Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Luisa Castro Legazpi 6 de xaneiro de 1966 (59 anos) Foz, España |
Directora executiva Instituto Cervantes | |
2012 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Ensaio, belas letras, xornalismo e xornalismo de opinión |
Ocupación | escritora, xornalista de opinión, poetisa, xornalista, ensaísta, escritora de contos |
Xénero artístico | Poesía e narración |
Familia | |
Cónxuxe | Xavier Rubert de Ventós (1995–) |
Fillos | Xita Rubert Castro |
Premios | |
| |
Luisa Castro Legazpi, nada en Foz o 6 de xaneiro de 1966[1], é unha escritora e columnista galega en galego e castelán.
Filla de mariñeiro, Luisa Castro é a menor de dúas irmás. Logo de comezar estudos de Filoloxía Hispánica en Santiago de Compostela, trasladouse a Madrid. Alí colaborou con diversos medios de comunicación e especializouse en Lingüística pola Universidade Complutense. Amplíou os seus estudos en Urbino (Italia). En Nova York, onde se trasladou máis tarde, cursou un máster en guión. Regresou a Barcelona ao rematar.
Contraeu matrimonio co filósofo Xavier Rubert de Ventós, de quen se separou posteriormente, volvendo residir a Santiago de Compostela.
Traduciu ao castelán o libro de relatos Arraianos, de Xosé Luís Méndez Ferrín.[2] Traballa como colaboradora habitual de La Voz de Galicia, El Mundo e El País.
Nos últimos anos foi directora do Instituto Cervantes de Nápoles, de Bordeos e de Dublín onde reside.[3]