Metais e aliaxes de cuñaxe

A expresión "metais de cuñaxe" pódese referir tamén aos elementos do grupo 11.
Lingote e moedas de ouro.

Os metais de cuñaxe abranguen os elementos químicos metálicos que se foron utilizando historicamente como materiais únicos ou como compoñentes en aliaxes na fabricación de moedas.[1][2]

Esta serie de elementos non está pechada, xa que hai determinados metais que hoxe se utilizan exclusivamente para moedas "de demostración" e que nalgún momento poderían chegar tamén a ser a base de emisións de moedas de curso legal (por exemplo, o circonio).[3][4][5]

En xeral, debido aos problemas que se orixinan cando metais de cuñaxe posúen un elevado valor intrínseco, no século XXI téndese a utilizar para a cuñaxe os metais máis comúns e menos custosos.

Dárico aqueménica de ouro.
Siclo aqueménida de prata.

Historicamente, a maioría dos metais (e aliaxes) monetizados correspóndense cos tres elementos non radioactivos do grupo 11 da táboa periódica: ouro, prata e cobre, este último comunmente ligado con estaño e ás veces outros metais máis para formaren o bronce.[6] Estes metais e aliaxes foron os utilizados para a práctica totalidade das emisións de moeda do mundo antigo e da Idade Media.

A historia da moeda comeza no mundo occidental arredor do ano 700 a. de C. na illa de Exina ou, segundo outras fontes, en Éfeso, no reino de Lidia, cara ao 650 a. de C. A India antiga, no século VI a. de C., foi outra das primeiras rexións do mundo en coñecer a moeda.[7][8] Aquelas primeiras cuñaxes estaban feitas de electro, unha mestura de ouro e prata de cor amarela pálida e de orixe natural que aínda se aliaba máis con prata e con cobre.[9][10]

O dárico persa foi a primeira moeda de ouro. Xunto cunha moeda similar cuñada en prata, o siclo, representaban o padrón monetario do Imperio Aqueménida, que continuou ata tempos recentes.[11][12][13][14]

Con todo, a partir daquelas primeiras emisións do mundo clásico o número de metais utilizados na cuñaxe foi aumentando, tanto no relativo aos dun valor intrínseco máis elevado como no que se refire aos máis comúns, utilizados na moeda circulante actual, dotada de valor fiduciario.[15] Hoxe utilízanse tamén metais preciosos, particularmente nas coñecidas como "moedas de investimento" ou "moedas de colección", e non nas moedas circulantes, nas que o valor do metal ten que ser necesariamente inferior ao seu valor facial.[16]

Requisitos dun metal para a cuñaxe

[editar | editar a fonte]
Moeda chinesa de ferro, un metal pouco usado na moeda pola súa doada corrosión.

As moedas destinadas á circulación deben cumprir uns requisitos para seren eficaces. Por exemplo, unha moeda pode estar en circulación durante máis de 30 anos, polo que debe ter resistencia ao desgaste e amosar unhas excelentes propiedades anticorrosión. A consecución deste obxectivo require o uso de aliaxes xogando cos metais básicos. Neste sentido, metais como o manganeso entran a formar parte destas aliaxes, por lles dar moita resistencia ás moedas, aínda que dificulta o proceso de cuñaxe e provoca un maior desgaste da maquinaria das cecas.[17]

Existe o risco, especialmente na cuñaxe de moedas de valores faciais baixos, de que o valor intrínseco do metal chegue a ser superior ao valor nominal da moeda, o que en ocasións pode levar a que se acumulen estas moedas e se destinen á súa posterior fundición. Por exemplo, os peniques británicos anteriores a 1992 estaban feitos dun 97 % de cobre pero a partir de 2008, de acordo co prezo deste metal, o valor dun penique dos anteriores pasou a ser de 1,5 dos novos, que pasaron a elaborarse en aceiro bañado en cobre.[18] Por razóns similares, os centavos estadounidenses, antano cuñados en aliaxes de cobre, elabóranse desde 1982 con cinc bañado en cobre.[19][20][21]

