Tipo | torneo |
---|---|
Deporte | hóckey sobre herba |
A Copa de Europa de Hóckey Herba foi a máxima competición oficial a nivel de clubs de hóckey herba que se disputou en Europa con carácter anual dende 1969 ata 2007, cando se creou a Liga Europea de Hóckey, aínda que as cinco primeiras edicións non eran oficialmente consideradas como Copa de Europa pola Federación Europea de Hóckey.
Oito equipos, tódolos campións das súas respectivas ligas nacionais, competían nesta competición, que se disputaba polo verán nunha sede. Os países participantes eran aqueles cuxos campións finalizasen na tempada anterior no top seis, xunto cos dous países cuxos clubs chegaran á final do EuroHockey Club Champions Trophy. Os dous países peor clasificados na copa da tempada anterior disputaban o Trophy. Dun xeito similar de promoción e descenso funciona a asignación das prazas para xogar ou o Trophy ou o Challenge I e entre este último e o Challenge II.
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |