Joe Cribb no Simposio sobre o Imperio Cuxano. Berlín, decembro de 2013 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1947 Brighton, Reino Unido |
31º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
2005 – 2009 ← Harold B. Mattingly – Nicholas Mayhew → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | Universidade de Londres |
Q89547790 | - Estudos de moeda asiática. - Conservador do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e museística |
Ocupación | numismático |
Empregador | Museo Británico |
Influencias en | |
Premios | |
- (1986): Premio Lhotka. - (1990): Premio Lhotka. - (1993): Premio Lhotka. - (1997): Premio Hirayama. - (1999): Medalla da Royal Numismatic Society. - (2008): Medalla Huntington. - (2023): Premio Derek Allen. | |
Joseph Edmond Cribb, máis coñecido e citado como Joe Cribb, nado en Brighton, Sussex, o 30 de outubro de 1947, é un numismático británico especializando na moeda asiática, en particular nas emisións do Imperio Cuxano, e autor de varias obras de referencia acerca dos lingotes-moeda chineses e das moedas rituais do Sueste asiático.[1]
Cribb cusou o seu ensino secundario na escola católica de rapaces Gunnersbury Grammar School, en Londres, e posteriormente estudou Latín, Grego e Historia Antiga no Queen Mary College, da Universidade de Londres, onde se graduou en 1970. Posteriormente completou a súa educación superior estudando chinés moderno na Universidade de Westminster (1972-1974) e chinés clásico na Escola de Estudos Orientais e Africanos da Universidade de Londres (1987-1989).[1]
Ingresou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico como investigador axudante, e posteriormente ocupou nesa institución o posto de conservador entre 2003 e 2010, data da súa xubilación. O seu traballo no museo centrouse inicialmente na colección de moeda chinesa e máis tarde foise estendendo a outros aspectos das cuñaxes da Asia central e meridional, como as emisións preislámicas da India, Bangladesh, Sri Lanka, Paquistán, Caxemira e Afganistán e, particularmente, as moedas dos reis cuxanos dos séculos I a IV da nosa era.[1]
Durante o seu tempo no Museo Británico organizou a exposición permanente de moedas e medallas (1997-2012) e foi o comisario, entre outras, dunha grande exposición temporal sobre o diñeiro en 1986: From Cowrie Shells to Credit Cards ("Das cunchas de cauri ás tarxetas de crédito"). Do mesmo xeito, en 1992 foi o encargado de organizar outra grande exposición, no Museo Fitzwilliam da Universidade de Cambridge, titulada Crossroads of Asia ("Encrucillada de Asia").[1]
Ademais da súa dedicación ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, Cribb foi presidente da Real Sociedade Numismática de Londres (2005-2009) e secretario xeral da Sociedade Numismática Oriental desde 2011, da que é membro honorario. Así mesmo, é membro honorario da Sociedade Numismática Austríaca[2] e forma parte dos consellos de administración de diversas institucións museísticas.[1]
Entre outros recoñecementos, Joe Cribb foi galardoado cos seguintes premios:[1]
Ademais destes premios, publicouse na súa honra un traballo conxunto con artigos de varios autores (entre eles o propio Cribb), que foi presentado con motivo da súa xubilación no Museo Británico.[8]
Esta é unha escolma dos traballos máis representativos de Cribb, dentro da súa abundante obra científica:[1][9][10]
Predecesor: Harold B. Mattingly |
Presidente da Royal Numismatic Society 2005 - 2009 |
Sucesor: Nicholas Mayhew |