Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1871 Betws yn Rhos, Reino Unido (en) |
Morte | 7 de marzo de 1949 (77 anos) Aberystwyth, Reino Unido |
Educación | Ysgol Dyffryn Ogwen (en) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, poeta, bibliotecario, crítico literario |
Empregador | Universidade de Aberystwyth |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Fillos | Arthur ap Gwynn |
Premios | |
Thomas Gwyn Jones, máis coñecido como T. Gwynn Jones ou T. Gwynn, nado o 10 de outubro de 1871 en Gwyndy Uchaf, Betws yn Rhos en Denbighshire (actual Conwy) e finado o 7 de marzo de 1949, foi un xornalista, bardo e novelista galés. Foi un escritor versátil que fixo unha contribución moi importante á literatura galesa e aos estudos estudos do folclore na primeira metade do século XX. Tamén foi un hábil tradutor de alemán, grego, irlandés e inglés. A súa sepultura está no cemiterio de Heol Llanbadarn.[1]
Era fillo de Issac e Jane Jones. Casou con Margaret Jane Davies en 1899.
T. Gwynn Jones tivo a súa primeira educación en Denbigh e Abergele. Converteuse en subeditor de Baner ac Amserau Cymru (Y Faner) en 1890. Escribiu unha excelente biografía do editor liberal Thomas Gee, que é un espello do seu tempo e da súa obra. En 1894 trasladouse a Liverpool e converteuse en subeditor de Isaac Foulkes. En 1898 foi subeditor de Yr Herald e do Caernarvon and Denbigh Herald. Daquela era editor en Papur Pawb. En 1905, pasou varios meses en Exipto -Alexandría e O Cairo- para tratar de aliviar un diagnóstico de tuberculose. En 1908 foi un dos fundadores de Clwb Awen a Chân en Caernarfon.
Foi traballar para a Biblioteca Nacional de Gales en Aberystwyth en 1909 despois de anos de xornalismo, e despois foi profesor no departamento de galés da Universidade de Gales, Aberystwyth. En 1919 converteuse en profesor de literatura galesa nesa facultade até a súa xubilación en 1937.[2]
Gañou a cadeira (cadair) no Eisteddfod en Bangor en 1902 pola súa Ymadawiad Arthur ("Oda á partida de Artur"), e tamén no Eisteddfod de Londres en 1909.
Foi galardoado co D. Lit. da Universidade de Gales e Universidade de Irlanda, ambas en 1938. Foi un firme opositor á Primeira guerra mundial. Saíu da Capela Tabernacl de Aberystwyth, cando o ministro rezou pola vitoria de Gran Bretaña na guerra.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: T. Gwynn Jones |