Gustave Schlumberger

Modelo:BiografíaGustave Schlumberger

Gustave Schlumberger [1]

Biografía
Nacemento17 de outubro de 1844
Guebwiller, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte9 de maio de 1929 (84 anos)
París.
Illa de Francia
Francia
Lugar de sepulturacemiterio de Passy Editar o valor en Wikidata
Presidente Academia de Inscricións e Linguas Antigas
Presidente Société nationale des Antiquaires de France (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancesa
Q89547790Estudos históricos e numismáticos bizantinos.
Actividade
Campo de traballoHistoria e numismática.
Ocupaciónnumismático, bizantinista (pt) Traducir, historiador Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FamiliaSchlumberger family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisPierre Schlumberger Editar o valor en Wikidata  e Louise Berthoud Editar o valor en Wikidata
Premios
(1903): Medalla da RNS.

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Membro de:
Académie des inscriptions et belles-lettres.
Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia.
Academia de Ciencias de Baviera
Academia de Ciencias de Rusia.

Gustave-Léon Schlumberger, nado en Guebwiller, Alsacia, o 17 de outubro de 1844 e finado en París o 9 de maio de 1929, foi un médico, arqueólogo, historiador e numismático francés especializado na época das Cruzadas e do Imperio Bizantino.[2][3][4][5][6]

A súa obra Numismatique de l’Orient latin (1878-1882)[7] segue a ser considerada como o traballo de referencia acerca das moedas das Cruzadas.[8]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación médica

[editar | editar a fonte]

Gustave Schlumberguer naceu o 17 de outubro de 1844 no castelo de Guebwiller, fillo dun industrial de éxito. Na súa infancia trasladouse coa súa familia a Pau, por mor dunha doenza do seu pai.[9][10]

En Pau cursou o ensino secundario, xunto co seu irmán.[9] Neses anos foi cando comezou a interesarse polas moedas antigas e iniciou unha incipiente colección, sendo aínda un neno.[11]

En 1863 trasladouse a París para comezar os seus estudos de Medicina, máis por satisfacer o seu pai que por interese propio.[9] Dous anos máis tarde ingresou como residente no servizo do doutor Alfred Velpeau no Hospital da Caridade de París, mais as complicacións dunhas febres Tifoides en 1866 e unha posterior flebite motivaron unha longa baixa laboral, que Schlumberger aproveitou para viaxar a Italia e logo pasar unha tempada repóndose en Eaux-Bonnes.[11]

Na guerra franco-prusiana declarada en 1870, serviu como sanitario e, cando esta acabou, regresou a París en 1871 para concluír a súa formación médica, e alí doutorouse cunha tese acerca da erisipela de farinxe e as vías respiratorias.[9][12]

Arqueólogo, historiador e numismático

[editar | editar a fonte]

Mais a verdadeira paixón de Sclumberguer non era a medicina, senón a arqueoloxía. Concluído o seu doutoramento tomou contacto con arqueólogos como Félicien de Sauley e Anatole de Barthélemy e dedicouse a facer viaxes de estudo polo norte de África, Siria, Asia Menor, España, Portugal, Suíza, Italia e Alemaña. De camiño comezou a publicar as súas investigacións centradas na historia dos estados cruzados e do Imperio Bizantino, con particular interese nas súas emisións monetarias bizantinas.[9][13]

En 1873 publicou a súa primeira monografía, sobre as bracteatas de Alemaña.[14] En 1878 viu a luz a súa obra cumio: Numismatique de L'Orient latin, completada cun volume de actualizaciónen 1882.[7][8][9][15]

Retrato de Gustave Schlumberger, por Henri Gervex (ca. 1887).

