Xaime de Borbón e Battenberg

Modelo:BiografíaXaime de Borbón e Battenberg

(1935) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Jaime de Borbón y Battenberg Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jaime Leopoldo Isabelino Enrique Alejandro Alberto Alfonso Víctor Acacio Pedro Pablo María de Borbón y Battenberg Editar o valor en Wikidata
23 de xuño de 1908 Editar o valor en Wikidata
La Granja de San Ildefonso, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de marzo de 1975 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Sankt Gallen, Suíza Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecaída de altura Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón de Infantes Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloInfante de España
Duke of Segovia (en) Traducir
Duque de Anjou Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Borbón Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCharlotte Tiedemann (1949–)
Emmanuelle de Dampierre (1935–) Editar o valor en Wikidata
FillosAfonso de Borbón e Dampierre
 () Emmanuelle de Dampierre
Prince Gonzalo de Bourbon
 () Emmanuelle de Dampierre Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso XIII de España Editar o valor en Wikidata  e Vitoria Uxía de Battenberg Editar o valor en Wikidata
IrmánsAfonso de Borbón e Battenberg
Beatriz de Borbón e Battenberg
María Cristina de Borbón e Battenberg
Xoán de Borbón e Battenberg
Gonzalo de Borbón e Battenberg Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1179562 WikiTree: Bourbon-90 Find a Grave: 22995653 Editar o valor en Wikidata

Xaime de Borbón e Battenberg, nado en La Granja, Segovia, o 23 de xuño de 1908 e finado en Sankt Gallen, Suíza, o 20 de marzo de 1975, foi infante de España e duque de Segovia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Segundo dos fillos do rei Afonso XIII e Vitoria Uxía, naceu no Palacio Real de La Granja de San Ildefonso (Segovia).

O infante quedou xordo aos catro anos de idade tras unha intervención cirúrxica por unha dupla mastoidite.

En 1921 o seu pai nomeouno cabaleiro da Insigne Orde do Vélaro de Ouro[1] e, por senllos Reais Decretos de 7 de decembro de 1925, concedeulle o Colar da Real e Distinguida Orde Española de Carlos III e a Gran Cruz da Real Orde de Isabel a Católica.[2] Seis anos despois, o 2 de febreiro de 1931, Afonso XIII tamén lle entregou o Colar desta última orde e, o 2 de marzo daquel ano foi investido Comendador Maior vacante da Orde de Calatrava, da que xa era cabaleiro desde 1928.

Tivo que abandonar España sendo moi xove ao proclamarse en 1931 a II República.

Ao renunciar aos seus dereitos sucesorios o seu irmán máis vello Afonso para casar cunha muller que non pertecía á realeza, o seu pai tamén lle pediu a Xaime que fixese o mesmo; este aceptou a petición paterna e renunciou o 23 de xuño de 1933. Afonso XIII non o consideraba capacitado, ao ser xordo, para poder ocupar o trono en caso de que a monarquía se restaurase en España. Desde entón utilizoi o título de duque de Segovia.

En 1941, os lexitimistas franceses consideraron a Xaime como xefe da Casa de Borbón e pretendente ao trono de Francia. Os seus partidarios coñcérono como Henrique VI de Francia e Navarra.[3]

Xaime casou o 4 de marzo de 1935, na igrexa de Santo Ignacio de Loiola de Roma, con Emanuela de Dampierre e Ruspoli (1913-2012), filla do nobre francés Roger de Dampierre e Carraby (1892-1975), vizconde de Dampierre, duque pontificio de San Lorenzo Nuovo e nobre de Viterbo, e da súa primeira esposa, a princesa italiana Vittoria Ruspoli de Poggio Suasa (1892-1982).[4]

Tiveron dous fillos:

Xaime e Emanuela de Dampierre divorciáronse o 4 de maio de 1947 en Bucarest, Romanía (o divorcio foi recoñecido polo Tribunal de Apelación de Turín o 3 de xuño de 1949, pero non, obviamente, en España).

O 3 de agosto de 1949, Xaime de Borbón casou civilmente en Innsbruck cunha cantante de ópera, Charlotte Luise Auguste Tiedemann (1919-1979), filla de Otto Eugen Tiedemann e Luise Amalia Klein. Charlotte era dúas veces divorciada (de Franz Büchler e de Fritz Hippler), e era nai dunha filla, Helga Charlotte Hippler.

O 6 de decembro de 1949, Xaime de Borbón intentou que a súa renuncia aos dereitos de sucesión ao trono de España fose invalidada, opoñéndose a que o seu irmán Xoán de Borbón fose considerado o xefe da Casa Real.

O 3 de maio de 1964 tomou o título de duque de Madrid como xefe da rama carlista da sucesión española, sendo recoñecido como rei Xaime IV de España polo grupo de carlistas que non apoiaban a reclamación de Xavier de Borbón-Parma, despois de que Afonso Carlos, duque de San Jaime morrera en 1936.[5]

Pero o 19 de xullo de 1969, Xaime de Borbón renunciou definitivamente a continuar reclamando os seus posíbeis dereitos dinásticos, cando o príncipe Xoán Carlos foi designado sucesor polo ditador Francisco Franco, ao solicitarlle este xesto o seu fillo Afonso.

Porén, algúns anos despois tratou de que o ditador nomeara sucesor ao seu fillo (que casara coa neta de Franco) e apartara da sucesión á xefatura de Estado a Xoán Carlos.

