Rubén Albés

Modelo:BiografíaRubén Albés
Biografía
Nacemento(es) Rubén Albés Yáñez Editar o valor en Wikidata
24 de febreiro de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de fútbol (2022–), futbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2013–2014 Novelda CF
2022–2024   Albacete Balompié
2024–   Sporting de Gijón Editar o valor en Wikidata

Rubén Albés Yáñez, nado en Vigo o 24 de febreiro de 1985, é un exfutbolista e adestrador de fútbol galego. Dende xuño de 2024 adestra o Sporting de Gijón, na Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Pasou polas canteiras do CP Alerta-Traviesas e do Areosa e na tempada 2004/05 chegou ao Rápido de Bouzas, co que debutou esa tempada na Terceira División.[1] Pasou logo polo Pontevedra B, de Preferente, e polo Céltiga, de Terceira, antes de regresar ao Rápido de Bouzas na 2007/08, co que xogou dúas tempadas. En 2009, con 23 anos, despois de sufrir lesións e vendo que non chegaría a profesional, decidiu retirarse e converterse en adestrador.[2][3]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Comezou como adestrador cando xogaba no Pontevedra B, facendo de adestrador asistente no equipo cadete, e máis tarde foi tamén asistente dos xuvenís do Rápido de Bouzas, cos que logrou o ascenso á División de Honra.[2] En 2009 púxose brevemente á fronte dos xuvenís do Pontevedra, antes de recibir unha chamada para adestrar na canteira do Valencia.[4] Permaneceu unha tempada no club, ao mesmo tempo que adestraba o Universitat València, da 2ª rexional.[2]

En 2010 fíxose cargo do Burjassot CF, da Terceira División, converténdose no adestrador máis novo de España, dentro das categorías nacionais.[5][6] Pasou logo polo Catarroja, da mesma categoría, e en 2012 marchou a Marrocos, onde actuou como segundo adestrador de Benito Floro no Wydad de Casablanca.[7] En xuño de 2013 asinou como novo adestrador do Novelda CF.[8] Comezou a tempada 2014/2015 como segundo adestrador de Fran Yeste no CD Eldense e pero tivo que deixar o club en outubro, despois de que Yeste fose denunciado por carecer de licenza e seren os dous sancionados durante tres meses.[9] Regresou ao club en marzo, xa como primeiro adestrador, e conseguiu salvar o equipo do descenso.[10][11]

O 29 de xuño de 2015 confirmouse a súa chegada á Segunda División B, ao fichar como adestrador do filial do Real Valladolid, o Real Valladolid Promesas, substituíndo ao tamén galego Rubén de la Barrera.[12] Despois dos malos resultados do primeiro equipo, o 21 de outubro de 2015 o club decidiu destituír ao adestrador Gaizka Garitano, e incorporar no seu lugar a Miguel Ángel Portugal. Rubén Albés deixou o filial e converteuse no segundo adestrador do primeiro equipo.[13] Na tempada seguinte volveu tomar as rendas do filial valisoletano, co que obtivo a sexta praza do seu grupo.

En 2017 deixou o cargo para ser o adestrador do Celta B, tamén de Segunda B,[14] co que xogou o play-off de ascenso a Segunda División na súa primeira tempada, sendo eliminado en semifinais polo FC Cartagena.[15] Na tempada seguinte, a 2018/19, logrou a permanencia a última hora no play out contra o CD Alcoyano.[16] En xuño de 2019 fichou pola UCAM Murcia para a tempada 2019/20 da Segunda B.[17] Foi destituído en outubro, despois de sumar só unha vitoria en sete partidos cun cadro de xogadores chamado a loitar pola parte alta da táboa.[18]

En xuño de 2020 converteuse no adestrador do FC Hermannstadt, da Liga I romanesa, converténdose no técnico máis novo en adestrar na Primeira División romanesa.[19] Comezou con bos números e encadeou a mellor xeira de resultados da historia do club, cunha soa derrota en 14 encontros, pero os resultados foron empeorando e en xaneiro de 2021 rescindiu o seu contrato, co equipo de Sibiu ocupando a penúltima posición da táboa.[20]

En abril de 2021 chegou á Segunda división española, fichando polo Lugo e converténdose no cuarto adestrador da tempada no equipo branco e vermello, despois das destitucións de Juanfran, Mehdi Nafti e Luis César Sampedro.[21] Colleu o equipo no 20º posto a falta de sete xornadas e acabou logrando a permanencia no derradeiro partido, ao gañar pola mínima ao Rayo Vallecano cun gol de Manu Barreiro.[22] Grazas a isto, foi renovado para a tempada 2021/22,[23] na que completou un ano máis tranquilo, rematando 7 puntos por riba dos postos de descenso. Ao remate da tempada deixou o club lugués.[24]

A finais de xuño de 2022 foi anunciado como novo adestrador do Albacete, equipo que viña de lograr o ascenso a Segunda unhas semanas antes.[25] A pesar de ter o segundo orzamento máis baixo da categoría, Albés levou ao Albacete ata a sexta praza da liga, clasificándose así para a promoción de ascenso a Primeira, onde caeron ante o Levante. O bo xogo do equipo disparou a súa popularidade entre os seareiros do club, que acadou a histórica cifra de 12.000 abonados.[26] Con todo, unha serie de malos resultados durante a tempada 2023/24 provocou a súa destitución en marzo de 2024, despois de ter sumado só 7 dos últimos 33 puntos en xogo.[27]

En xuño de 2024 foi anunciado como novo adestrador do Sporting de Gijón, tamén en Segunda.[28]

  1. "El Bouzas, próximo rival del Lalín, no ha perdido todavía en esta campaña". La Voz de Galicia (en castelán) (Lalín-A Estrada ed.). 23 de setembro de 2004. p. 13. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Café y charla con Rubén Albés" (en castelán). 11 de marzo de 2020. Consultado o 21 de abril de 2021. 
  3. Vázquez Fraga, Míriam (22 de setembro de 2018). "El pasado aurinegro de Rubén Albés". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de abril de 2021. 
  4. Rodríguez, Raúl (8 de agosto de 2009). "Vigo exporta entrenadores" (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2021. 
  5. "Albés nuevo entrenador del Burjassot" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 22 de abril de 2021. 
  6. "Galicia exporta al entrenador más joven del fútbol español". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de novembro de 2010. Consultado o 22 de abril de 2021. 
  7. Centeno, Alexandre (1 de febreiro de 2012). "«Vine a Marruecos a disfrutar, vivir del fútbol y aprender»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2021. 
  8. Jiménez, Juan F. (26 de xuño de 2013). "Rubén Albés se hace cargo de la dirección técnica del Novelda" (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2021. 
  9. "El técnico vigués Rubén Albés será el segundo entrenador del Eldense" (en castelán). 28 de xullo de 2014. Consultado o 22 de abril de 2021. 
  10. "Rubén Albés, nuevo entrenador del Eldense" (en castelán). 10 de marzo de 2015. Consultado o 22 de abril de 2021. 
  11. "El Eldense es de Segunda B" (en castelán). 30 de maio de 2015. Consultado o 22 de abril de 2021. 
  12. "Rubén Albés, nuevo entrenador del Promesas" (en castelán). 29 de xuño de 2015. Consultado o 22 de abril de 2021. 
  13. "Real Valladolid, Rubén Albés nuevo ayudante técnico" (en castelán). 22 de outubro de 2015. Consultado o 22 de abril de 2021. 
  14. "Rubén Albés se hará cargo del banquillo del Celta B". Faro de Vigo (en castelán). 12 de xuño de 2017. Consultado o 22 de abril de 2021. 
  15. "El sueño del Celta B termina en Cartagena". Faro de Vigo. 10 de xuño de 2018. Consultado o 22 de abril de 2021. 
  16. "Apeh sella la salvación del Celta B y envía a Tercera al Alcoyano". As (en castelán). 2 de xuño de 2019. Consultado o 22 de abril de 2021. 
  17. "Rubén Albés, nuevo entrenador del UCAM Murcia" (en castelán). 11 de xuño de 2019. Consultado o 22 de abril de 2021. 
  18. "Rubén Albés abandona el banquillo del UCAM Murcia". Faro de Vigo (en castelán). 8 de outubro de 2019. Consultado o 22 de abril de 2021. 
  19. Manchón, Martín (14 de xuño de 2020). "El español Rubén Albés dirigirá al Hermannstadt rumano". As (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2021. 
  20. "Fin a la etapa de Rubén Albés en el Hermannstadt". Faro de Vigo (en castelán). 19 de xaneiro de 2021. Consultado o 22 de abril de 2021. 
  21. "O galego Rubén Albés é o novo adestrador do Club Deportivo Lugo". Nós Diario. 20 de abril de 2021. Consultado o 22 de abril de 2021. 
  22. "Rubén Albés obra el milagro: El Lugo seguirá en LaLiga SmartBank" (en castelán). 31 de maio de 2021. Consultado o 27 de xuño de 2022. 
  23. "Rubén Albés renueva con el Lugo tras darle la salvación". DxT Campeón (en castelán). 11 de xuño de 2021. Consultado o 27 de xuño de 2022. 
  24. "Rubén Albés non seguirá como técnico do Lugo a próxima temporada". Televisión de Galicia. 19 de maio de 2022. Consultado o 27 de xuño de 2022. 
  25. Villaescusa, Paco (27 de xuño de 2022). "Rubén Albés, nuevo entrenador del Albacete". Marca (en castelán). Consultado o 27 de xuño de 2022. 
  26. "Rubén Albés en Albacete: 634 días, 79 partidos, un estilo propio… y el brutal cariño de la gente" (en castelán). 27 de marzo de 2004. Consultado o 27 de marzo de 2024. 
  27. Sevilla, Juanma (26 de marzo de 2024). "El Albacete cesa a Rubén Albés". As (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2024. 
  28. "El Sporting cierra el fichaje de Rubén Albés como nuevo entrenador y se adelanta al resto de clubes" (en castelán). 22 de xuño de 2024. Consultado o 23 de xuño de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]