén revelou que a probabilidade de lanzar material novo era "bastante mínima", pero que esa posibilidade aínda existía;[67] aínda que máis tarde, en 2014, insistiu que "en última instancia, todo o tema da reforma era fundamentalmente sobre querer facer música nova".[48] O 18 de xuño de 2010 Godflesh actuou por vez primeira dende 2001 no Hellfest. O concerto estivo cheo de dificultades técnicass, rematando despois de corenta minutos en vez de tocar os sesenta planeados.[68] A pesar da frustración da actuación de regreso, Godflesh continuou tocando en festivais durante 2010 e 2011,[69] incluído un concerto no festival Roadburn en Tilburg, Países Baixos, no 2011, onde interpretaron na súa totalidade o seu primeiro álbum, Streetcleaner.[70] Este concerto foi lanzado posteriormente como o priemiro álbum ao vivo da banda en 2013.[71]
En decembro de 2010 Broadrick revelou á revista Decibel que Godflesh estaba montando gradualmente novas ideas para un álbum de estudio.[72] Explicou, "é algo que discutimos todo o tempo, e eu teño anacos de material. Pero é algo que aínda temos que desenvolver realmente. Sería bastante doado eliminar de oito a dez temas e publicar o máis rapidamente posible para capitalizar a popularidade do grupo, pero se sentiría completamente equivocado".[72] En 2011 Godflesh (xunto con Black Sabbath, Napalm Death, Judas Priest e Led Zeppelin) foi recoñecida polo proxecto de arquivo baseado no Reino Unido Home of Metal contribuínte importante ao xénero heavy metal.[14] Tras conseguir este galardón Broadrick continuou confirmando a existencia dun novo álbum de Godflesh ao longo de 2012, dicíndo que porbablemente sería editado en 2013 tras un novo EP. En 2013 a banda publicou a súa primeira gravación nova en máis de 12 anos, unha versión do tema de Slaughter "F.O.D. (Fuck of Death)", a través da serie de flexi discs da revista Decibel.[73] O flexi disc incluíuse no número de novembro da revista.[74] Posteriormente nese mesmo ano Godflesh interpretou a totalidade de Pure no Roadburn, contando con Hampson á guitarra en parte do concerto.[75][76] En 2014 Broadrick dixo que disolver Godflesh fora a mellor cousa que nunca fixera e afirmou que o seguinte álbum era o seu favorito despois do Selfless de 1994.[77][78][48]
Dende 2012 ata 2014 Godflesh estivo no estudio privado de Broadrick traballando no seu sétimo álbum.[79] O proceso foi lento debido ao compromiso de Broadrick de realizar un álbum de Godflesh axeitado, en vez dunha explotación oca da atención dos medios de comunicación tras a reforma da banda.[80] Tras un longo proceso de revisión desas sesións de gravación xurdiron o EP Decline & Fall e o álbum A World Lit Only by Fire,[81] nos cales Broadrick interpretaba unha guitarra de oito cordas.[82] O disco foi o primeiro da banda en entrar nas listas estadounidense[83] e foi aclamado pola crítica,[84] mostrando eloxios polo seu peso extremo e loubándoo como o retorno ideal para Godflesh.[85] Musicalmente Broadrick dixo que A World Lit Only by Fire era máis semellante a Streetcleaner e a Pure, e Green engadiu que estaba "espiritualmente" preto deses primeiros lanzamentos.[86] Sobre o son do álbum Broadrick dixo, "é extremadamente mínimo e moi, moi brutal - un disco bastante implacable, creo".[86] Decline & Fall e A World Lit Only by Fire era pesado, distorsionado, e conducido por riffs, o que Broadrick viu como un regreso á simplicidade directa da forma orixinal de Godflesh.[87] Todo o proceso de gravación e edición do disco foi realizado pola propia banda a través do selo de Broadrick, Avalanche Recordings.[88]
Tras varias xiras de promoción de A World Lit Only by Fire e un intento fallidode lanzamento dun álbum de remesturas con Parsons proporcionando baterías adicionais,[64] Godflesh regresou ao estudio en 2016 para a gravación dun novo traballo.[89] Post Self, o oitavo álbum de estudio da banda, publicouse o 17 de novembro de 2017, pouco despois doutro concerto onde tocaron enteiramente Streetcleaner.[90] A deferenza de A World Lit Only by Fire que se centrou máis en facer un regreso explosivo, Post Self é máis introspectivo e depresivo.[91] A meirande parte dos riffs tradicionais foron eliminados en favor de atmosferas, ruído e experimentación.[92] Post Self recíbíu amesma aclamación que o seu predecesor,[93] e os dous discos apareceron nas listas dos mellores discos do ano de varias publicacións.[94][95] Tras o lanzamento de Post Self, Broadrick evitou as entrevistas, esperando darlle aos oíntes tempo para formarse as súas propias opinións sobre a música e reter algunha da "mística" do álbum.[96] Godflesh embarcouse en varias xiras breves e tocou nun feixe de festivais, icluída a edición de 2018 do Roadburn onde interpretaron todo o Selfless ao vivo por vez primeira.[97] Broadrick pasou un mes reprogramando a percusión do álbum dende cero xa que as partes orixinais de batería xa non existían. Nunha entrevista coa revista francesa New Noise, Broadrick dixo que Selfless era o úntimo álbum de Godflesh que quería tocar na súa totalidade.[98]
O álbum recompilatorio Long Live the New Flesh publicouse en xullo de 2021. O disco conta con case todo o material de estudio da banda dende a súa reunión en 2010.[99] Unha versión dixital máis curta, New Flesh in Dub Vol 1, que comprende a maioría das remesturas da era da reforma de Godflesh xunto con dous temas inéditos das sesións de Post Self, foi lanzado antes da compilación completa.[100]
Godflesh comezou a traballar nun novo álbum en xaneiro de 2022, e o álbum ao vivo que documentaba a actuación de Pure no Roadburn 2013, titulado Pure : Live, foi lanzado en novembro dese ano.[101][102] O noveno álbum de estudo da banda, Purge, foi lanzado en xuño de 2023,[103] precedido polo sinxelo "Nero".[104]
Formación presente
Antigos membros
|
Antigos membros de xira
|
Liña de tempo
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Streetcleaner | 1989 | Earache Records |
Pure | 1992 | Earache Records |
Selfless | 1994 | Earache Records, Columbia Records |
Songs of Love and Hate | 1996 | Earache Records |
Us and Them | 1999 | Earache Records |
Hymns | 2001 | Music for Nations |
A World Lit Only by Fire | 2014 | Avalanche Recordings |
Post Self | 2017 | Avalanche Recordings |