Xaime de Borbón morreu no Hospital Cantonal de Sankt Gallen, Suíza, o 20 de marzo de 1975. Dez anos despois, o rei Xoán Carlos I ordenou o traslado dos seus restos ao Mosteiro de El Escorial.

Filmografía sobre a súa persoa

[editar | editar a fonte]

Durante a segunda quincena de setembro de 2010, a canle de televisión española Telecinco emitiu un biopic sobre a vida de Afonso de Borbón e Dampierre —un dos fillos de Xaime de Borbón— en dous capítulos, titulado Alfonso, el príncipe maldito. O papel de Xaime foi interpretado polo actor Pedro Miguel Martínez.[6]

Distincións honoríficas

[editar | editar a fonte]

Árbore xenealóxica

[editar | editar a fonte]
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Infante Francisco de Paula de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
8. Francisco de Asís de Borbón, rei consorte de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Princesa Luísa Carlota de Borbón-Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
4. Afonso XII, rei de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Fernando VII, rei de España
 
 
 
 
 
 
 
9. Isabel II, raíña de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Princesa María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias
 
 
 
 
 
 
 
2. Afonso XIII, rei de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Arquiduque Carlos de Austria-Teschen
 
 
 
 
 
 
 
10. Arquiduque Carlos Fernando de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Princesa Henriqueta de Nassau-Weilburg
 
 
 
 
 
 
 
5. Arquiduquesa María Cristina de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Arquiduque Xosé Antonio de Austria, Palatino de Hungría
 
 
 
 
 
 
 
11. Arquiduquesa Isabel Francisca de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Duquesa María Dorotea de Württemberg
 
 
 
 
 
 
 
1. Xaime de Borbón e Battenberg, duque de Segovia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Lois II, Gran Duque de Hesse-Darmstadt
 
 
 
 
 
 
 
12. Príncipe Alexandre de Hesse-Darmstadt
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Princesa Guillermina de Baden
 
 
 
 
 
 
 
6. Príncipe Henrique de Battenberg
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Conde Hans Moritz von Hauke
 
 
 
 
 
 
 
13. Condesa Xulia von Hauke, princesa de Battenberg
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Sophie Lafontaine
 
 
 
 
 
 
 
3. Princesa Vitoria Uxía de Battenberg
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Duque Ernesto de Saxonia-Coburgo-Gotha
 
 
 
 
 
 
 
14. Alberte de Saxonia-Coburgo-Gotha, príncipe consorte do Reino Unido
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Princesa Luísa de Saxonia-Gotha-Altenburgo
 
 
 
 
 
 
 
7. Princesa Beatriz do Reino Unido
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Eduardo, duque de Kent
 
 
 
 
 
 
 
15. Vitoria I, raíña do Reino Unido e de Irlanda e emperatriz da India
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Princesa Vitoria de Saxonia-Coburgo-Saalfeld
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Afonso de Borbón
e Habsburgo-Lorena

(Afonso XIII de España, como Afonso I)
Pretendente ao trono de Francia[15][16]

1941 - 1975
Sucesor:
Afonso de Borbón e Dampierre
(como Afonso II)
Predecesor:
Título de nova creación
Duque de Segovia
1933 - 1975
Sucesor:
Único posuidor, con carácter vitalicio
  1. Carta del grefier de la Orden del Toisón de Oro, Emilio de Palacios, al Infante Don Jaime, en que le comunica la decisión de Alfonso XIII de nombrarlo caballero de la Orden y los trámites que ha de seguir. Real Biblioteca. Consultado o 14 de agosto de 2014.
  2. Política nacional, ABC, 8 de decembro de 1925. Consultado el 14 de agosto de 2014.
  3. L'Institut de la Maison de Bourbon Consultada o 14 de agosto de 2014. (en francés)
  4. Fallece en Roma Emmanuella de Dampierre, abuela de Luis Alfonso de Borbón ABC Gente&Estilo, 03/05/2012.
  5. Bergamini, John D. (1974). The Spanish Bourbons: The History of a Tenacious Dynasty. New York, NY: Putnam. ISBN 978-0399113659. Consultado o 14 de agosto de 2013. 
  6. Alfonso, el príncipe maldito
  7. Geneall
  8. 8,0 8,1 Política nacional, ABC, 8 de decembro de 1925. Consultado o 14 de agosto de 2014.
  9. Boletín Oficial del Estado
  10. 10,0 10,1 "Órdenes Militares". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2014. Consultado o 14 de agosto de 2014. 
  11. Boletín Oficial del Estado
  12. Boletín Oficial del Estado
  13. Jørgen Pedersen: Riddere af Elefantordenen 1559–2009, Odense: Syddansk Universitetsforlag, 2009. ISBN 87-7674-434-5.
  14. Casa Real de Xeorxia. Historia de la Orden del Águila de Georgia y la Túnica Sin Costuras de Nuestro Señor Jesucristo Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
  15. Revista Hidalguía número 291 (en castelán)
  16. Royalty Who Wait: The 21 Heads of Formerly Regnant Houses of Europe (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Aranguren, Begoña (2003): Emanuela de Dampierre: memorias, esposa y madre de los Borbones que pudieron reinar en España. Madrid: La Esfera de los Libros. ISBN 84-9734-141-4.
  • Zavala, José M. (2006): Don Jaime, el trágico Borbón: la maldición del hijo sordomudo de Alfonso XIII. Madrid: La Esfera de los Libros. ISBN 84-9734-565-7.