Este problema motivou que case se acabe co uso dunha aliaxe moi común nas cuñaxes do século XX, chamada cuproníquel, con proporcións variables de cobre e níquel, aínda que a máis habitual é 75 % Cu e 25 % Ni.[22] Esta aliaxe, de cor prata, é dura, resistente e ten unhas excelentes propiedades para cuñaxe, mais no século XXI a suba dos prezos de ambos os metais que a compoñen fixo que se empezase a experimentar máis con outras aliaxes baseadas no aceiro, mesmo co aceiro inoxidable. Por exemplo, na India cuñáronse moedas de aceiro inoxidable cun 82 % de ferro e un 18 % de cromo, e moitos outros países que estaban a emitir moedas cun custo do metal superior ao valor facial están a experimentar coas aliaxes de aceiro.[23]

Materiais usados na fabricación de moeda

[editar | editar a fonte]

Metais usados na moeda circulante

[editar | editar a fonte]

Estes son os metais utilizados para a cuñaxe de moedas destinadas á circulación ao longo da historia, ben individualmente ou ben formando parte de aliaxes:[4][24]

Aliaxes usadas na moeda circulante

[editar | editar a fonte]

Estas son as aliaxes máis comunmente utilizadas na fabricación de moeda:[54]

  • Alpaca. É unha aliaxe de cobre (de 40 % a 70 %), cinc (de 15 % a 45 %) e níquel (de 15 % a 25 %), e en ocasións algo de prata, chumbo ou ferro. As primeiras cuñaxes apareceron en Francia a mediados do século XIX, no reinado de Napoléon III. Foi moi utilizada nas cuñaxes portuguesas ao longo de todo o século XX.[55][56][57]
  • Aceiro. Aliaxe de ferro e carbono de grande elasticidade e dureza. Utilizouse adoito na moeda italiana da segunda metade do século XX, coñecido co acrónimo "acmonital" (acciaio monetario italiano; "aceiro monetario italiano"). Porén, en numismática é máis utilizado na fabricación de punzóns, cuños e matrices.[58][59]
  • Billón. Constituída por prata e cobre con maior proporción deste último. Áchase con frecuencia en estado natural. As primeiras moedas de billón cuñáronse na illa de Lesbos no século VI a. de C. Posteriormente foi moi común nas cuñaxes medievais de pouco valor.[60][61]
  • Bronce. Aliaxe de cobre e estaño, este último en proporcións do 5 % ao 35 %. Aparece por primeira vez no século V a. de C nas cuñaxes da Antiga Grecia.[62][63]
  • Bronce-aluminio. Trátase dunha aliaxe similar ao bronce na que o aluminio é o metal principal dos que se lle achegan ao cobre; moi utilizada na cuñaxe moderna.[64]
  • Cuproníquel. Componse de arredor dun 75 % de cobre e un 25 % de aluminio e adquire unha cor gris máis escura que a do níquel. Comezou a cuñarse na antiga China entre os séculos V e III a. de C e posteriormente utilizárono os pobos indobactrianos. Na moeda occidental non apareceu ata 1856 e foi moi común na moeda circulante do século XX.[65][66][67]
  • Electro. É unha aliaxe de ouro e prata que se pode obter artificialmente ou atopar de forma natural. A súa gama de cor vai do amarelo pálido ao máis brillante, en función da proporción de ambos os metais na súa composición. As primeiras cuñaxes de electro foron unhas moedas lidias e da Grecia oriental atopadas baixo o Templo de Artemisa en Éfeso, datadas no derradeiro cuarto do século VII a. de C. (625-600 a. de C.).[68][69][70][71]
  • Latón. Aliaxe de cobre e ata un 46 % de cinc, que pode ter tamén trazas de estaño. As primeiras cuñaxes apareceron no século I na Asia Menor e de camiño se estenderon por toda Asia e Europa.[72][73]
  • Oricalco. É realmente unha variante do latón; unha aliaxe de cobre con outros metais, habitualmente o cinc, utilizada sobre todo no Imperio Romano para a cuñaxe dos sestercios e dos dupondios.[74][75][76]
  • Ouro nórdico. Coñécese así a aliaxe de cor dourada coa que se cuñan as moedas de 50 céntimos, 20 céntimos e 10 céntimos de euro.[77][78] A súa composición é dun 89 % de cobre, 5 % de aluminio, 5 % de cinc e 1 % de estaño.[79][80][81]
  • Peltre. Tradicionalmente constituída entre o 85 % e o 99 % de estaño e o resto de antimonio, cobre, cinc, bismuto e, menos comunmente, chumbo. Ás veces incorpórase tamén unha pequena cantidade de prata. É pouco habitual na cuñaxe. Unha das moedas de peltre máis salientables é o dólar Continental cuñado nos Estados Unidos en 1776.[82][83][84]
  • Potín. Trátase dunha aliaxe de cobre cunha pequena porcentaxe de estaño, cinc ou prata, que foi utilizada na Antigüidade polos pobos da Galia. É habital que estas amoedacións non se leven a cabo mediante cuñaxe, senón por fundición.[85][86][87]