Paralelamente ao seu labor investigador, en cada unha das súas viaxes enriquecía as súas coleccións particulares de moedas, selos, camafeos e diversos obxectos característicos do Oriente latino e de Bizancio. A partir estudo deses obxectos e da documentación que os acompañaba, Schlumberger cumpuxo outra das súas obras maxistrais, Sigillographie de l'Empire byzantin (1884),[16] que lle abriu as portas para o seu ingreso na Académie des inscriptions et belles-lettres.[9][17]

Con esta obra, fundou a sixilografía bizantina, aínda que continuou publicando traballos sobre numismática e arqueoloxía. Como historiador das Cruzadas, estudou a relación entre este movemento e Bizancio e, máis alá, o século X, cos tres volumes de L'épopée byzantine (1896-1905),[18] que describen a época de expansión do Imperio baixo Nicéforo Focas, Xoán I Tzimisces e Basilio II.[19][20]

Entre outras entidades asociativas e académicas, Schlumberger foi membro da Académie des inscriptions et belles-lettres e da Sociedade de Bibliófilos, presidiu a Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia e pertenceu á Sociedade Francesa de Numismática, de cuxa publicación Revue numismatique foi codirector a partir de 1883. Ademais, foi membro das academias de Romanía, Baviera e Rusia. Tamén foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Atenas.[9]

Selo de Constantinopla, publicado por Gustave Schlumberger en Revue des Études Grecques (1891).[21]

Cara ao final da súa vida, Schlumberguer cedeu ao Museo do Louvre e ao Gabinete de Medallas de París diferentes obxectos das súas coleccións, entre eles moedas, pedras gravadas, selos, camafeos e pezas de marfil.[22][23]Do mesmo xeito, logo da publicación do seu traballo Numismatique du Béarn (1893),[24] legou no seu testamento ao pobo de Pau as moedas da súa colección relacionadas coa historia local.[25]

No terreo ideolóxico, Schlumberguer tiña unha ideoloxía profundamente conservadora, e apoiou activamente o movemento contrario a Dreyfus,[9] xunto con Edgar Degas, Jean-Louis Forain e Jules Lemaître.[26][27]

Schlumberguer faleceu en París o 9 de maio de 1929.[28] Foi soterrado no cemiterio de Passy.[29][30]

Premios Gustave Schlumberger

[editar | editar a fonte]

No seu testamento, Schlumberger encomendoulle á Académie des Inscriptions et Belles Lettres a creación de tres premios, nos seguintes termos:[31]

Lego a suma de 200.000 francos á Académie des Inscriptions et Belles Lettres do Instituto de Francia, suma neta e libre de impostos (...) que servirá para fundar tres premios trianuais: un de historia bizantina, outro de arqueoloxía bizantina e o terceiro de historia e de arqueoloxía do Oriente latino, designados todos eles baixo o nome de Premio Gustave Sclumberger.

Por outra parte, Schlumberguer doou fondos a outras institucións para a creación doutros premios e axudas económicas, entre eles ao Colexio de Francia, para a creación dunha cátedra de Arqueoloxía Bizantina e un curso de Numismática, e á Sociedade de Anticuarios de Francia, para financiar as súas publicacións e para cerar outro Premio Gustave Schlumberger.[31][32]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
Moeda de Teófilo (S. IX), publicada por Gustave Schlumberger en Revue Numismatique (1892).[34]

Ao longo da súa carreira, Schlumberguer publicou máis de 30 artigos en revistas do ámbito da arqueoloxía, a numismática e a sixilografía, e case outras tantas monografías. Esta é unha listaxe non exhaustiva dos seus traballos monográficos:[9][35][36][37][38][39]

