![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1847 ![]() Worcester, Reino Unido (pt) ![]() ![]() |
Morte | 22 de agosto de 1922 ![]() Londres, Reino Unido ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Londres ![]() |
Ocupación | escultor ![]() |
Período de actividade | 1868 ![]() ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Británico ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica ![]() |
![]() |
Thomas Brock, nado en Worcester, Inglaterra, o 1 de marzo de 1847 e finado en Londres o 22 de agosto de 1922, foi un escultor e medallista inglés, recoñecido pola creación de varias esculturas e monumentos públicos de gran tamaño en Gran Bretaña e noutros países a finais do século XIX e principios do XX.[1][2]
A súa obra de máis sona é o monumento á raíña Vitoria fronte ao Palacio de Buckingham, en Londres.[2] Outras das súas encargas salientables foron o redeseño do busto de Vitoria para o anverso das moedas británicas en 1893, e a enorme estatua ecuestre de bronce de Eduardo, o Príncipe Negro, en City Square, Leeds.[3][4]
Brock naceu o 1 de marzo de 1847 en Worcester,[2] fillo único de William Brock, pintor e decorador, e da súa esposa. Asistiu á Escola Gobernamental de Deseño de Worcester, logo do cal se formou en modelaxe na Real Fábrica de Porcelana de Worcester. En 1866 converteuse en alumno do escultor John Henry Foley e tamén se matriculou nas Escolas da Royal Academy,[5] onde gañou unha medalla de ouro de escultura en 1869.[6][7]
Tivo amizade co pintor e escultor Frederic Leighton, cuxa énfase no realismo e o naturalismo na escultura levou a Brock a formar parte do movemento da Nova Escultura e a desenvolver o seu talento para o retrato simpático e realista.[4] Tras a repentina morte de Foley en 1874, Brock finalizou varias das súas encargas, entre elas o monumento a Daniel O'Connell en Dublín,[5] e unha gran estatua ecuestre de bronce de Charles Canning para Calcuta.[6][8] Foi a finalización da estatua do príncipe Alberte, iniciada por Foley para o Albert Memorial, o que deu a coñecer a Brock e asegurou a súa posición como escultor establecido.[7][9][10]
Brock foi elixido membro asociado da Royal Academy en 1883 e converteuse en membro de pleno dereito en 1891.[7] Foi tamén membro fundador e primeiro presidente da Sociedade de Escultores Británicos.[11]
Ao grupo escultórico de Brock The Moment of Peril —actualmente no xardín de Leighton House— seguiuno The Genius of Poetry ("O xenio da poesía") na fábrica de cervexa Carlsberg, de Copenhague. En 1898 expúxose na Royal Academy un modelo en xeso de Eve, cuxa versión en mármore (1900) se acha na colección da Tate, e Brock tamén fundiu algunhas réplicas en bronce máis pequenas e outras obras imaxinativas que marcan a súa evolución.[13] Entre as súas obras de retrato figuran bustos, como os de Frederic Leighton e a raíña Vitoria; estatuas, como as de Richard Owen e Henry Philpott, bispo de Worcester; e monumentos sepulcrais, como o de Frederic Leighton na catedral de San Paulo, de Londres.[1][7][11]
Brock fixo estatuas e medallas de Vitoria para celebrar o seu Xubileu de Ouro —os 50 anos de reinado— e o de Diamante —os 60 anos—, e tamén deseñou a representación da efixie desta monarca coñecida como "cabeza velada" ou "cabeza viúva", utilizada en todas as moedas británicas de ouro, de prata e de bronce entre 1893 e 1901.[11][14]