Outros metais usados na moeda non circulante

[editar | editar a fonte]

Algúns outros elementos químicos foron utilizados en ocasións para a cuñaxe de moedas ou pseudomoedas non destinadas á circulación, senón con outros propósitos (conmemorativas, ensaios monetarios, moedas de investimento, moedas de fantasía, cuñaxes artísticas, medallas, probas de cuños etc.):[4]

Moeda de investimento de paladio. 25 rublos rusos de 1990.


  • Cadmio. En 1828, G. Loos gravou unha medalla conmemorativa do casamento de Heinrich von Dechen que indica na súa lenda que foi feita con "cadmio silesiano" (AUS SCHLESISCHE KADMIUM).[88]
  • Circonio. Fred Zinkann cuñou moedas de fantasía neste metal.[89]
  • Cobalto. A emisión conmemorativa de 2005 de 750 francos CFA do Camerún foi cuñada en ferro bañado en cobalto.[90]
  • Hafnio. Fred Zinkann cuñou moedas de fantasía neste metal.[91][89]
  • Iridio. Ruanda cuñou en 2014 moedas de investimento de ​1⁄25 de onza con valor de 10 francos, dentro da serie The Noble Six.[92] Tamén Fred Zinkann cuñou moedas de fantasía neste metal.[89]
  • Molibdeno. Fred Zinkann cuñou moedas de fantasía neste metal.[89][93]
  • Niobio. En Austria emitíronse moedas de bimetálicas con valor de 25 euros co centro de niobio.[94] Tamén Fred Zinkann cuñou moedas de fantasía neste metal.[89]
  • Paladio. A primeira cuñaxe neste metal tivo lugar en Serra Leoa en 1966.[95] Posteriormente utilizouse en sets de presentación de moedas de Tonga e en emisións de investimento de diversos países.[96][97][92]
  • Renio. Fred Zinkann cuñou moedas de fantasía neste metal.[98]
  • Rodio. Ruanda cuñou en 2014 moedas de investimento de ​1⁄25 de onza con valor de 10 francos, dentro da serie The Noble Six.[92] Tamén en 2011 se emitiron moedas non oficiais de latón bañadas en rodio para as illas Andaman e Nicobar con valor facial de 10 rupias.[99]
  • Rutenio. A moeda de2 medio hau (50 paʻanga) de Tonga de 1967 tiña o 982 % de paladio e o 2 % de rutenio.[100][101]
  • Selenio. En 1862, o Museo da Ciencia do Reino Unido emitiu unha medalla deste metal en conmemoración de Berzelius, o seu descubridor.[102]
  • Silicio. Nos Estados Unidos realizáronse en 1964 probas privadas de moedas de cuarto dólar nunha aliaxe de níquel e silicio.[103]
  • Tántalo. Neste metal cuñáronse moedas de fantasía para a posesión francesa das Illas Kerguelen.[104] Utilizouse tamén nunha moeda bimetálica de prata e tántalo de Casaquistán.[105][106]
  • Teleurio. Neste metal elaborouse en 1896 unha medalla húngara de temática mineira conmemorativa da Exposición Húngara do Milenio, da que existen reproducións feitas en 1975.[107][108]
  • Titanio. En 1999, Xibraltar fixo a primeira emisión monetaria neste metal. Tamén Austria cuñou moedas bimetálicas conmemorativas de prata e titanio.[109][110]
  • Uranio. Existen dúas variantes dunha medalla alemá de uranio puro.[111]
  • Vanadio. Fred Zinkann cuñou moedas de fantasía neste metal.[89]
  • Volframio (coñécese tamén como tungsteno). As aliaxes con volframio adoitan ser demasiado duras para a cuñaxe, aínda que hai diversas cuñaxes privadas neste metal. Fred Zinkann cuñou cun 90 % de volframio moedas de fantasía de 25 francos para as illas Kerguelen, aínda que os seus cuños romperon ao cuñar a terceira peza, por mor da dureza dos discos deste metal. [104][112]

