Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Catedral | Catedral de Canterbury ![]() | |||
Sitio web | canterburydiocese.org ![]() |
A diocese de Canterbury é unha diocese da Igrexa de Inglaterra (Comuñón Anglicana) que abarca o territorio oriental do condado de Kent, Inglaterra. Reclámase herdeira daquela fundada por Agostiño de Canterbury no 597, a arquidiocese de Canterbury, hoxe suprimida. Ten a súa sé na Catedral de Canterbury, e trátase da sé máis antiga da Igrexa de Inglaterra.
O bispo diocesano é o Arcebispo de Canterbury, a día de hoxe Justin Welby. Porén, por mor do seu papel como Metropolitano da provincia de Canterbury, Primado de Toda Inglaterra e cabeza da Comuñón Anglicana, o arcebispo (cuxa residencia está en Londres) está a miúdo afastado da diocese. É por isto que un dos seus bispos sufragáneos, o Bispo de Dover (hoxe Trevor Wilmott), ten a facultade de actuar no seu lugar.
Até 2009 existía outro bispo sufragáneo, o bispo de Maidstone, mais en novembro de 2010 decidiuse que non se farían máis nomeamentos para este cargo. Os outros dous sufragáneos cuxas sés están situadas na diocese (Ebbsfleet e Richborough) son en realidade visitadores episcopais provinciais cuxo ámbito de actuación e maior que o da diocese.
Dende a reforma inglesa do século XVI, logo do acordo relixioso isabelino e sen aprobación papal, os arcebispos de Canterbury anglicanos teñen sido os seguintes: