Edwin Ray Lankester, nado o 15 de maio de 1847 e finado o 13 de agosto de 1929, foi un naturalista, zoólogo, e algólogo británico.
Lankester foi catedrático de Zooloxía no University College de Londres entre 1874 e 1890, catedrático de anatomía comparada na Universidade de Oxford entre 1891 e 1898, e director do Museo de Historia Natural entre 1898 e 1907. En 1884 fundou a Asociación de Bioloxía mariña en Plymouth. Lankester exerceu unha grande influencia como profesor e escritor de teorías biolóxicas, anatomía comparada e evolución. En 1913 foi galardoado coa medalla Copley.
Do mesmo xeito que Francis Balfour, Lankester pertence á xeración de naturalistas que se formou despois da publicación de A orixe das especies, en cuxa aceptación xogaron un papel fundamental as teorías de Ernst Haeckel. Na súa tentativa de integrar os datos da anatomía e a embrioloxía no marco evolucionista, postulou a súa “teoría da plánula” (capas xerminais), moi similar á da Gastraea de Haeckel.
Segundo Lankester, existían tres clases animais: Homoblastica (Protozoa), Diploblastica (Coelenterata) e Triploblastica (caracterizada por unha terceira capa -o mesodermo- e unha cavidade interna a este). Así, a partir da teoría das capas germinales, Lankester demostraba a monofilia de todos os tripoblásticos.
Lankester era un home grande, cunha gran presenza, de cálidas simpatías humanas e na súa infancia un gran admirador de Abraham Lincoln. As súas intervencións, respostas e defensas foron moitas veces coloridas e contundentes[1]
Lankester aparece, pouco disfrazado, en varias novelas. É o modelo de Sir Roderick Dover na novela H. G. Wells' Matrimonio (Wells fora un dos seus estudantes), e en Europa de Robert Briffault, que contén un brillante retrato de Lankester, incluíndo a súa amizade con Karl Marx. (Lankester foi unha das oito persoas no funeral de Marx).[2] Tamén ten sido suxerido como modelo para o Profesor Challenger en The Lost World de Arthur Conan Doyle,[3] pero o propio Doyle dixo que Challenger estaba baseado nun profesor de fisioloxía da Universidade de Edimburgo chamado William Rutherford.[4][5]
Lankester era un personaxe popular e pareceu en caricaturas de revistas como a Vanity Fair.
E. Ray Lankester nunca casou. En 1895, foi acusado de conduta desordenada e resistencia ao arresto mentres estaba en compañía dun grupo de prostitutas na rúa, pero foi absolto.[6] (É incorrecto, como se alegaba,[7] que a acusación se refería a delitos homosexuais).
Morreu en Londres o 15 de agosto de 1929.
Pódese ver unha placa conmemorativa finamente decorada no Golders Green Crematorium, Hoop Lane, Londres.
A abreviatura Lankester emprégase para indicar a Ray Lankester como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
A abreviatura Lank. emprégase para indicar a R. Lankester como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ray Lankester |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ray Lankester |