  1. "Engel, A. (1884-1890). Lámina".
  2. "Schlumberger, Gustave". Deutsche Biographie.
  3. Turchi, N. (1936).
  4. "Schlumberger, Léon-Gustave". Enciclopedia Treccani.
  5. "Schlumberger, Léon Gustave". Enciclopedia Sapere.it. De Agostini.
  6. "Schlumberger Gustave Léon". Comité des travaux historiques et scientifiques .
  7. 7,0 7,1 Véxase (1878) e (1882) en "Publicacións".
  8. 8,0 8,1 Zacour, N. P.; Hazard, H. W. (eds.) (1989). The impact of the Crusades on Europe (A History of the Crusades, vol. VI). University of Wisconsin Press, Madison. Páxina 354.
  9. 9,00 9,01 9,02 9,03 9,04 9,05 9,06 9,07 9,08 9,09 Pastoureau, M. (2010).
  10. Cagnat, R. (1930). Páxina 342.
  11. 11,0 11,1 Cagnat, R. (1930). Páxina 343.
  12. Cagnat, R. (1930). Páxina 344.
  13. Cagnat, R. (1930). Páxina 345.
  14. Véxase (1873) en "Publicacións".
  15. Cagnat, R. (1930). Páxina 346.
  16. Véxase (1884) en "Bibliografía".
  17. Cagnat, R. (1930). Páxina 347.
  18. Véxasse (1896-1905) en "Publicacións".
  19. Kaplan, M. (2016). Pourquoi Byzance? Un empire de onze siècles. Folio, París. Páxina 47. ISBN 978-2070341009
  20. Malamut, E.; Sidéris, G. (2006). Le monde byzantin: Economie et société (milieu VIIe siècle - 1204). Belin. Páxina 28. ISBN 978-2-7011-4406-1
  21. Schlumberger, G. (1891). "Sceaux byzantins inédits (seconde série)". En Revue des Études Grecques. T. 4. Fasc. 14. Páxina 122.
  22. Morrisson, C. (2001). "La Donation Schlumberger (1929)". En Trois donations byzantines au Cabinet des Médailles. Bibliothèque nationale de France, París. Páxinas 21-50. ISBN 9782951715882
  23. Cagnat, R. (1930). Páxinas 341-342.
  24. Véxase (1893) en "Publicacións".
  25. Cagnat, R. (1930). Páxina 353.
  26. Shari Benstock (1987). Women of the Left Bank. University of Texas Press. Páxina 42. ISBN 978-0292790407
  27. Carter, W. C. (2002). Marcel Proust: A Life. Yale University Press. Páxina 247. ISBN 978-0300094008
  28. Cagnat, R. (1930). Páxina 355.
  29. "Passy (75): tombeaux remarquables de la 12ème division". Cimetières de France et d'ailleurs.
  30. "Leon Gustave Schlumberger". BillionGraves.com
  31. 31,0 31,1 Cagnat, R. (1930). Páxina 341.
  32. Bulletin de la Société nationale des antiquaires de France. 1936. Páxina 74.
  33. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  34. Schlumberger, G. (1891). "Une monnaie d'or byzantine inédite". En Revue Numismatique. Serie 3ª. Tomo. 10. Páxina 1 (foto de portada).
  35. "Schlumberger, Gustave Léon 1844-1929 Arquivado 18 de novembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  36. "Schlumberger, Gustave Léon 1844-1929". WorldCat Identities.
  37. "Schlumberger, Gustave (1844-1929)". Persee.fr
  38. Pastoureau, M. (2010). "Principales publications?".
  39. Mélanges offerts à M. Schlumberger à l'occasion du quatre-vingtième anniversaire de sa naissance. Paul Geuthner, París, 1924.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Blanchet, J-A. (1929). Obituario en Revue numismatique. Serie 4ª. Vol. 32. Páxina 1.
  • Cagnat, R. (1930). "Notice sur la vie et les travaux de M. Gustave Schlumberger". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 74-4. Páxinas 340-356.
  • Dussaud, R. (1929-a-). "Nouvelles archéologiques: Gustave Schlumberger". En Syria. Archéologie, Art et histoire. 10-3. Páxina 284.
  • Dussaud, R. (1929-b-). Obituario de Gustave Schlumberger. En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. 73-2. Páxinas 113-117.
  • Engel, A. (1884-1890). "Gustave-Léon Schlumberger". En Biographies alsaciennes avec portraits en photographie. A. Meyer, Colmar. Páxinas 35-38.
  • Henri, H. (1924). "Schlumberger". En Byzantion, revue internationale des études byzantines. Páxinas 783-787.
  • Ostrogorsky, G. A. (1929). "Schlumberger". En Seminarium Kondakovianum 3. Praga. Páxinas 292-329.
  • Pastoureau, M. (2010). "Schlumberger, Léon-Gustave". Dictionarie Critique des Historiens de l'art. Institut national d'historie de l'art.
  • Todt, K-P. (1995). "Schlumberger, Gustave". En Biographisch-Bibliographisches Kirchenlexikon. IX. Páxinas 314-316.
  • Turchi, N. (1936). "Schlumberger, Léon-Gustave". En Enciclopedia Italiana (1936).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]