Xunta Suprema Central

Cómpre non confundir esta Xunta coa Xunta Suprema de Goberno
Xunta Suprema Central
Tipopoder lexislativo, poder executivo e Xunta de Goberno
Data de fundación25 de setembro de 1808
SedeAranjuez
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]
Carlos IV.
Coas abdicacións de Baiona, Napoleón fíxose co trono de Carlos IV e de Fernando VII. Porén, a idea de que os Bonaparte querían transformar España nun estado máis parecido ao francés levaron a un rei con apenas experiencia a converterse en «O Desexado» por parte do pobo español.

A Xunta Suprema Central foi un órgano de goberno formado o 25 de setembro de 1808 que acumulou os poderes executivo e lexislativo españois durante a ocupación napoleónica de España.

Nela había representantes das Xuntas que se formaran nas provincias españolas como, entre outras, a que se formou na provincia de Sevilla o 27 de maio de 1808, que se chamou nun comezo Xunta Suprema de España e Indias, ou na da Coruña que o 5 de xuño do mesmo deu lugar á Xunta Suprema do Reino de Galicia. Ambas as dúas tiveron un papel moi importante na resistencia militar do sur e o noroeste de España, respectivamente, así como na comunicación con Inglaterra e coas colonias americanas.

A Xunta Suprema Central pasaría a chamarse en 1810 Consello de Rexencia de España e Indias.

Invasión napoleónica da Península Ibérica

[editar | editar a fonte]

O Tratado de Fontainebleau

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Tratado de Fontainebleau.
Repartición de Portugal segundo o tratado de Fontainebleau.

En 1806, tras fracasar no seu intento de invasión de Gran Bretaña, Napoleón decreta o Bloqueo Continental, que prohibía o comercio de produtos británicos no continente europeo. Portugal, tradicional aliado de Inglaterra, négase a acatalo, polo que Napoleón decide a súa invasión. Para iso necesita transportar alí as súas tropas terrestres.

O 27 de outubro de 1807, na cidade francesa de Fontainebleau, o ministro plenipotenciario de España, o conselleiro de Estado e Guerra Eugenio Izquierdo, en nome e representación de Manuel Godoy, valido do rei de España Carlos IV, asina con Gérard Duroc, representante de Napoleón, o tratado de Fontainebleau, no que se acorda a invasión militar conxunta franco-española de Portugal para repartir este país entre Francia, España e o propio Godoy. Para iso, permitíase o paso por territorio español de 25.000 homes de infantaría e 3.000 de cabalaría do exército imperial francés.

Conforme ao tratado, unha vez invadido Portugal, este sería dividido en tres zonas:

En canto ás colonias, a súa división entre Francia e España adiábase para un acordo posterior.

A invasión de Portugal

[editar | editar a fonte]

Un corpo expedicionario francés, ao mando do xeneral Junot —que era tamén o comandante supremo do exército franco-español invasor— cruzaba, o 18 de outubro, o río Bidasoa, atravesaba España (non sen algún incidente), cruzaba a fronteira portuguesa por Alcántara o 20 de novembro e entraba en Lisboa, sen oposición ningunha por parte dos portugueses, o 30 de novembro.

Pola súa parte, o continxente español dividiuse en dúas partes: o exército do norte e o exército do sur. O do norte estaba formado polo exército de Galicia (uns 10.000 soldados) ao mando do seu Capitán Xeneral, Francisco de Taranco y Llano, ao servizo de Junot.[1][2] Pasaron o Miño e entraron en Portugal pola vila de Valença, ocupando en poucos días o norte do país e establecendo a súa base na cidade do Porto. O exército do sur entrou por Badaxoz e, de contado, chegou a Setúbal. Deste xeito quedaban fóra do territorio español as tropas máis operativas do seu exército.

O 19 de novembro, é dicir o día anterior á chegada de Junot a Lisboa, a familia real portuguesa, encabezada polo Príncipe Rexente, futuro Xoán VI, e outras quince mil persoas, saíran cara ao Brasil, onde quedaría fixada a Corte até 1821.

O 1 de febreiro, contravindo o pactado en Fontainebleau, Junot depuxo formalmente á dinastía de Braganza e ao Consello de Rexencia designado polo príncipe rexente, e proclamou o goberno de Napoleón sobre a totalidade do territorio.

O inicio da ocupación francesa de España

[editar | editar a fonte]

A presenza de tropas francesas en España, a pesar do establecido no tratado, seguiu aumentando, e o pobo comezou a observalas como algo ameazante, xa que en lugar de continuar transitando cara a Portugal foron ocupando, sen ningún apoio do tratado, diversas localidades e prazas fortes.

Así, o 22 de decembro entrou outro exército francés, liderado por Dupont, con 22.000 efectivos de infantaría e 3.500 de cabalaría, sen contar coa anuencia da Corte española (de Godoy) e, o 9 de xaneiro de 1808, un terceiro exército, ao mando de Moncey, con 25.000 efectivos de infantaría e 2.700 de cabalaría, cruzou a fronteira. A mediados de febreiro os franceses presentáronse en Pamplona e, ante a reticencia de cederlles a cidadela, tomárona por sorpresa o 16 de febreiro.

Por outro lado, entrou un exército dirixido por Duhesme, con 11.000 homes de infantaría e 1.700 de cabalaría, en dirección a Valencia, e baixo ameaza, e temendo as autoridades a inimizade francesa, entraron o día 13 en Barcelona e o 28 de febreiro na súa cidadela.

Coa autorización de Godoy, esta vez, o 5 de marzo entregouse San Sebastián, mentres que o 18 de marzo se rendeu a cidadela de Figueres. Ademais, en marzo, formouse un novo exército, de 19.000 homes, ás ordes de Bessières.

Por outra parte, o xeneral Joachim Murat, cuñado de Napoleón, entrou en España en marzo de 1808 co rango de lugartenente xeral do Emperador e comandante do exército de 50.000 homes que formaban l'Armée d'Espagne. Murat debía ocupar Madrid (onde actuou como gobernador da capital) e esperar as ordes de Napoleón. Pese a todo iso, víase ao emperador francés, polo menos nas esferas oficiais, como protector de España.

Crise da monarquía española

[editar | editar a fonte]

O motín de Aranjuez

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Motín de Aranjuez.
Manuel Godoy, Príncipe de la Paz.
Lois II de Etruria, Carlos Lois de Borbón-Parma.

Godoy, temeroso da presenza en España de 100.000 soldados franceses amigos, sen autorización, e sen saber cal era o seu verdadeiro obxectivo, decidiu trasladar á Familia Real a América, a exemplo do que fixera a portuguesa. A viaxe iniciouse o 13 de marzo encamiñándose cara a Aranjuez.

Os rumores de que proseguiría a viaxe dos reis o 17 ou o 18 de marzo, e as intrigas do Príncipe de Asturias Fernando e dun grupo de nobres que o apoiaban, desexosos de ver a Godoy fóra do goberno, puxo os ánimos alerta e, ante a confusión e alarma entre os empregados do palacio provocada pola saída de Pepita Tudó, unha turba de funcionarios procedeu ao saqueo da casa de Godoy. Novos tumultos producidos polo apresamento do valido levaron a Carlos IV a abdicar no seu fillo Fernando o 19 de marzo,[3] para así salvar a vida do seu favorito.

Tendo Murat noticias do acaecido en Aranjuez, acelerou a súa marcha e entrou en Madrid o 23 de marzo. Ao día seguinte fíxoo o novo rei Fernando VII, que recibiu a Murat como un aliado.

Véxase tamén: Reino de Etruria#Historia.

O emperador de Francia xa advertira que en España existía un claro baleiro de poder político, pois tanto Carlos como Fernando acudían a el para pedir apoio para ás súas respectivas pretensións, ao que hai que engadir a vantaxe militar que lle outorgaba a ocupación de numerosas prazas españolas polas tropas imperiais e a presenza das mellores tropas españolas en Portugal. Cando Napoleón recibiu as novas o 26 de marzo, dispúxose a facer o cambio de monarca en España. Ao día seguinte propúxolle ao seu irmán Lois a coroa, e o 2 de abril saíu de París en dirección a Baiona, aínda que Murat estendeu o rumor de que iría a Madrid.

En España, os reis pais permaneceron en Aranjuez e, vendo como cambiara o seu status, foron aconsellados e inducidos polos franceses para que protestaran, asegurando que a abdicación fora forzada,[4] decisión que o propio Murat apoiou, xa que deste xeito fomentaba a desunión da familia real e deslexitimaba ao novo rei.

As abdicacións de Baiona

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Abdicacións de Baiona.
O infante Antonio Pascual de Borbón, tío de Fernando VII, a quen este deixou de presidente da Xunta Suprema de España durante a súa ausencia en Baiona. (Museo do Prado).
O infante Carlos María Isidro de Borbón.
María Luísa de Parma, por Goya en 1789.
María Luísa de Borbón, raíña de Etruria.
Francisco de Paula de Borbón y Borbón-Parma, por Vicente López.
Manuel Godoy, retratado en 1792 por Francisco Bayeu.

A instancias de Murat, os reis pais trasladáronse ao Escorial o 9 de abril, aproximándoos así ao camiño de Francia. O trato que Murat reservaba ao novo rei Fernando VII era de total indiferenza, negándose a recoñecelo. O novo monarca, necesitado de apoios e recoñecemento internacional, proseguiu a política de estreitar lazos de amizade e alianza con Francia. Así, o 5 de abril mandou ao seu irmán Carlos ao encontro do emperador. Entre tanto, chegou a Madrid o xeneral Savary coa encarga de levar ao rei a un encontro con Napoleón quen, supostamente, ía de camiño a Madrid, para encontrarse con el en Burgos.

O 10 de abril, o rei, desexoso de contar co beneplácito de Napoleón, partiu de Madrid coa súa comitiva e dispuxo que, na súa ausencia, rexera o goberno unha Xunta Suprema de Goberno presidida polo seu tío o infante Antonio.[5] Á súa chegada a Burgos, o 12 de abril, non tivo noticias de Napoleón, e o xeneral Savary convenceuno de que proseguira viaxe a Vitoria, onde chegou o día 13.

Napoleón entrara en Baiona o 15 e, tendo noticias disto o infante Carlos, que estaba en Tolosa, tamén foi para aló. O xeneral Savary aseguroulle a Fernando que se ía a Baiona ao encontro con Napoleón, este non tería inconveniente en recoñecelo como rei de España e, engadindo isto ao apoio que encontrou no seu conselleiro Escóiquiz, Fernando partiu de Vitoria o 19 precedido pola cabalaría francesa, xa que un inmenso xentío enchía as rúas para impedir aquela viaxe. Finalmente, chegou a Baiona o 20, onde ninguén saíu a recibilo.

Mentres tanto Murat, despois de que saíra Fernando VII de Madrid, apertou á Xunta de Goberno para liberar a Godoy, levalo a Francia e influír así no ánimo dos reis pais. A excarceración tivo lugar o 20 de abril, debido ao temor da Xunta á reacción de Murat, e tamén ao convencemento de que con iso beneficiaría a causa do rei Fernando ante Napoleón. Godoy foi entregado aos franceses e chegou a Baiona o 26 de abril.

Murat, o día 16, comunicou á Xunta que o emperador Napoleón non recoñecía a outro rei que a Carlos IV, e que ía publicar unha proclama de Carlos IV na que indicaba que a súa abdicación fora forzosa. Porén, a Xunta respondeu que non se daría por enterada até que o propio Carlos llo comunicara, e pediu o secreto para dita resolución. En seguida, Murat púxose de acordo con Carlos IV quen desde o Escorial escribiu a Napoleón poñéndose nas súas mans, e ao seu irmán Antonio, presidente da Xunta, coa retractación da súa abdicación e a confirmación dos membros da Xunta Suprema tal e como a constituíra o seu fillo o rei Fernando VII.

Retractación da abdicación de Carlos IV
Señor mi hermano: V.M. sabrá sin duda con pena los sucesos de Aranjuez y sus resultas y no verá con indiferencia a un rey que, forzado a renunciar a la corona, acude a ponerse en los brazos de un grande monarca, aliado suyo, subordinándose totalmente a la disposición del único que puede darle su felicidad, la de toda su familia y la de sus fieles vasallos.

Yo no he renunciado a favor de mi hijo sino por la fuerza de las circunstancias, cuando el estruendo de las armas y los clamores de una guardia sublevada me hacían conocer bastante la necesidad de escoger la vida o la muerte...

Yo fui forzado a renunciar; pero he tomado la resolución de conformarme con todo lo que quiera disponer de nosotros y de mi suerte, la de la Reina y la del Príncipe de la Paz.[6]

Tanto pai como fillo demandaban de Napoleón axuda e apoio, e non cuestionaban a súa amizade; o primeiro, para recuperar o trono, e o segundo para lexitimar a súa posesión. Con este espírito emprenderon ambos os monarcas o camiño de Baiona. O 25 de abril, Carlos IV e a súa esposa, María Luísa de Parma, emprenderon viaxe a Baiona, a onde chegaron o 30 de abril, sendo recibidos e agasallados por Napoleón como os verdadeiros reis. A Fernando, recordémolo, non o recibira ninguén.

Tras un xantar con Napoleón o 20 de abril, o rei Fernando foi informado por Savary de que o emperador resolvera substituír os Borbóns pola familia Bonaparte, e Napoleón convenceu a Escóiquiz de que lle cedería o reino de Etruria e o casaría cunha princesa imperial a cambio da coroa española. Porén, as negociacións dilatáronse polo desexo de Napoleón de non empregar a violencia e de esperar aos reis pais, que chegaron o día 30.

Mentres, en Madrid, Toledo e Burgos crecía o descontento contra os franceses ante os rumores de que ía restaurar no trono a Carlos IV. En Madrid Murat facía ostentación das súas forzas, o que causaba a animadversión no pobo madrileño. O 1 de maio, a comitiva do gran duque de Berg foi asubiada polo pobo.

O seguinte —e transcendental— suceso provocouno unha misiva que Murat entregou á Xunta o 30 de abril, na que Carlos IV pedía a partida dos seus outros fillos: de María Luísa de Borbón, raíña de Etruria e o infante Francisco de Paula. Á primeira permitíuselle que obrara segundo a súa vontade, pero ao infante, tras negarse nun principio, autorizóuselle a saída para o 2 de maio. Corrido o rumor da partida, congregouse fronte ao palacio unha multitude que, ante a presenza do axudante de Murat, Auguste Lagrange, se enfureceu; a isto Murat respondeu sacando un batallón de soldados para dispersar aos manifestantes, o que provocou o levantamento de todo Madrid. Contido o levantamento, proseguiu a partida da familia real, o día 3, a do infante Francisco, e o 4 a do presidente da Xunta, o infante Antonio.

O 1 de maio en Baiona, Napoleón, despois de xantar cos reis pais e Godoy, citou a Fernando VII, ao que os seus pais, apoiados por Napoleón, meteron presión e ameazaron para que abdicase en favor de Carlos IV. Deste xeito, foille arrincada unha abdicación datada o 1 de maio e condicionada á reunión das Cortes en España, e sen presenza de Godoy. Pero Carlos IV rexeitou esta idea.

O 4 de maio chegou a Baiona un comisionado da Xunta Suprema, Evaristo Pérez de Castro Colomera, que lle comunicou ao rei Fernando as proposicións de actuación da Xunta, a resultas das cales o rei expediu dous decretos nos que afirmaba que se achaba sen liberdade, mandaba á Xunta que exercera en lugar seguro a plena soberanía no seu nome, e autorizaba a convocatoria de Cortes. Ese mesmo día o mariscal Duroc e Godoy, como plenipotenciarios, concluíron un tratado [7] polo que Carlos IV cedía a coroa de España a Napoleón;[8] por outro lado, ese mesmo día recibíronse as noticias do levantamento do 2 de maio en Madrid, e de novo Napoleón e os reis pais lle botaron a culpa do levantamento a Fernando e o ameazaron para que abdicara, cousa que fixo o 6 de maio.

Feitas xa as renuncias reais, faltaban as dos sucesores, que se levaron a cabo, mediante a xestión de Duroc e Escóiquiz, o 12 de maio en Bordeos, subscritas por Fernando, Carlos e Antonio. O infante Francisco de Paula non asinou dada a súa minoría de idade.[9] A raíña de Etruria seguiu a mesma sorte de seus pais e irmáns.

Ultimadas as renuncias e establecidas as pensións que recibirían, a familia real española foi internada no castelo de Valençay, no centro de Francia.

Abdicación definitiva de Carlos IV
He tenido a bien dar a mis amados vasallos la última prueba de mi paternal amor. Su felicidad, la tranquilidad, prosperidad, conservación e integridad de los dominios que la divina providencia tenía puestos bajo mi Gobierno, han sido durante mi reinado los únicos objetos de mis constantes desvelos. Cuantas providencias y medidas se han tomado desde mi exaltación al trono de mis augustos mayores, todas se han dirigido a tan justo fin, y no han podido dirigirse a otro. Hoy, en las extraordinarias circunstancias en que se me ha puesto y me veo, mi conciencia, mi honor y el buen nombre que debo dejar a la posteridad, exigen imperiosamente de mí que el último acto de mi Soberanía únicamente se encamine al expresado fin, a saber, a la tranquilidad, prosperidad, seguridad e integridad de la monarquía de cuyo trono me separo, a la mayor felicidad de mis vasallos de ambos hemisferios.
Así pues, por un tratado firmado y ratificado, he cedido a mi aliado y caro amigo el Emperador de los franceses todos mis derechos sobre España e Indias; habiendo pactado que la corona de las Españas e Indias ha de ser siempre independiente e íntegra, cual ha sido y estado bajo mi soberanía, y también que nuestra sagrada religión ha de ser no solamente la dominante en España, sino también la única que ha de observarse en todos los dominios de esta monarquía. Tendréis lo entendido y así lo comunicaréis a los demás consejos, a los tribunales del reino, jefes de las provincias tanto militares como civiles y eclesiásticas, y a todas las justicias de mis pueblos, a fin de que este último acto de mi soberanía sea notorio a todos en mis dominios de España e Indias, y de que conmováis y concurran a que se lleven a debido efecto las disposiciones de mi caro amigo el emperador Napoleón, dirigidas a conservar la paz, amistad y unión entre Francia y España, evitando desórdenes y movimientos populares, cuyos efectos son siempre el estrago, la desolación de las familias, y la ruina de todos.
Dado en Bayona en el palacio imperial llamado del Gobierno a 8 de mayo de 1808.
Yo el Rey.
Al Gobernador interino de mi consejo de Castilla.
Gazeta de Madrid, viernes 20 de mayo de 1808

Levantamento en España: o 2 de maio

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Levantamento do 2 de maio.
Monumento aos Heroes do Dous de Maio, inaugurado en Madrid en 1840.

O 2 de maio de 1808 ten lugar un levantamento popular e militar en Madrid contra os franceses, que se salda con fusilamentos masivos por parte das tropas napoleónicas o día seguinte. Neste contexto revolucionario xorden entre maio e xuño Xuntas en moitas capitais de provincia de España, cada unha cos seus exércitos, os seus depósitos de armas e de provisións e coas súas finanzas.

O afrancesamento do Consello de Castela, que aceptou nun primeiro momento o mandato de Napoleón Bonaparte, provocou conflitos ideolóxicos coas Xuntas, cuxo poder aumentaba á par do apoio do pobo, até que, finalmente, o Consello debeu resignarse a que foran estas, máis numerosas, as que ostentaran a soberanía. Pouco antes, o 10 de abril, constituírase unha Xunta Suprema de Goberno como representación do rei Fernando VII mentres durara a viaxe que emprendera a Francia. Porén, o poder efectivo quedara en mans de Joachim Murat, lugartenente en España e cuñado de Napoleón, que reducira á Xunta a un mero monicreque, simple espectador dos acontecementos.

O 27 de abril, Murat solicitou, supostamente en nome de Carlos IV, a autorización para o traslado a Baiona dos dous fillos deste que aínda quedaban na cidade, María Luísa, raíña de Etruria, e o infante Francisco de Paula. Aínda que a Xunta se negou nun principio, tras unha reunión na noite do 1 ao 2 de maio, e ante as instrucións de Fernando VII chegadas a través dun emisario desde Baiona, finalmente cedeu.

O 2 de maio de 1808, á primeira hora da mañá, unha multitude de madrileños comezou a concentrarse perante o Palacio Real. A xente coñecía a intención dos soldados franceses de sacar de palacio ao infante Francisco de Paula para levalo a Francia co resto da Familia Real, polo que, ao grito de "Que nolo levan!", parte do xentío asaltou o palacio. O infante asomouse a un balcón, provocando que aumentara o balbordo na praza.

Este tumulto foi aproveitado por Murat, que mandou un destacamento da Garda Imperial ao palacio, acompañado de artillaría, que fixo fogo contra á multitude. Ao desexo do pobo de impedir a saída do infante, uniuse o de vingar aos mortos e ao de desfacerse dos franceses. Con estes sentimentos, a loita estendeuse por todo Madrid.

Os madrileños comezaron así un levantamento popular espontáneo, pero longamente larvado dende a entrada no país das tropas francesas. Constituíron partidas de barrio mandadas por caudillos espontáneos, buscáronse armas, xa que nun principio as únicas de que dispuxeron eran navallas, e trataron de impedir a chegada de reforzos franceses. Porén isto non foi suficiente, porque cando os madrileños quixeron tomar as portas da cidade para impedir a chegada das forzas francesas acantoadas fóra da cidade, o groso das tropas de Murat (uns 30.000 homes) xa penetrara, dirixíndose cara ao centro.

El dos de mayo de 1808 en Madrid ou La carga de los mamelucos. Francisco de Goya, 1814. Museo do Prado, Madrid.

A xente seguiu loitando durante toda o día utilizando calquera obxecto que fora susceptíbel de servir de arma, como pedras, agullas de coser, testos lanzados desde os balcóns... Así, os acoitelamentos, degolamentos e detencións sucedéronse nunha xornada sanguenta. Mamelucos e lanceiros napoleónicos extremaron a súa crueldade coa poboación, e varios centos de madrileños, homes e mulleres, así como soldados franceses, morreron na refrega. Goya reflectiría estas loitas anos despois, no seu lenzo El dos de mayo de 1808 en Madrid tamén coñecido como La Carga de los Mamelucos.

Aínda que a resistencia ao avance francés foi moito máis eficaz do que Murat previra, especialmente na Porta de Toledo, a Porta do Sol e no Parque de Artillaría de Monteleón, a súa operación de cerco permitiulle someter Madrid baixo a xurisdición militar e poñer baixo as súas ordes á Xunta Suprema de Goberno. Pouco a pouco, os focos de resistencia popular foron caendo.

Monumento a Daoíz e Velarde na Plaza del dos de Mayo de Madrid.

Mentres se desenvolvía a loita, os militares españois permaneceron, seguindo as ordes do Capitán Xeneral Francisco Javier Negrete, acuartelados e pasivos. Só os artilleiros do Parque de Artillaría no Palacio de Monteleón desobedeceron as ordenes uníndose á insurrección. Os militares de maior graduación foron os capitáns Luis Daoíz y Torres, que asumiu o mando dos insurrectos por ser o máis veterano, e Pedro Velarde Santillán. Cos seus homes encerráronse no Parque de Monteleón e, tras repeler unha primeira ofensiva francesa ao mando do xeneral Lefranc, morreron loitando heroicamente. Outros xoves militares tampouco acataron a orde superior de non intervir e loitaron xunto a Daoíz e Velarde en Monteleón, como o tenente Jacinto Ruiz e os alféreces de fragata Juan Van Halen, que foi ferido de gravidade, e José Hezeta.

O 2 de maio non foi realmente a rebelión do Estado español contra os franceses, senón a das clases populares de Madrid contra o ocupante tolerado (por indiferenza, medo ou interese) por gran cantidade de membros da Administración. De feito, a entrada das tropas francesas fixérase legalmente, ao abeiro do tratado de Fontainebleau, cuxos límites, porén, pronto vulneraron.

El Tres de mayo de 1808 en Madrid ou Os fusilamentos na montaña do Príncipe Pío, de Goya. Museo do Prado.

A represión foi cruel. Murat, non conforme con aplacar o levantamento, fixouse tres obxectivos: controlar a administración e o exército español, aplicar un rigoroso castigo aos rebeldes para escarmento de todos os españois e afirmar que era el quen gobernaba España. A mesma tarde do 2 de maio asinou un decreto no que se creaba unha comisión militar, presidida polo xeneral Grouchy, para sentenciar a morte a todos cantos se colleran coas armas na man ("Serán arcabuceados todos cantos durante a rebelión foran presos con armas"). O Consello de Castela publicou unha proclama na que se declaraba ilícita calquera reunión en sitios públicos e ordenando a entrega de todas as armas, brancas ou de fogo. Moitos militares españois colaboraron con Grouchy na comisión militar. Nestes primeiros momentos, as clases acomodadas semellaban preferir o triunfo das armas de Murat antes cás dos patriotas, compostas unicamente polas clases populares.

No chamado Salón do Prado ou Montaña do Príncipe Pío foron fusiladas 32 persoas o mesmo día 2 de maio, e outras 11 foron executadas noutros puntos da cidade (Cibeles, Recoletos, Porta de Alcalá e Bo Suceso). Ao día seguinte os franceses fusilaron a 24 persoas na Montaña do Príncipe Pío e a outras 12 no Buen Retiro. A cifra exacta de baixas foi obxecto de gran controversia, pero o historiador Pérez Guzmán, que revisou todos os arquivos dispoñíbeis en 1908, contabilizou 409 mortos, 39 deles militares, e 170 feridos, dos cales 28 eran militares. O resto dos mortos e feridos eran civís.[10]

Murat pensaba que acabara cos ímpetos revolucionarios dos españois, poñéndolles medo e garantindo para si mesmo a coroa de España, que ambicionaba. Porén, o sangue derramado non fixo senón inflamar os ánimos dos españois e dar o sinal do comezo da loita en toda España contra as tropas invasoras. O mesmo 2 de maio pola tarde, na vila de Móstoles, ante as noticias horríbeis traídas por fuxitivos da represión na capital, un destacado político, Juan Pérez Villamil, Secretario do Almirantado e Fiscal do Supremo Consello de Guerra, fixo firmar aos alcaldes do pobo (Andrés Torrejón e Simón Hernández) un bando no que se chamaba a todos os españois a empuñar as armas en contra do invasor.

O interregno: Murat, Lugartenente de Napoleón en España, e Xosé I

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Joachim Murat e Xosé I.
Joachim Murat, cuñado de napoleón, Mariscal de Francia, Príncipe do Imperio, Gran Duque Berg, Lugartenente de Napoleón en España (1808), Rei de Nápoles (1808).
Xosé Bonaparte, irmán de Napoleón, que sería nomeado tras as abdicacións de Baiona rei de España co nome de Xosé I.

Cando saíu o infante Antonio de Madrid, o 4 de maio, Murat presentouse na Xunta Suprema para formar parte dela, recibindo unha negativa inicial; pero volveu presentarse por sorpresa outra vez, nunha reunión na noite, e os restantes membros, querendo evitar males maiores, aceptárono.[11] O 6 de maio a Xunta recibiu un decreto datado o día 4 polo que Carlos IV nomeaba a Murat, que era o lugartenente de Napoleón en España, como Lugartenente do Reino para que gobernara no seu propio nome (do rei Carlos),[12] en virtude da autoridade que outorgaba a protesta da renuncia ao trono do 19 de marzo; e o 10 de maio recibiu os decretos de 5 de maio de convocatoria de Cortes e de traslado da Xunta a lugares seguros, e o de 6 de maio de renuncia de Fernando VII, que revertía os seus dereitos no seu pai Carlos IV.[13]

A Xunta Suprema decidiu ignorar os de 5 de maio e publicar o de renuncia do 6 de maio. Porén, dado que Carlos IV xa renunciara, de novo, á coroa, Murat quedou como lugartenente dun Reino sen rei, cuxos dereitos ostentaba o emperador dos franceses até o nomeamento dun novo rei (como o apreciamos nun decreto do 25 de maio)[14]. Murat, aproveitando a ocasión, chegou a propoñerse como candidato a rei e, de feito, comportouse como tal até que Napoleón designou ao seu irmán Xosé[15][16]. España estaba, pois, nese momento, en interregno (termo que aparece no decreto de 6 de xuño proclamando a Xosé I rei de España).[17]

Unha vez conseguidas as renuncias reais e a submisión das autoridades, en maio, Napoleón, depositario dos dereitos do trono, encomendou ao lugartenente do Reino e á Xunta Suprema de Goberno a convocatoria dunha Deputación xeral ou Asemblea de notábeis, de 150 persoas, que se reuniría en Baiona para tratar do estado do reino de España.[18]

E o 25 de maio o propio Napoleón lanzou unha proclama aos españois na que indicaba que non ía reinar en España, confirmando a convocatoria da Asemblea de notábeis en Baiona e, de paso, confirmando no seu posto a Murat.[14]

Españoles: después de una larga agonía vuestra nación iba a perecer. He visto vuestros males y voy a remediarlos... Vuestros príncipes me han cedido todos sus derechos a la corona de las Españas; yo no quiero reinar en vuestras provincias... y os haré gozar de los beneficios de una reforma sin que experimentéis quebrantos, desórdenes y convulsiones.

Españoles: he hecho convocar una asamblea general de las diputaciones, de las provincias y de las ciudades. Yo mismo quiero saber vuestros deseos y vuestras necesidades... asegurándoos al mismo tiempo una Constitución que concilie la santa y saludable autoridad del Soberano con las libertades y privilegios del pueblo.

Españoles: acordaos de lo que han sido vuestros padres, y mirad a lo que habéis llegado. No es vuestra la culpa, sino del mal gobierno que os regía. Yo quiero que mi memoria llegue hasta vuestros últimos nietos y que exclamen: es el regenerador de nuestra patria.
Bayona, 25 de mayo de 1808.

O 6 de xuño, ditou un decreto no que nomeaba ao seu irmán Xosé como rei de España.[17] Ao día seguinte, Napoleón pediulle ao seu irmán, que viña de chegar a Baiona, que aceptara a coroa. Alí foi recoñecido como tal polas autoridades españolas presentes. Xosé aceptou a coroa o 10 de xuño, e confirmou a Murat como lugartenente do reino.

Xunta Suprema do Reino de Sevilla ou Xunta Suprema de España e Indias

[editar | editar a fonte]
Francisco de Saavedra presidiu a Xunta Suprema de Sevilla durante a Guerra da Independencia.

O 27 de maio de 1808 créase a Xunta de Sevilla, que se autocualificou a si mesma como Xunta Suprema de España e Indias. Isto causou noutras Xuntas certo malestar polo presuntuoso nome. Porén, este nome deu unha imaxe de unidade e de Sevilla como a capital da España libre dos franceses.

A Xunta sevillana tiña un periódico, a Gaceta Ministerial de Sevilla, onde daba conta da formación da Xunta e das súas actividades. A Xunta decide enviar a Londres a Adrián Jácome, adepto ao duque de Kent, a ao xefe de escuadra, Juan Ruiz de Apodaca, para tratar de conseguir unha alianza cos ingleses. Ambos os dous saíron o 17 de xuño do porto de Cádiz no navío inglés A Vinganza. Así mesmo enviou a Cádiz a Eusebio de Herrera, Pedro de Creus e Enrique MacDonel para falar co almirante inglés Cuthbert Collingwood. Tamén se estudaría que Inglaterra axudara a evacuar aos soldados españois da Expedición española a Dinamarca, que foran enviados alí había uns meses para axudar a Napoleón. No barco A Vinganza ía tamén Rafael Lobo, ao que se lle deu a orde de pasar para o mar Báltico para intentar axudar ás tropas en territorio danés. A Xunta tamén enviou cartas a América para darlles conta ás autoridades da ocupación de España e a resistencia de Sevilla, antes de que Napoleón lles dera a súa versión dos feitos.[19]

O 1 de xuño a Xunta enviou a Portugal ao comerciante Joaquín Rodríguez para que convencera a portugueses relevantes para que se levantaran contra os franceses. E o 6 de xuño proclama a Declaración de Guerra al Emperador de Francia, Napoleón I. A encomenda do comerciante Rodríguez tivo éxito, xa que ao pouco tempo chegou a Sevilla o mellor rexemento español que había en Portugal. Os soldados españois que estaban acantoados no Porto, que aínda eran máis numerosos, partiron para Galicia, a instancias da Xunta Suprema galega. Os propios portugueses, seducidos por estas iniciativas, rebeláronse contra os franceses e enviaron a varios comisionados do Alentexo para tratar do asunto coa Xunta sevillana, a pedir axuda e a ofrecer ademais os números postos defensivos que tiñan no Guadiana. A comezos de xullo chegarían boas noticias de Portugal. Todo o norte estaba en insurrección, e no Porto se formara unha Xunta a semellanza das españolas.[19]

Mentres, as tropas napoleónicas foron descendendo desde Madrid cara ao sur, e xa pasaran da Serra Morena. Entón a Xunta de Sevilla enviou forzas de infantaría e cabalaría ao comandante encargado de combater aos franceses por aquela parte, Pedro Agustín Echévarri. Ademais enviou un pequeno tren con artillaría e mulas cargadas de municións para a defensa de Andalucía. O exército español sería derrotado en Alcolea; a noticia chegou a Sevilla o 8 de xuño, xerando alarma entre a poboación. Porén, a Xunta de Sevilla continuou cos seus esforzos organizando tropas e medidas políticas. Decidiu enviar unha posta ao xeneral Castaños para que se apresurara para vir a comandar o seu exército. Castaños detivérase na localidade malagueña de Ronda para tratar asuntos de auxilio co gobernador británico de Xibraltar. Porén, o correo non foi necesario, porque cando foi saír o correo xa chegara o xeneral a Sevilla e tratara co presidente da Xunta as operacións que ía levar a cabo; decidiron marchar ambos os dous a Carmona, que era o punto de partida de moitas tropas e onde debían reunirse todas elas. Nese momento reciben noticias de Cádiz sobre as accións contra a escuadra francesa de Rosilly. Tamén se presenta en Carmona James Withingham que, en nome do almirante Collingwood e o xeneral Spencer, ofreceu 6.000 ou 7.000 homes. Aínda que non se fixo uso deste ofrecemento, o xesto serviulle á Xunta de apoio moral.[19]

En Carmona estábase formando un exército de 24.000 homes e 2.000 cabalos. Porén, aínda non se xuntaran os suficientes para frear ás tropas de Dupont, que contaba con 18.000 homes. No Puerto de Santa María desembarcaran de 4.000 a 5.000 ingleses, que esperaban a seren máis para atacar Portugal. Escribíronse cartas para que foran interceptadas polo inimigo, facéndose correr a voz de que había un continxente de 14.000 a 15.000 ingleses en axuda dos españois. Posteriormente, uníronse ao exército corpos de Ronda, Cádiz e lanceiros de Xerez. O presidente da Xunta regresou a Sevilla o 14 de xuño, e informou aos seus membros de que o exército contaba xa con 18.000 homes.[19] Posteriormente, o groso das tropas españolas trasladouse a Utrera, onde se instalou o cuartel xeral. Pouco a pouco o exército foi ampliándose coa participación de homes procedentes de moitos municipios de Andalucía, como Ronda, Cádiz e Xerez da Fronteira.

O 16 de xullo a Xunta Suprema de Valencia redacta un manifesto no que solicita, a instancias do movemento xuntista, a creación dunha Xunta Suprema Central, uníndose á iniciativa que tomaran outros países europeos tamén invadidos polo emperador dos franceses.[20] Deste manifesto, ademais, cabe salientar a chamada á súa constitución para poder recibir a axuda británica de maneira máis eficiente, o rexeitamento á participación das Xuntas locais e, en especial, o temor á independencia das colonias americanas.

Á Xunta sevillana chegaban noticias positivas de toda España: a Xunta de Asturias dicía que estaba organizando un exército de 20.000 homes ao mando do marqués de Santa Cruz, a Xunta de Valencia aseguraba que as súas forzas pasaban xa de 80.000 combatentes e a de Galicia dicía que estaba formando a fume de carozo un de 40.000 a 50.000 homes. En Cataluña, Aragón, Mallorca e Menorca tamén se organizou a resistencia.

O 14 de xullo chegou á Xunta de Sevilla un correo con noticias do exército. Este se agrupara en Bujalance e de alí marchou a Porcuna, onde o día 11 estaban reunidos todos os xenerais. Alí se incorporaron as tropas de Sevilla e as de Granada, formulouse o plan de ataque e distribuíronse os mandos. Tratábase dun exército de 32.000 homes.[19]

O 15 de xullo chegou a Sevilla un comisionado da Xunta Suprema do Reino de Galicia informando que as Xuntas de Galicia, León e Asturias, reunidas en Lugo, declararan que estaban de acordo coa creación dunha capital política e de que se presentarían cos seus representantes no punto de reunión que se acordara. A de Sevilla contestou que estaba de acordo con ser o Corpo central proposto, e o comisionado de Galicia partiu para Córdoba, Granada e Murcia.[19]

Xunta Suprema do Reino de Galicia

[editar | editar a fonte]

Iniciativa da Xunta Provincial da Coruña

[editar | editar a fonte]

A Coruña foi a primeira das cidades galegas en levantarse en armas contra os franceses. Segundo Díaz Otero,

"Aunque son muchos los autores que proporcionan información acerca de los hechos acaecidos en La Coruña durante el mes de mayo, lo cierto es que básicamente hay una única versión de la que muy posiblemente sea responsable el conde de Toreno. Según dicha versión los estados de ánimo empezaron a alterarse con la llegada, en los primeros días de mayo, del oficial francés Mougat, quien había sido comisionado por Murat para inspeccionar los arsenales de fusiles y artillería de Galicia."
"Al parecer, y con el objeto de calmar o sosegar los ánimos, el entonces capitán general interino, D. Francisco de Biedma, decidió instalar unas piezas de artillería delante del palacio de capitanía. Esta medida produjo efectos contrarios a los previstos y sirvió para suscitar recelos de connivencia entre Biedma y los franceses. Comenzaron entonces a aparecer una serie de rumores entre los que destacaba el de que Biedma pensaba enviar a los soldados a Francia y que serían substituídos por franceses. Además, se haría una conscrpción entre los paisanos, por orden francesa, y serían llevados maniatados a Francia. Tal fin atribuían a la visita de Mougat."[21]

Cabe preguntarse se estes rumores e este estado de inquietude estaban, ou non, provocados por algún grupo de persoas. A este respecto sábese que un grupo de paisanos se reunía secretamente con oficiais do exército, reunións ás que concorrían, entre outros, Manuel Pardo de Andrade e Sinforiano López. Ademais destes movementos, que poderiamos cualificar de internos, houbo algúns outros externos, que terían gran repercusión. Por exemplo, un enviado da Xunta de Asturias presentouse ante o rexente da Audiencia, Pagola, que, tras ser informado do levantamento asturiano, deulle ordes ao enviado de que marchara inmediatamente da cidade (para que non causara ningunha alteración da orde).[22]

Producírase, así mesmo, por aqueles días, a chegada do capitán xeneral Filangieri, que viñera co obxecto de pacificar os ánimos, pero que, a causa dunha das súas medidas (o envío do rexemento de Navarra a Ferrol), no fixo senón exaltalos aínda máis.

"El momento culminante de la tensión se produjo en la ciudad con la llegada, el 29 de mayo, de un estudiante leonés, enviado de la Junta, con intención de proporcionar noticias de los contecimientos en su localidad y pedir ayuda al pueblo coruñés. Dicho enviado, tras entrevistarse con el regente de la Audiencia fue, al igual que el asturiano, un auténtico estorbo para las autoridads constituidas que cordaron recluirlo en la casa de Correos. Al enterarse la gente del suceso, acudió a dicho lugar y trató de derribar las puertas. Al momento llegó corriendo el general Filangieri, comenzando a dar bastonazos al pueblo y tropa, que era la primera en la acción".[23]

Estes acontecementos revelan que a poboación da cidade non confiaba nas súas autoridades, crendo —e posibelmente non sen razón— que tanto as supremas autoridades militares, Filangieri e Biedma, como as civís, especialmente o rexente da Audiencia, estaban dispostos a entregarse aos franceses. Nestas circunstancias calquera chispa podía facer saltar o pobo, traballado subterraneamente por Sinforiano López e outros liberais. E a chispa saltou os días 30 e 31 de maio.

"El día 30 de mayo, festividad de San Fernando, se congregó un inmenso gentío, compuesto también por mujeres y niños, ante el palacio de Capitanía, donde se encontraba el capitán general, Filangieri, junto con un buen número de oficiales y caballeros de la Audiencia. Ante el aumento de los gritos y de las protestas, bajó el gobernador de la plaza, Alcedo, a conferenciar con la munchedumbre, quien pidió que ondease la bandera, tal y como era costumbre, y que se hiciesen las salvas de rigor. Se accedió a ambas cosas y con ello se logró apaciguar momentáneamente el tumulto.
Esa misma tarde y ante los rumores esparcidos de que estaban embarcando armas en Ferrol con destino a Francia, se volvió a congregar la gente, que invadió el palacio de Capitanía y apedreó las casas de Filangieri y Biedma, pues se enteró de que aquel había dispuesto el traslado del regimiento de Navarra a la ciudad departamental. A continuación asaltaron el parque de artillería, llevándose los fusiles existentes, repartiéndolos entre todos los allí congregados. Tras sacar en procesión un retrato de Fernando VII, la gente se retiró y de esta forma acabaron los incidentes por ese día". [23]

Efectivamente, despois da pacífica procesión cívica, acabáronse os tumultos do día 30 pero, ao día seguinte, mantívose a presión popular na rúa. Como as máximas autoridades militares e civís estaban reunidas na sede da Audiencia, novamente a multitude, sen dúbida alentada por Sinforiano López e outros liberais, pediu a gritos que se adoptaran medidas contra os franceses, que se nomearan xefes militares de confianza en substitución de Filangieri e Biedma, e que se defendera a relixión, a liberdade e a patria. Resultado desta presión foi a constitución dunha Xunta. Foi así como se levantou en armas a cidade da Coruña, a primeira en facelo en Galicia, cando as autoridades, representantes do Antigo Réxime e moi comprometidas con Godoy, daban mostras de moi pouco, nulo, entusiasmo por levantárense contra os franceses. Esta desconfianza, especialmente con respecto ao capitán xeneral Filangieri, non abandonou nunca aos galegos incluídos, segundo parece, os seus propios soldados que, temerosos de que entregara o exército de Galicia a Napoleón, o asasinaron pouco máis tarde.[24]

A Xunta local da Coruña manifesta, desde o primeiro momento, a súa pretensión de se converter no núcleo dunha futura Xunta do Reino. Nun comunicado enviado polo presidente da Xunta Francisco de Biedma ás sete cidades con representación na Xunta do Reino o mesmo 31 de maio, dicía que

"no pudiendo por sí solo este pueblo determinar lo que será más útil y conducente al Reyno, ha acordado se junte éste inmediatamente en Cortes en esta capital, y que en su consecuencia nombre V.S. un diputado con poderes ilimitados para resolver en unión todo lo que pueda conducir a la felicidad de Reino".