Serie de cuñaxes de Dave Hamric

[editar | editar a fonte]

Cómpre mencionar a experiencia de Dave Hamric que, a partir de 2006, se propuxo facer cuñaxes (pseudomoedas de tamaño aproximado ao das moedas de 2 céntimos de euro) con cada un dos elementos primordiais (non só metais), é dicir, aqueles que existen no seu estado actual desde un período anterior á formación da Terra (excluíndo algúns radioactivos, como o tecnecio e o promecio, aínda que incluíndo outros, como o torio e o uranio). Ata o momento realizou cuñaxes dos seguintes elementos:[113]

Elementos cuñados por Hamric
Aluminio.[114] Cerio.[115][116] Escandio.[117] Indio.[118] Molibdeno.[119] Rodio.[120] Titanio.[121]
Antimonio.[122] Chumbo.[123] Estaño.[124] Iridio. Neodimio.[125][116] Rutenio. Tulio.[126]
Bario.[127][116] Cinc.[128] Estroncio.[116] Iterbio.[129] Niobio.[130] Samario.[131][116] Uranio.[132]
Berilio.[133] Circonio.[134] Europio.[135][116] Itrio.[136] Níquel.[137] Selenio.[138] Vanadio.[139]
Bismuto.[140] Cobalto.[141] Fósforo.[142][143] Ferro.[144] Ouro.[145] Tántalo.[146] Xofre.[147]
Boro.[148][143] Cobre.[149] Gadolinio.[150] Lantano.[151][116] Paladio.[152] Telurio.
Cadmio.[153] Cromo.[154] Galio. Lutecio.[155] Platino.[156] Terbio.[157]
Calcio.[158][116] Disprosio.[159] Hafnio.[160] Magnesio.[161] Praseodimio.[162][116] Talio.[163][164]
Carbono.[165][143] Erbio.[166] Holmio.[167] Mercurio.[168] Prata.[169] Tecnecio.[170]

