![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1966 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, actriz de teatro ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
María Pujalte Vidal, nada na Coruña o 22 de decembro de 1966, é unha actriz galega.
Estudou cunha bolsa de estudos da Deputación da Coruña un curso de interpretación na Scuola dell'Attore Cómico en Reggio Emilia de Italia e outro en Madrid.
Realizou tamén estudos de canto, interpretación e expresión corporal.
Pertenceu ó Centro Dramático Galego (CDG) e ós grupos teatrais Moucho Clerc e Compañía de Marías, do que é cofundadora xunto coa súa amiga, a tamén actriz galega María Bouzas.
Ademais de como actriz, tamén traballou como presentadora de televisión. En 2003 conduciu a gala dos Premios Max de teatro, celebrada en Vigo xunto coas tamén actrices galegas María Bouzas e Berta Ojea e o actor Serxio Pazos.
A pesar da súa extensa filmografía, o papel que a fixo popular para o gran público foi o de Mamen na serie de televisión Periodistas, e máis tarde o de Mónica en Siete Vidas.
Actriz comprometida, María Pujalte participou en manifestacións contra a guerra de Iraq e formou parte ó igual que moitos outros actores galegos da plataforma Nunca Máis contra o desastre do Prestige.
En 2005 participou no acto de celebración da toma de posesión do presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, coa lectura de varios poemas. O mesmo ano foi pregoeira das festas de María Pita da súa cidade natal, A Coruña.
En 2009 regresa á televisión para protagonizar a serie de misterio en ton de comedia emitida en TVE 1 chamada Los misterios de Laura.[1]
En 2019 é unha das protagonistas da coprodución televisiva (TVE e Movistar+) Merlí: Sapere aude[2], continuación da serie Merlí (TV3) , as dúas emitidas, ademais, en Netflix. A actriz coruñesa encarna a personaxe da profesora de Ética -na facultade de Filosofía- María Bolaño.
Ano | Título | Personaxe | Canle | Notas |
---|---|---|---|---|
1995 | Farmacia de guardia | Clienta | Antena 3 | 1 episodio |
1997 | Los negocios de mamá | Lucrecia | La 1 | 1 episodio |
1998 - 2001 | Periodistas | Mamem Tébar | Telecinco | 102 episodios |
2004 - 2006 | 7 vidas | Mónica Olmedo | 35 episodios | |
2008 | Martes de carnaval | La daifa | La 1 | 1 episodio |
2009; 2011; 2014 | Los misterios de Laura | Laura Lebrel del Bosque | 32 episodios | |
2011 | Los Quién | Susana Zunzunegui Santamaría | Antena 3 | 13 episodios |
2016 | Web Therapy | Valeria Collado | #0 | 1 episodio |
2019 | Vota Juan | Macarena Lombardo | TNT España | 8 episodios |
2019; 2021 - presente | Toy Boy | Carmen de Andrés | Antena 3 | 19 episodios |
2019 - 2021 | Merlí: Sapere aude | María Bolaño | Movistar+ | 16 episodios |
2020 | Vamos Juan | Macarena Lombardo | TNT España | 7 episodios |
2021 | 3 caminos | Madre Clara | Prime Video | 1 episodio |
2021 - presente | Venga Juan | Macarena Lombardo | HBO España | 7 episodios |
2022 | Los misterios de Laura | Laura Lebrel del Bosque | La 1 | Telefilme |