É dicir, a Xunta da Coruña, que en realidade era soamente local, convoca a Cortes para constituír unha Xunta Superior.

É aínda máis: o 2 de xuño acorda o seguinte:

Ha determinado la Junta, después del más detenido examen, resolver y declararse por Suprema y Gubernativa en el Reyno de Galicia a nombre de S.M. el Señor D. Fernando Séptimo, sin perjuicio de los derechos de dicho Reyno, llegando a juntarse; lo cual se noticie a las ciudades, advirtiéndolas que no obedzcan las órdenes que se les comunique por el gobierno actual de Madrid, sino las de esta Suprema y las del General en Jefe del Ejército el Excmo. Sr. D. Antonio Filangieri a nombre de S.M. el Señor D. Fernando Séptimo".[25]

Este acordo é da maior importancia, xa que unha xunta local, que acaba de convocar a unha especie de Cortes de Galicia, sen esperar sequera a esta reunión, se autoproclama Xunta Suprema e Gobernativa de Galicia e se arroga o dereito a ditar providencias a todas as demais xuntas. Loxicamente estas medidas incomodaron as outras xuntas locais, especialmente á de Santiago, que se sentía preterida (o arcebispo estimaba que el tería que ser o Presidente da Xunta Suprema de Galicia), e que seguiu exercendo pola súa parte un poder practicamente soberano, iniciando deste xeito unha guerra aberta entre ambas as Xuntas.

Constitución da Xunta

[editar | editar a fonte]

O día 5 de xuño reuníronse na Coruña os representantes das sete cidades con voto na Xunta do Reino, convocada por Biedma o 31 de maio. A representación das sete cidades foi a seguinte:

Froito da primeira reunión foi unha proclama, asinada o mesmo o 5 de xuño, na que se reafirmaba no seu carácter de soberana (ante a ausencia de Fernando VII) e declara que os obxectivos supremos do alzamento eran a defensa da relixión, da patria e das vidas e facendas do pobo.

Actuacións da Xunta

[editar | editar a fonte]

A Xunta Superior estivo vixente até a chegada dos franceses a Galicia, en xaneiro de 1809 e, neste curto período de tempo, apenas seis meses, efectuou diversas e importantes actuacións, que podemos reunir en tres capítulos:

Militares

A Xunta asumiu o alto poder militar aínda que, como é natural, o delegou nunha Xunta de Guerra constituída por militares. Pero é a Xunta quen promove os alistamentos voluntarios e forzosos, efectuando un repartimento máis ou menos proporcional dos efectivos segundo a poboación de cada provincia.

O espírito militar que, como se vería posteriormente durante a guerra, animou a poboación galega, non debía de estar moi arraigado en xuño de 1808, xa que moitos dos chamados a filas procuraron escapar da patriótica chamada empregando os máis variados métodos, mesmo a automutilación, como se deduce dun documento militar da época:

..."que destinen al Regimiento de Artillería a todos los mozos a quienes falte el dedo índice como pena del enorme delito que han cometido de procurar hacere inútiles para el Real Servicio".[26]

Ademais deste labor de recrutamento, hai que destacar que a Xunta se reservou o nomeamento dos mandos, polo menos dos superiores, como o demostra o feito da substitución de Filangieri por Joaquín Blake. Correspondeulle tamén á Xunta todo o referente á intendencia do exército e a organización de corpos como o de reserva ou o das Milicias Urbanas.

Facendísticas

Durante a súa actuación, a Xunta non fixo reformas substanciais no sistema contributivo. Tampouco creou un plan racional e extraordinario de recadación de fondos. Simplemente preferiu basearse en tres capítulos:

  • Cobranza dos impostos tradicionais.
  • Administración das rendas procedentes dos bens incautados ás persoas que fuxiran, ou que foron acusadas de afrancesadas.
  • Administración de donativos internos ou externos.

Aínda que non se poden cuantificar as entradas e saídas de diñeiro durante o período de goberno da Xunta (do 5 de xuño de 1808 a xaneiro de 1809), si é posíbel enumerar algúns capítulos importantes:

  • Inglaterra: préstamo de máis de 30 millóns de reais.
  • O clero participou voluntariamente cunha serie de doazóns importantes:
    • Cabidos de Galicia: uns 2 millóns e medio de reais.
    • Mosteiros: máis dun millón
  • Institucións:
    • Real Consulado: máis de 300.000 reais.
    • Universidade de Santiago: máis de 300.000 reais.
  • Particulares: case un millón de reais.[27]
Política internacional

A Xunta, como depositaria da soberanía, comportouse cara ao exterior como un reino independente. Enviou a Portugal ao brigadier Genaro Figueroa, con poderes e acreditacións, para que contactara cos patriotas portugueses xa en guerra contra os franceses. O resultado foi un pacto asinado no Porto o 4 de xullo de 1808 cuxo preámbulo rezaba:

"Artículos preliminares de una nueva y perpetua alianza ofensiva y defensiva entre las dos naciones española y portuguesa, justada por los dos poderes reales, actualmente existentes, en la soberanía de España, representda en el Gobierno de Galicia, en nombre de su Augusto Soberano D. Fernando VII, y la Junta del Supremo Gobierno, instituída en la ciudad de Oporto en nombre del príncipe Regente de Portugal".[28]

No pacto, acordábase loitar pola restitución da soberanía aos seus lexítimos monarcas, expulsando aos franceses. Galicia comprometíase a axudar ao exército portugués até "arrojar (...) la tiranía francesa"; á súa vez Portugal comprometíase a axudar a España cando se vira libre. Rogábase a Inglaterra que garantira o pacto. Foi asinado, por parte portuguesa, polo bispo do Porto como Presidente da Xunta de Goberno establecida nesa cidade, e por parte de España polo brigadier Figueroa. Aínda que a Xunta do Reino de Galicia actuaba como soberana, non era a súa intención, evidentemente, declararse como país independente, senón que o facía en canto a que consideraba que era, posibelmente, a única parte libre de España nese momento, ocupada case por completo por un exército estranxeiro. É dicir, a Xunta de Galicia consideraba que, nese momento, representaba á soberanía española.[29]

A outra fronte de actuación da diplomacia galega foi Inglaterra. O 16 de xuño de 1808 foron designados como representantes ou embaixadores da Xunta perante a corte de San Xaime Xoaquín Freire de Andrade e Francisco Bermúdez de Castro e Sangro:

"El Reyno de Galicia congregado en la ciudad de La Coruña por medio de sus representantes ha reasumido en sí la Soberanía y toda la Autoridad Suprema de su Rey el Sr. D. Fernando VII, por su ausencia y detención en Francia, habiéndose declarado independiente del acual Gobierno de Madrid. Quedan con las armas en la mano sus hijos y envía al caballero D. Francisco Sangro como su enviado para los objetos de que V.E. quedará instruído".[30]
Sir Arthur Wellesley, I duque de Wellington, por Goya (1812).
Lord Stuart de Rothesay (sir Charles Stuart) retratado en 1830.

As peticións que o reino de Galicia transmitía por medio do seu delegado ao Reino Unido eran as seguintes:

  • Apoio militar a Portugal.
  • Auxilios de municións, víveres e diñeiro.
  • Liberdade de comercio desde Galicia a América do Sur, xa que pola case total ocupación de España por Francia, Inglaterra puxera cerco ao comercio que saíra dos portos españois ou entrara por eles.
  • Liberdade para os presos españois en Inglaterra.
  • Posibilidade de que retornara a Galicia o exército que ao mando do Marqués de la Romana estaba en Dinamarca.

