Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1884 Bielefeld, Imperio alemán |
Morte | 1943 Auschwitz, III Reich |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | alemá |
Formación profesional | Medicina (incompletos) Doutor en Ciencias Naturais |
Educación | Universidade Albert Ludwig de Friburgo Universidade de Bonn |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía |
Ocupación | herpetólogo |
Empregador | Museo Zoolóxico da Universidade Humboldt de Berlín Museo Senckenberg de Frankfurt |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Sternfeld |
Familia | |
Cónxuxe | Else Blum, Lotte Brühl [1] |
Richard Sternfeld, nado o 8 de febreiro de 1884 en Bielefeld e finado en 1943 en Auschwitz, foi un herpetólogo xudeu-alemán.
É coñecido porque describiu máis de corenta especies de anfibios e réptiles, especialmente das colonias de África e do Pacífico do Imperio alemán (nas actuais Tanzania, Camerún, Togo, Namibia e Papúa Nova Guinea).
Sternfeld era fillo dun comerciante de Bielefeld, na actual Renania do Norte-Westfalia. Estudou o bacharelato nun Gymnasium (Instituto) da súa cidade natal.[1]
En 1903 entrou na Universidade Albert Ludwig de Friburgo para estudar Medicina, pero cambiou para estudar Ciencias Naturais na Universidade de Bonn. En 1907 volveu a Friburgo, para obter o Doutoramento, cunha tese sobre a bioloxía dos efemerópteros, baixo a guía do biólogo evolucionista August Weismann.[1]
O primeiro emprego de Sternfeld foi co herpetólogo Gustav Tornier no Museo Zoolóxico da Universidade Humboldt de Berlín. Alí traballou sobre a herpetofauna das colonias alemás de África e do Pacífico, producindo 26 artigos en 6 anos e medio.
En 1913 Sternfeld, que estaba casado con Else Blum, trasladouse ao Museo Senckenberg de Frankfurt como asistente zoolóxico, onde dirixiu o departamento de herpetoloxía,[1] para substituír o herpetólogo Philipp Lehrs, e ampliou a súa área xeográfica de interese para incluír a África Central, o Xapón, Australia, as illas do Pacífico e América do Sur.
Durante a primeira guerra mundial foi chamado ao servizo, servindo ao seu país en Macedonia.[2] Despois da guerra, Sternfeld enfrontouse co director do Instituto Entomolóxico Alemán Senckenberg e foi despedido a finais de 1920 despois de que tentase sindicalizar ao persoal do Museo. O seu substituto foi Robert Mertens, posibelmente o maior herpetólogo alemán do século XX.[1]
Sternfeld non puido realizar investigacións despois da súa saída do Museo Senckenberg. A partir de 1923 traballou como reporteiro de carreiras de cabalos para o xornal alemán Sportwelt. Converteuse nun experto líder na cría das puras razas de cabalos en Alemaña. En marzo de 1937, Sternfeld perdeu este traballo por mor da súa ascendencia xudía.[1]
Sternfeld viviu coa súa segunda esposa Lotte en Berlín até 1939. Lotte Sternfeld, de solteira Brühl, fora mestra e traballara na escola primaria privada da comunidade xudía até que todas as escolas xudías de Alemaña pecharon o 30 de xuño de 1942. Nese ano tivo que mudarse coa súa muller e a súa irmá Anna Brühl a unha chamada Judenhaus de Berlín. Sternfeld, a súa muller e a súa irmá solicitaran un visado para a India en 1940. Con todo, non puideron saír. Desde marzo de 1941, Richard Sternfeld foi obrigado a realizar traballos forzados en Berlín. O 27 de febreiro de 1943 foi detido durante a chamada Acción da Fábrica e deportado a Auschwitz o 1 de marzo de 1943, onde foi asasinado máis tarde ese ano.[1]
Entre os anos 1908 e 1925, Sternfeld describiu 42 especies de serpes e lagartos e cinco especies de ras que aínda se recoñecen na actualidade, aínda que só sete dos réptiles conservan os seus nomes orixinais. A lista de especies senaladas a continuación comeza co nome actualmente aceptado, seguido do nome orixinal de Sternfeld (algúns foron clasificados como subxéneros). As subespecies indícanse mediante nomes trinomiais, e unha variedade indícase por "var ".
1908
1910
1911
1912
1913
1917
1918
1919
1920
1925
En 1912 Sternfeld describiu un novo xénero de lagartos da familia dos lacértidos, Adolfus, endémico da África subsahariana.[3][4]
En 1912 Sternfeld publicou a súa obra máis coñecida, un libro sobre a herpetofauna centroeuropea titulado Die Reptilien und Amphibien mitteleuropas.[5]
Sternfeld escribiu aproximadamente 35 artigos herpetolóxicos, algúns bastante extensos, durante a súa carreira no Museo e inmediatamente despois, incluíndo:
Só dúas especies descritas en homenaxe a Richard Sternfeld son recoñecidas hoxe:
A abreviatura Sternfeld emprégase para recoñecer a Richard Sternfeld como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Richard Sternfeld |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Richard Sternfeld |