Materiais non metálicos utilizados na fabricación de moedas

[editar | editar a fonte]
Materiais Exemplos de emisións
Papel 50 kopecks. Unión Soviética. 1923.
Pedra Moedas de pedra da illa de Yap, na Micronesia.[171]
Cartolina 15 kopecks. Imperio Ruso. 1915.
Cerámica 75 pfennig. Moeda de emerxencia (notgeld). Zielona Gora, Polonia. 1922.
Coiro Rublos da Compañía Ruso-Americana en Alasca.[172]
Plástico Moeda dun rublo de Transnistria.
Carbón vexetal (carbono) Á parte de formar parte do aceiro, cuñáronse algunhas moedas de emerxencia de "carbono galvánico prensado" na Alemaña do período da hiperinflación na República de Weimar. 1.000 marcos, 1922.[173][113][174]
Porcelana Moedas de emerxencia (notgeld) alemás cuñadas entre 1921 e 1923. Tamén moedas locais e privadas con caracteres chineses, usadas en Siam e outros lugares de Oriente.[175][176][177]
Fibra téxtil Moedas de 1 e 5 fen do Imperio de Manchuria (1944-1945).
Seda Diñeiro de seda de Khorezmian, China, na Gran Ruta da Seda, desde a Idade Media ao século XX.[178]
  1. "Metais de cuñar". En Bermejo, M. R.; González, A.; Vázquez, M. (2006). Páxina 57
  2. "Táboa periódica dos elementos". Consello da Cultura Galega.
  3. Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  4. 4,0 4,1 4,2 Clayton, T. "Metals Used in Coins and Medals". En Tony Clayton's Home Page.
  5. Jay & Marieli. (1992).
  6. "Metais de cuñar". En Bermejo, M. R.; González, A.; Vázquez, M. (2006). Páxina 57
  7. "Aegina". En Snible.org
  8. "A Case for the World's Oldest Coin: Lydian Lion". En Numismatics. Coins and Coin Collecting.
  9. Definición de electro no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  10. "L'électrum ou or pâle monnayé dans l'antiquité Arquivado 17 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.". En Sacra Moneta.
  11. Definición de dárico no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  12. "Daric". En Alram, Michael. Encyclopaedia Iranica.
  13. Definición de siclo no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  14. "Siclo" e "Shekel (2)". En Alfaro Asins et Al. (2009)
  15. "The Four Different Types of Money". En Quickconomics. 30 de xullo de 2019.
  16. "Investing in Bullion and Bullion Coins". Federal Tradde Comission.
  17. "New alloy for five-cents coin". En Technical News Bulletin of the National Bureau of Standards. Nº 310. Febreiro de 1943. Washington. Páxinas 9-11.
  18. "What's a Penny Made Of?". En Live Science. 21 de xuño de 2016.
  19. "United States Circulating Coin Values". En Coinflaction.com.
  20. Headley, S. "Is My Penny Solid Copper or a Copper-Plated Zinc Cent?". En The Spruce Crafts. 16 de xullo de 2019.
  21. "Penny". En United States Mint.
  22. "Cuproníquel". En Koustallis, S. K. (2008).
  23. 23,0 23,1 "New Ferritic Stainless Steel Coins of Rs.5/- to commemorate the occasion of "75 Years of Dandi March"". Reserve Bank of India.
  24. "Tableau récapitulatif des métaux monétaires". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  25. "L'aluminium". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  26. "Aluminio". En Alfaro Asins (2009).
  27. "The First Aluminium Coin of the World". En Mintage World.
  28. "1 Cent - Edward VII". En Numisma.com.
  29. "Kweichow 1931 (year 20) 10 cents Y-429". En Coin Facts Wiki.
  30. "Le plomb". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  31. "Plomo". En Alfaro Asins (2009).
  32. "Le zinc". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  33. "Cinc". En Alfaro Asins (2009).
  34. "Le cuivre". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  35. "Cobre". En Alfaro Asins (2009).
  36. "Cromo". En Koustallis, S. K. (2008).
  37. "L'étain". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  38. "Estaño". En Alfaro Asins (2009).
  39. "1 Farthing - James II 1st type". En Numista.
  40. "Le fer". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  41. "Hierro". En Alfaro Asins (2009).
  42. Searls, BJ. "Lodz Ghetto Token Coinage". Professional Coin Grading Service (PGCS).
  43. "Manganeso". En Koustallis, S. K. (2008).
  44. Lange, D. W. "The Wartime Silver "Nickels" of 1942-45". "Part One". "Part Two". En NGC. 17 de marzo e 17 de abril de 2008.
  45. "Le nickel". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  46. "Níquel". En Alfaro Asins (2009).
  47. "L'or". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  48. "Oro". En Alfaro Asins (2009).
  49. García Ruiz, J. L. (1992).
  50. "Le platine". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  51. "Platino". En Alfaro Asins (2009).
  52. "L'argent". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  53. "Plata". En Alfaro Asins (2009).
  54. "Tableau récapitulatif des alliages monétaires". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  55. "Oricalco" no DRAG, no Portal das Palabras e en Digalego.
  56. "Alpaca". En Alfaro Asins (2009).
  57. "Le maillechort". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  58. "L'acier". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  59. "Acero". En Alfaro Asins (2009).
  60. "Le billon". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  61. "Vellón". En Alfaro Asins (2009).
  62. "Le bronze". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  63. "Bronce". En Alfaro Asins (2009).
  64. "Pub 82 Aluminium Bronze Alloys - Technical Data".
  65. "Oricalco" no DRAG, no Portal das Palabras e en Digalego.
  66. "Cuproníquel". En Alfaro Asins, C. et al. (2009).
  67. "Le cupronicke". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  68. "L'électrum". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  69. Kurke, L. (1999). Páxinas 6-7.
  70. Metcalf, W. E. (2012). Páxinas 49-50.
  71. "Electro". En Alfaro Asins (2009).
  72. "Le laiton". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  73. "Latón". En Alfaro Asins (2009).
  74. "Oricalco" no DRAG, no Portal das Palabras e en Digalego.
  75. "Oricalco Arquivado 14 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.". En Digalego.
  76. "Orichalcum". En Forum Ancient Coins.
  77. "Euro coin alloy". Predecimal.com.
  78. "Elementos de seguridad". Banco Central Europeo.
  79. "Nordic Gold Arquivado 05 de maio de 2016 en Wayback Machine.". Notes on Metals. Melting Point and Density of Metals.
  80. "Nordisches Gold". En Lexikon Wissen.de.
  81. "Oro nórdico". En Alfaro Asins (2009).
  82. "Peltre". No Dicionario da Real Academia Galega.
  83. "1 Dollar "The Continental Dollar"". Numista.
  84. "Continental Currency". Professional Coin Grading Service.
  85. "Le potin". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  86. "Potín". En Alfaro Asins (2009).
  87. Gruel, K. et al. (1995).
  88. "Dr. Heinrich von Dechen". En Wuerst, E. A. (1868). Die Münzen und Medaillen Bonn's. Páxinas 50-51.
  89. 89,0 89,1 89,2 89,3 89,4 89,5 "Crozet Islands. Patterns". En Cuhaj, G. S.; Michael, T. M. (2011).
  90. "IDAO - Bureau Africain d'Emission issues. X#25 750 CFA Francs". En Chiefa Coins.
  91. "Vostok Station. Antarctic Research Station. X # 1b". En Cuhaj, G. S.; Michael, T. M. (2011).
  92. 92,0 92,1 92,2 "The Noble Six First Edition 2014". En Reppa.de
  93. "Enderbyland. Antarctic Research Station. Pn3 1990. TS 1 1990. TS2 ND(1990)". En Cuhaj, G. S.; Michael, T. M. (2011).
  94. Golino, L. "A Guide to the Austrian Mint’s 25 Euro Niobium Coin Series". En Coin Week. 10 de maio de 2019.
  95. "Palladium Coins of Sierra Leone". NGC Collectors Society.
  96. "Le palladium". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  97. "List of all Palladium coins (1966-2019)". En Die Rene Finn Page.
  98. "Papal States. Patterns". En Cuhaj, G. S.; Michael, T. M. (2011).
  99. "Aandaman & Nicobar Islands. X # 6 10 Rupees". En Cuhaj, G. S.; Michael, T. M. (2011).
  100. "Tonganesische Palladiummünzen". En Rheinische Scheidestaette.
  101. "Tonga coin catalog".
  102. "Bust of Berzelius in selenium, 1862". Science Museum Group.
  103. "Silicon Alloy 1964. Quarter Dollar Pattern. Pollock-5380". En The Jules Reiver Collection. Volume II. Heritage. Xaneiro de 2006. Páxina II-206
  104. 104,0 104,1 "Kerguelen Islands". Chiefa Coins.
  105. "Kazakhstan issues the Well-being Turtle silver coin with a tantalum metal insert". En AgAuNews.com
  106. "Autres métaux: Le tantalum (Ta)". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  107. "Mining medal issued for the Hungary Millenium". En Omnicoin.
  108. "Galvanoplastik einer Tellur-Medaille". Georg-August-Universität. Göttingen.
  109. "Autres métaux: Le titane (Ti)". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  110. "World Firsts Arquivado 18 de outubro de 2015 en Wayback Machine.". Pobjoy Mint
  111. Schwankner, R. J. (2005). "Die Geschichte zweier Uran-Medaillen". En Physik in unserer Zeit. 36. Nº 4.
  112. "Kerguelen Islands. X # E1 25 francs". En Cuhaj, G. S.; Michael, T. M. (2011).
  113. 113,0 113,1 Colección de cuñaxes de Dave Hamic. En Periodictable.com
  114. Imaxe da moeda de aluminio. En The Element Series.
  115. Imaxe da moeda de cerio. En The Element Series.
  116. 116,0 116,1 116,2 116,3 116,4 116,5 116,6 116,7 116,8 Inserido nunha cápsula de cristal, por mor da súa radioactividade.
  117. Imaxe da moeda de escandio. En The Element Series.
  118. Imaxe da moeda de indio. En The Element Series.
  119. Imaxe da moeda de molibdeno. En The Element Series.
  120. Imaxe da moeda de rodio. En The Element Series.
  121. Imaxe da moeda de titanio. En The Element Series.
  122. Imaxe da moeda de antimonio. En The Element Series.
  123. Imaxe da moeda de chumbo. En The Element Series.
  124. Imaxe da moeda de estaño. En The Element Series.
  125. Imaxe da moeda de neodimio. En The Element Series.
  126. Imaxe da moeda de tulio. En The Element Series.
  127. Imaxe da moeda de bario. En The Element Series.
  128. Imaxe da moeda de cinc. En The Element Series.
  129. Imaxe da moeda de iterbio. En The Element Series.
  130. Imaxe da moeda de niobio. En The Element Series.
  131. Imaxe da moeda de samario. En The Element Series.
  132. "92U Depleted Uranium "element coin" token made by Dave Hamric (Metallium)". En Omnicoin.com
  133. Imaxe da moeda deberilio. En The Element Series.
  134. Imaxe da moeda de circonio. En The Element Series.
  135. Imaxe da moeda de europio. En The Element Series.
  136. Imaxe da moeda de itrio. En The Element Series.
  137. Imaxe da moeda de níquel. En The Element Series.
  138. Imaxe da moeda de selenio. En The Element Series.
  139. Imaxe da moeda de vanadio. En The Element Series.
  140. Imaxe da moeda de bismuto. En The Element Series.
  141. Imaxe da moeda de cobalto. En The Element Series.
  142. Imaxe da moeda de fósforo. En The Element Series.
  143. 143,0 143,1 143,2 Mesturado con aglutinante e selado en resina fundida.
  144. Imaxe da moeda de ferro. En The Element Series.
  145. Imaxe da moeda de ouro. En The Element Series.
  146. Imaxe da moeda de tántalo. En The Element Series.
  147. Imaxe da moeda de xofre. En The Element Series.
  148. Imaxe da moeda de boro. En The Element Series.
  149. Imaxe da moeda de cobre. En The Element Series.
  150. Imaxe da moeda de gadolinio. En The Element Series.
  151. Imaxe da moeda de lantano. En The Element Series.
  152. Imaxe da moeda paladio. En The Element Series.
  153. Imaxe da moeda de cadmio. En The Element Series.
  154. Imaxe da moeda de cromo. En The Element Series.
  155. Imaxe da moeda de lutecio. En The Element Series.
  156. Imaxe da moeda de platino. En The Element Series.
  157. Imaxe da moeda de terbio. En The Element Series.
  158. Imaxe da moeda de calcio. En The Element Series.
  159. Imaxe da moeda de disprosio. En The Element Series.
  160. Imaxe da moeda de hafnio. En The Element Series.
  161. Imaxe da moeda de magnesio. En The Element Series.
  162. Imaxe da moeda de praseodimio. En The Element Series.
  163. Imaxe da moeda de talio. En The Element Series.
  164. Extremadamente velenoso. Ficha de chumbo revestida nun lado con papel de talio e selada en resina.
  165. Imaxe da moeda de carbono. En The Element Series.
  166. Imaxe da moeda de erbio. En The Element Series.
  167. Imaxe da moeda de holmio. En The Element Series.
  168. Selado en resina fundida.
  169. Imaxe da moeda de prata. En The Element Series.
  170. Imaxe da moeda de tecnecio. En The Element Series.
  171. "Piedra". En Alfaro Asins (2009).
  172. "Walrus Skin Money of the Russian American Company and Coins of the American West". En The Henry Clifford Collection. Coins of the American West. Bowers and Ruddy Galleries.
  173. Landsberg, P. (2004). "Beyond Kindling...". En Raleigh Coin Club Newsleter. Xuño. Páxina 5.
  174. Á parte de formar parte do aceiro, cuñáronse algunhas moedas de emerxencia de "carbono galvánico prensado" na Alemaña do período da Hiperinflación na República de Weimar.
  175. Colección de moedas de porcelana. Museo Británico.
  176. "Malaysia Monetary Tokens. Clay Gaming Token". En Niewmismatic Error Coins.
  177. "40. Thai porcelain tokens (“pee”)". En Chinese Money Matters.
  178. "Seda". En Alfaro Asins (2009).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]