A resposta do goberno inglés foi plenamente satisfactoria, xa que se comprometeu a enviar a Portugal un exército ao mando do xeneral Wellesley, obrigouse a transportar o exército de Dinamarca, liberou os prisioneiros, asegurou a libre navegación e comezou a enviar municións e diñeiro, desprazando a Galicia, ademais, a sir Charles Stuart con carácter oficial de embaixador. Os envíos de diñeiro tiñan, naturalmente, varias contrapartidas. Ademais da liberdade de comercio que conseguiu Inglaterra a partir dese momento, que facilitou a entrada masiva de lenzos ingleses con notábel prexuízo para a burguesía galega, as remesas de diñeiro, sen xuros, estaban ben aseguradas.[31] Nun documento datado o 29 de xullo de 1808 e transcrito por Díaz Otero podemos ler as condicións do empréstito:

"El Reyno de Galicia, Potestad Suprema y Soberana de él, en nombre de S.M. el Sr. D. Fernando VII, su rey legítimo (...) preso y detenido en Francia (...) declara: Haber recibido de S.M. el Sr. D. Jorge III, rey del Reyno Unido de la Gran Bretaña, Escocia e Irlanda, por entrega de su enviado Extraordinario el Caballero Don Carlos Stuart arribado a este puerto en la fragata Algimene, la cantidad de ochocientos treinta y oho mil ochocientos ochenta y tres y tres cuartos pesos fuertes, moneda de cuño español (...) que ha tenido la generosidad de prestarle sin interés y con calidad de reintegro (...) constuituye todos los Estados de esta Monarquía, su Patrimonio Real y Rentas por garantía, obligación e hipoteca general (...) y señaladamente las de este Reyno de Galicia, y por hipoteca especial asigna las rentas del tabaco y la sal de este mismo Reyno y las contribuciones impuestas o que se impongan en lo sucesivo".

Do éxito da embaixada galega faise eco o historiador conde de Toreno:

"De Inglaterra llegaron también a Galicia prontos y cuantiosos auxilios. Su diputado D. Francisco Sangro fue honrado y obsequido por aquel Gobierno, y se remitieron libres a La Coruña los prisioneros españoles que gemían hacía años en los pontones británicos. Arribó al mismo puerto Sir Charles Sutart, primer diplomático inglés que en calidad de tal pisó el suelo español. La Junta (de Galicia) se esmeró en agasajarle y darle pruebas de su constante anhelo por estrechar los vínculos de alinza y amistad con S.M.B".[32]

Xunta Suprema Central

[editar | editar a fonte]

Denominacións

[editar | editar a fonte]

O nome oficial da Xunta Suprema Central era o de Xunta Central Suprema e Gobernativa do Reino. Pero, ademais deste longo nome, coñécese máis frecuentemente nos textos historiográficos cos algo máis curtos de:

  • Xunta Central Suprema e Gobernativa
  • Xunta Suprema Central (un dos máis usados)
  • Xunta Central (tamén moi usado)
  • Xunta Suprema

Constitución da Xunta

[editar | editar a fonte]
Palacio Real de Aranjuez, sede da Xunta Suprema Central.

Coa euforia provocada pola vitoria en Bailén todas as Xuntas das provincias acordaran a formación dunha Xunta Central composta de dous deputados de cada unha delas. Así, o 25 de setembro constitúese en Aranjuez a Xunta Suprema Central e Gobernativa, presidida polo conde de Floridablanca, con 35 membros en total.[33]

A súa constitución foi despois de que o Consello de Castela declarase nulas as abdicacións de Baiona.[34][35] e estivo vixente até o 30 de xaneiro de 1810.

Ao disolverse a Xunta creouse o "Consello de Rexencia de España e Indias", a partir do cal, trala perda case completa do territorio peninsular durante a Guerra da Independencia, se forman as Cortes de Cádiz, que acabaron redactando a Constitución española de 1812.

Formación oficial da Xunta Suprema Central

[editar | editar a fonte]

Dous foron os lugares nos que, a mediados de setembro, se foron reunindo os deputados tras debater e acordar os propósitos reflectidos no antedito manifesto da Xunta de Valencia: Madrid, a capital do Reino, e Aranjuez. Os representantes de Aragón, Asturias, Cataluña e Valencia decidiron que a Xunta Central tivera a mesma sede que as autoridades monárquicas, mentres que os deputados de Murcia, Estremadura e Andalucía non aceptaban compartir a súa base con Consello de Castela. Finalmente acabaron trasladándose a Aranjuez, erixíndose o Real Sitio como o centro da Xunta.[36]

O 25 de setembro de 1808, nunha cerimonia celebrada na Capela do Real Palacio de Aranjuez ante Juan de la Vera, arcebispo de Laodicea, constituíuse oficialmente a Xunta Central Suprema e Gobernativa do Reino.[37]

A Xunta Central quedou formada polos deputados procedentes das Xuntas Supremas das capitais dos antigos reinos,[38] e tal como quedou decidido na reunión levada a cabo o día anterior na pousada na que se hospedaba o conde de Floridablanca, sería o presidente de Xunta.[36]

Membros do Goberno Central

[editar | editar a fonte]

Os deputados que compuxeron a Xunta Suprema Central Gobernativa de España e Indias foron os seguintes (citados pola orde alfabética das provincias que os nomearon):[33]

Unha Xunta itinerante: evolución durante a guerra da independencia

[editar | editar a fonte]
"Relación de los sucesos ocurridos en la reconquista de Vigo, remitida á la Suprema Junta Central". 15 de abril de 1809.

Xa desde os seus comezos, na sesión que a Xunta celebrou o 7 de outubro de 1808, foi proposta unha convocatoria de Cortes que, segundo o decreto de Fernando VII de 5 de maio, debía nomear unha rexencia que albergara a soberanía do rei durante a súa ausencia. Porén, esta proposición foi desestimada por un gran sector da Xunta, pois non só esta decisión requiría un longo estudo, coa consecuente perda de tempo, senón que, tendo a dita rexencia, apenas poderían os deputados aproveitárense do amplísimo poder concentrado do que dispoñían desde había tan só uns días.[36]

Para dirixir a guerra, a Xunta creou catro Corpos de Exército, colocando ao mando de cada un aos xenerais Castaños, Palafox, Blake e Vives.

Nos meses que seguiron á súa fundación, a Xunta encargouse de organizar o país e dirixir a guerra, e entre os seus actos destacan a fixación dos tributos de guerra, o establecemento do Exército da Mancha, mandado polo xeneral Aréizaga e a sinatura do tratado de alianza coa Gran Bretaña (14 de xaneiro de 1809).[36] A Xunta Central marcou un punto de ruptura co réxime centralista borbónico ao repartir a soberanía con América, outorgando representación soberana aos pobos americanos na Real Orde de 22 de xaneiro de 1809. Así e todo, a proporcionalidade dos representantes americanos foi amplamente discutida.

Coa chegada de Napoleón a España en novembro de 1808 e a capitulación de Madrid, a Xunta viuse obrigada a desprazarse primeiro até Estremadura, despois a Sevilla onde residiría desde o 16 de decembro de 1808 e, en último lugar, despois da batalla de Ocaña (19 de novembro de 1809, que foi a maior derrota do exército español durante a guerra da independencia, na que se perderon cerca de 19.000 homes (entre mortos, feridos, prisioneiros e desertores) sobre un total de 51.000 homes, e que tivo consecuencias estratéxicas devastadoras, xa que se destruíu a única forza capaz de defender o sur de España, a Xunta tivo que refuxiarse na Illa de León, actual San Fernando, o 23 de xaneiro de 1810.

Véxase tamén: Batalla de Ocaña.

En Sevilla, o 15 de abril de 1809, o deputado Lorenzo Calvo de Rozas elaborou unha proposta de "convocatoria das Cortes e elaboración dunha Constitución"[39] que, ao contrario da primeira, foi bastante ben acollida. Durante as seguintes semanas, a proposta tomou corpo nun Real Decreto,[40] ao que se uniu un pequeno manifesto no que se declaraban as intencións que debían levar os deputados das xa mencionadas Cortes Constitucionais. Este Real Decreto, con data de 22 de maio de 1809, propoñía oficialmente a celebración dunha asemblea constituínte no ano 1810, ademais da creación dunha "Comisión de Cortes", presidida por Jovellanos (e na que participou o conde de Ximonde), que prepararía as reformas necesarias para poder levar a termo as Cortes.[41]

Xa en 1810, a Xunta Central, en nome do rei, decidira poñer data á composición das Cortes, nun principio, o 1 de marzo. Pero totalmente desacreditada tras a derrota de Ocaña, o 29 de xaneiro de 1810, a Xunta Suprema expediu o seu derradeiro decreto polo cal esta se disolvía e daba paso ao Consello de Rexencia de España e Indias, que sería o encargado de organizar as Cortes constituíntes.[42]

Consello de Rexencia de España e Indias

[editar | editar a fonte]
Fachada da igrexa maior parroquial de San Fernando, onde tivo lugar a cerimonia coa que se inauguraron as Cortes de Cádiz.
Xuramento dos deputados das Cortes de Cádiz, obra de José Casado del Alisal na que se representa a cerimonia de inauguración de ditas Cortes.