En 1901, Brock recibiu a encarga de realizar unha colosal estatua ecuestre de Eduardo, de Woodstock, para a praza da cidade de Leeds. Ese mesmo ano recibiu tamén a que quizais sexa a súa encarga máis importante: o monumento imperial á raíña Vitoria, con múltiples figuras, que se erixiría fronte ao Palacio de Buckingham.[10] A inauguración deste monumento tivo lugar o 16 de maio de 1911 e,[15] segundo a lenda, o rei Xurxo V ficou tan conmovido pola excelencia do monumento que pediu unha espada e nomeou cabaleiro a Brock no acto.[10] En calquera caso, á marxe da lenda, o certo é que ese mesmo día a Oficina do Lord Chamberlain notificou a The London Gazette que o rei ordenara que Brock fose nomeado cabaleiro comendador da Orde de Baño.[16]
De 1914 a 1919 Brock volveu ocupar o cargo de presidente da Sociedade de Escultores Británicos.[11]
Brock casou en 1869 e tivo oito fillos. Morreu en Londres o 22 de agosto de 1922 e está soterrado no adro da igrexa de St. Dunstan, en Mayfield, East Sussex.[4][17]
Imaxe | Motivo / título | Situación actual | Datación | Tipo e material |
---|---|---|---|---|
![]() |
Richard Baxter [22][23][24][25] |
Kidderminster, Worcestershire. | 1875 | Estatua en pedestal. Mármore e granito. |
![]() |
William Rathbone [26] |
Setton Park, Liverpool. | 1877 | Pedra Portland e bronce. |
A Moment of Peril [27] |
Castelo Rosenborg, Copenhage, Dinamarca. | 1880 | Grupo escultórico en bronce. | |
![]() |
Robert Raikes [28][29][30] |
Xardíns Victoria Embankment, Londres. | 1880 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra. |
Rowland Hill [25][31][32][33] |
Vicar Street, Kidderminster. | 1881 | Estatua en pedestal. Mármore e granito. | |
Richard Temple [8] |
Museo Dr. Bhau Daji Lad, Bombai. | 1884 | Estatua. Mármore. | |
![]() |
Henry W. Wadsworth [4][11][34] |
Abadía de Westminster, Londres. | 1884 | Busto. Mármore. |
![]() |
William Menelaus [35] |
Museo Nacional, Cardiff. | 1884 | Busto. Mármore. |
Colin Milton Campbell [25][36] |
London Road, Stoke-on-Trent. | 1887 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra. | |
Raíña Vitoria [25][37] |
Shire Hall, Worcester. | 1887 | Estatua en pedestal. Mármore e granito.. | |
![]() |
Henry Bartle Frere [7][28][30][38] |
Whitehall Gardens, Londres. | 1888 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. |
Imaxe | Motivo / título | Situación actual | Datación | Tipo e material |
---|---|---|---|---|
![]() |
Raíña Vitoria |
Parlamento, Cidade do Cabo. | 1890 | Estatua en pedestal. Mármore. |
![]() |
Daniel O'Connell [39] |
Catedral San Patricio, Melbourne, Australia. | 1891 | Estatua en pedestal. Bronce. |
![]() |
Bispo Henry Philpott [11][40][41] |
Catedral de Worcester. | 1892 | Estatua sedente en pedestal. Mármore e pedra. |
Arthur Hervey [11][42] |
Catedral de Gales. | >1894 | Tumba con efixie. Mármore e pedra. | |
![]() |
Richard Owen [11][43] |
Museo de Hª Natural, Londres. | 1896 | Estatua en pedestal. Bronce e mármore. |
![]() |
Memorial Augustus Harris [44] |
Teatro Drury Lane, Covent Garden. | 1897 | Fonte e escultura. Granito e bronce. |
![]() |
William Lewis [25][45] |
Upper Thomas Street, Merthyr Tydfil. | 1898 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. |
![]() |
Henry Tate [46] |
Tate Britain, Londres. | 1898 | Busto. Mármore. |
![]() |
Thomas Hughes [47] |
Rugby School, Rugby, Warwickshire. | 1899 | Estatua en pedestal. |
Imaxe | Motivo / título | Situación actual | Datación | Tipo e material |
---|---|---|---|---|
![]() |
Raíña Vitoria [48] |
Victoria Square, Birmingham. | 1901 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra. |
Raíña Vitoria [25][49][50] |
Grand Avenue, Hove. | 1901 | Estatua en pedestal. Bronce e mármore. | |
![]() |
Frederic Leighton [51] |
Catedral de San Paulo, Londres. | 1902 | Efixie en pedestal, con figuras de apoio. Bronce e mármore. |
![]() |
Raíña Vitoria [28] |
Carlton House Terrace, Londres. | 1902 | Estatua. Mármore. |
![]() |
Raíña Vitoria [52][53] |
Bitts Park, Carlisle, Cumbria. | 1902 | Estatua en pedestal con chanzos. Bronce e granito. |
Royal Scots Fusiliers [54][55] |
Burns Statue Square, Ayr. | 1902 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. | |
![]() |
Eduardo de Woodstock [7][25][56] |
Leeds City Square, Leeds. | 1903 | Estatua ecuestre en pedestal. Bronce e granito. |
![]() |
Raíña Vitoria [57][58] |
Belfast City Hall, Belfast. | 1903 | Estatua en pedestal con chanzos e esculturas. Mármore, pedra e bronce. |
![]() |
Edward James Harland [59] |
Belfast City Hall, Belfast. | 1903 | Estatua en pedestal. Pedra |
![]() |
William E. Gladstone [25][60] |
St John's Gardens, Liverpool. | 1904 | Estatua en pedestal e dúas estatuas na base. Bronce. |
![]() |
William E. Gladstone [4][61][62] |
Abadía de Westminster, Londres. | 1904 | Estatua en pedestal. Mármore. |
![]() |
John Everett Millais [28][63][64] |
Tate Britain, Londres. | 1905 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra Portland. |
![]() |
Henry Tate [25][65] |
Brixtol Oval, Londres. | 1905 | Busto en pedestal. Bronce e pedra. |
Raíña Vitoria [8][66] |
Queen's Park, Bangalore, India. | 1906 | Estatua en pedestal. Mármore e arenito. | |
![]() |
Raíña Vitoria [67] |
Queens Gardens, Brisbane, Australia. | 1906 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra. |
![]() |
John Nicholson [8][68][69][70] |
Royal School Dungannon, Condado de Tyrone. | 1906 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra. |
Imaxe | Motivo / título | Situación actual | Datación | Tipo e material |
---|---|---|---|---|
Henry Irving [28][71] |
Charing Cross Road, London | 1910 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra Portland. | |
![]() |
Eduardo VII [72][73] |
Galerías de Eudardo VII, Museo Británico. | 1911 | Busto. Bronce dourado. |
![]() |
Victoria Memorial [7][25][28][74][75] |
The Mall, Londres. | 1911 | Escultura sobre piar con estatuas e fontes. Mármore, bronce e pedra. |
![]() |
William Lewis [76] |
Parque de Aberdare. | 1913 | Estatua en pedestal. Bronce e granito. |
![]() |
Navigation [77] |
Arco do Almirantado, Londres. | 1908 1913 |
Estatua mural. Pedra Portland. |
Gunnery [77][78] |
Arco do Almirantado, Londres. | 1908 1913 |
Estatua mural. Pedra Portland. | |
James Cook [25][28][79][80] |
The Mall, Londres. | 1914 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra Portland. | |
![]() |
Joseph Lister [4] |
Abadía de Westminster, Londres. | 1915 | Medallón de retrato. Mármore. |
Eduardo VII [8][81] |
Queen's Park, Toronto, Canadá. | 1919 | Estatua ecuestre pedestal. Bronce e pedra. |
Imaxe | Motivo / título | Situación actual | Datación | Tipo e material |
---|---|---|---|---|
![]() |
Titanic Memorial [58] |
Belfast City Hall, Belfast. | 1920 | Grupo escultórico en pedestal. Pedra. |
![]() |
Eduardo VII [82] |
Macquarie Street, Sydney, Australia. | 1921 | Estatua ecuestre en pedestal. Bronce e granito. |
![]() |
Raíña Vitoria [8][83][84] |
Victoria Memorial, Calcuta, India. | 1921 | Estatua pedestal. Mármore. |
![]() |
Charles Grant Seely [85][86] |
Igrexa de San Olav, Gatcombe, Wight. | 1922 | Escultura sobre sepulcro. Mármore e pedra. |
![]() |
Joseph Lister [87] |
Portland Place, Londres. | 1924 | Busto en columna con esculturas. Bronce e granito. |
![]() |
Memorial de guerra [88] |
Queen's University. Belfast. | 1924 | Grupo escultórico en pedestal. Bronce e granito. |
![]() |
Robert Raikes [25][89] |
Gloucester. | 1930 | Estatua en pedestal. Bronce e pedra. |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thomas Brock ![]() |
Predecesor: Joseph Edgar Boehm |
![]() Moedas da libra esterlina Autores dos anversos 1893 - 1901 |
Sucesor: George William de Saulles |