(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ludwig Emilio Buale Coka 26 de novembro de 1972 (51 anos) Malabo (Guinea Ecuatorial) |
Actividade | |
Ocupación | actor, bombeiro |
Período de actividade | 1996 - |
|
Ludwig Emilio Buale Coka, nado o 26 de novembro de 1972, é un actor ecuatoguineano radicado en España.
Nado en Guinea Ecuatorial, mudouse a España cos seus pais e irmáns cando tiña seis anos de idade. A súa carreira como actor comezou cando foi descuberto polo director de casting Paco Pino en 1995. Ámbolos dous estaban agardando polo metro nunha estación en Madrid. Deste xeito, Emilio conseguiu o seu primeiro papel ó interpretar a Ombasi no filme de Imanol Uribe, Bwana (1996). Por este papel obtivo un nomeamento ó Premio Goya como Mellor Actor Revelación. Despois diso, Emilio estudou para enxeñeiro de construción, ademais de traballar como bombeiro.
Buale continuou traballando en filmes, series de televisión e, especialmente, en teatro. Tamén foi membro da Compañía Nacional de Teatro Clásico por dous anos, facendo aparicións en obras como "La entretenida", "Amar después de la muerte", "Los chicos de la banda" e "Yonquis y Yanquis".
Buale fala de forma fluída bubi, inglés, francés e castelán. Actualmente segue a traballar como bombeiro en Madrid, de feito, interpretou a bombeiros nalgúns filmes e series de televisión: