Escola de Deseño Zollverein, Essen.Novo Museo de Arte Contemporánea de Nova York.Centro Comunitario Rolex, Lausana.Pavillón da Serpentine Gallery, Londres.
SANAA é un estudio de arquitectura xaponés creado no 1995 por Kazuyo Sejima e Ryue Nishizawa (Sejima + Nishizawa e Asociados). Acumulan numerosos premios, tales como o León de Ouro da Bienal de Venecia (2004), a Medalla conmemorativa Arnold Brunner da Academia americana das artes e das letras (2002), así coma o maior recoñecemento no eido da arquitectura, o premio Pritzker (2010). Aínda que nos seus comezos proxectaban bidimensionalmente, as súas últimas obras enfócanse máis tridimensionalmente.
Defínense como arquitectos que seguen unha única liña coherente e fixa, preocupándose pola relación interior/exterior. Conceptualmente preocúpanse por resolver adecuadamente un programa dentro dun edificio, inquietándolles como se moverán as persoas no seu interior e como a nova edificación vai afectar ao espazo exterior e viceversa.
2004. León de Oro da Bienal de Venecia pola obra máis significativa da exposición Metamorph polo Museo de Arte Contemporánea do Século XXI en Kanazawa e Ampliación do Instituto Valenciano de Arte Moderna.
2005. Premio das Artes na Categoría de Arquitectura do xornal Mainichi.
2005. Premio Rolf Schock na Categoría de Artes Visuais, Suecia.
2006. Premio do Instituto de Arquitectura do Xapón.