O Consello de Rexencia de España e Indias, Rexencia de España ou Suprema Rexencia representaba o órgano de goberno ao que se lle atribuía igual autoridade que a do rei Fernando VII, tivo como misión a organización das Cortes Constituíntes.[43]

Creouse o 29 de xaneiro de 1810 na Real Illa de León (hoxe San Fernando, Cádiz), último lugar de refuxio, como vimos, da Xunta Suprema. A Rexencia estaba composta por cinco membros, ningún deles membro da Xunta Central, e un representante das colonias americanas. Estes foron o xeneral Castaños, os conselleiros de Estado Antonio de Escaño e Francisco Saavedra, o bispo de Ourense, Pedro de Quevedo y Quintano e, por parte das Américas, Esteban Fernández de León,[44] os que, oficialmente, instalarían o Consello de Rexencia o 2 de febreiro. Ese día o membro americano debeu ser suplido polo seu compañeiro Miguel de Lardizábal y Uribe[45] e ademais a Rexencia non acabou de completarse até que monseñor Quevedo puido presentarse, catro meses máis tarde,[36] aínda que, ao acharse tres dos rexentes presentes, o mínimo requirido pola propia Xunta,[43] esta podía desempeñar o seu labor.

Dito labor, case reducido á convocatoria das Cortes Constituíntes, foi porén moi polémico a causa dos intereses dos liberais, que pretendían compoñer unha única cámara, a pesar da proposta, defendida por Jovellanos entre moitos outros, de facer unha convocatoria estamental, que era o que decidira a Xunta Central (e a propia do Antigo Réxime).[46] Porén, sospeitouse —e acabouse por confirmar— unha manipulación liberal, pois se descubrira que estes, aínda que se escusaron pola falta de tempo para a convocatoria, non mandaran unha nota da publicación da convocatoria acerca da participación da Igrexa e a Nobreza[47]. Finalmente, decidírase manter o sistema unicameral.[48], a pesar da lea, posto que moitos nobres e relixiosos formaron parte das representacións provinciais.

Xa resoltos os principais problemas e chegados á Illa de León[49] todos os deputados a Cortes, nunha cerimonia celebrada na Igrexa Maior Parroquial ante monseñor Pedro de Quevedo (que tamén fixo as veces de presidente rexente), o 24 de setembro de 1810 quedaron por fin constituídas as Cortes Xerais,[50] que acabarían por redactar a primeira constitución de España.

A Rexencia e as Cortes non foron recoñecidas polas Xuntas de Goberno de América, e estas, á súa vez, foron consideradas en rebeldía.

Terceiro Consello de Rexencia

[editar | editar a fonte]

Durante o período comprendido entre o 2 de xaneiro de 1812 e o 8 de marzo de 1813, o Terceiro Consello de Rexencia, presidido por Joaquín de Mosquera y Figueroa, e sendo os vogais Juan María de Villavicencio, Pedro Alcántara de Toledo y Salm-Salm (duque do Infantado, Enrique O'Donnell Anethan,conde de La Bisbal e de Lucena), Ignacio Rodríguez de Rivas e Juan Pérez Villamil, promulgou a Constitución de Cádiz, encargándose da súa publicación os maxistrados Juan María de Villavicencio e Ignacio Rodríguez de Ribas.

  1. Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1982): Historia Contemporánea de Galicia. I. De la Guerra de la Independencia al Postfranquismo (1815-1893). A Coruña: Ediciones Gamma, p. 63.
  2. O capitán xeneral Taranco y Llano faleceu no Porto en marzo de 1808.
  3. Gazeta de Madrid, 25 de marzo de 1808 pp. 297 e 298.
  4. Gazeta de Madrid de 13 de maio de 1808 pp. 453, 454 e 455.
  5. Chastenet, Jacques (1953): Godoy Master Of Spain 1792 1808. London: The Batchworth Press.
  6. Extracto da carta dirixida por Carlos IV a Napoleón.
  7. Coñecido como Tratado de Baiona.
  8. Gazeta de Madrid de 14 de outubro pp. 1293 e 1294.
  9. Gazeta de Madrid de 20 de maio pp. 483 Arquivado 25 de marzo de 2009 en Wayback Machine. e 484 Arquivado 25 de marzo de 2009 en Wayback Machine..
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 04 de maio de 2014. 
  11. Gazeta de Madrid de 10 de mayo p. 442.
  12. Gazeta de Madrid de 13 de mayo pp. 457 e 458.
  13. Gazeta de Madrid de 13 de mayo pp. 458 e 459.
  14. 14,0 14,1 Gazeta de Madrid de 3 de xuño p. 530
  15. Aínda que o consolaría dándolle o trono de Nápoles, que deixaba vacante Xosé.
  16. Artola, Miguel (1973): La burguesía revolucionaria (1808-1869). Historia de España Alfaguara V. Madrid: Alianza Editorial/Alfaguara, pp. 9-11.
  17. 17,0 17,1 Gazeta de Madrid de 14 de xuño p. 568.
  18. Gazeta de Madrid de 24 de maio pp. 491, 492, 493, 494, e 495.
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 19,5 Saavedra, Francisco de (ed. Manuel Moreno Alonso) (2011): La rebelión de las provincias en España. Los grandes días de la Junta Suprema de Sevilla, 1808-1810. Sevilla. Edicones Alfar. ISBN 978-84-7898-406-0.
  20. Circular de la Junta de Valencia solicitando la formación de la Junta Central Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Valencia, 16 de xullo de 1808.
  21. Díaz Otero, Antón (1981): Orígenes, estructura y evolución de la Junta Suprema de Galicia, 1808-1813. Memoria de Licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Xeografía e Historia, pro ms., pp. 33 e ss.
  22. Barrerio (1982), p. 45.
  23. 23,0 23,1 Díaz, Op. cit.
  24. Barreiro (1982), p. 46.
  25. Díaz, Op. cit. pp. 45-46.
  26. Barreiro (1982), p. 56.
  27. Barreiro (1982), pp.56-57.
  28. Diario de la Coruña do 10 de xullo de 1808.
  29. Barreiro (1982), pp. 57-58.
  30. Díaz, Op. cit. p. 162.
  31. Barreiro (1982), p. 59.
  32. Conde de Toreno: Historia del levantamiento, guerra y revolución de España (1807-1814). Tomo I (1807-1808), pp. 61-62.
  33. 33,0 33,1 "Lista de los individuos que compusieron la Junta Suprema Central Gubernativa de España e Indias, por el orden alfabético de las provincias que los nombraron.". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 01 de maio de 2014.  Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
  34. Acta del Consejo de Castilla declarando nulas renuncias de Bayona Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Madrid, 11 de agosto de 1808.
  35. Contexto histórico de la Constitución de 1812, por Marta Friera Álvarez e Ignacio Fernández Sarasola (Universidad de Oviedo), Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
  36. 36,0 36,1 36,2 36,3 36,4 Martínez de Velasco, Ángel (1999). Historia de España: La España de Fernando VII. Barcelona: Espasa. 84-239-9723-5. 
  37. Real Provisión del Consejo Real, de toma de cargo de los miembros de la Junta Central Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Aranjuez (Madrid), 25 de setembro de 1808.
  38. Notas al margen de la Real Provisión del Consejo Real, de toma de cargo de los miembros de la Junta Central Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Aranjuez (Madrid), 25 de setembro de 1808.
  39. Proposición de Calvo de Rozas de convocatoria de las Cortes y elaboración constitucional Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Sevilla, 15 de abril de 1809.
  40. Decreto sobre restablecemento y convocatoria de Cortes expedido por la Junta Suprema gobernativa del Reino («Consulta al país») Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Sevilla, 22 de maio de 1809.
  41. Decreto creando la Comisión de Cortes Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Sevilla, 8 de xuño de 1809.
  42. Último decreto de la Junta Central sobre la celebración de Las Cortes Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Real Isla de León, 29 de xaneiro de 1810.
  43. 43,0 43,1 Proyecto de reglamento y juramento para la Suprema Regencia Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Real Isla de León (Cádiz), 29 de enero de 1810.
  44. Decreto de la Junta Central designando a los Regentes Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Real Isla de León, 29 de enero de 1810.
  45. Acta de constitución del Consejo de Regencia Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Real Isla de León, 31 de xaneiro de 1810.
  46. Resolución de la Junta Central sobre la convocatoria por estamentos Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Sevilla, 21 de xaneiro de 1810.
  47. Un episodio curioso durante las Cortes Constituyentes de Cádiz...
  48. Decreto del Consejo de Regencia mandando que las Cortes se reúnan en un solo cuerpo Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Cádiz, 20 de setembro de 1810.
  49. A actual cidade de San Fernando, en Cádiz, tiña como nome Illa de León até que o rei Fernando VII lle outorgou o título de Cidade, debido ao cal se lle cambiou o nome polo do santo do propio monarca.
  50. Acta de instalación de las Cortes generales y extraordinarias Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Real Isla de León, 24 de setembro de 1810.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]