Cando partín unha mañá de verán | |
---|---|
Autor/a | Laurie Lee |
Ilustrador/a | Leonard Henry Rosoman |
Editorial | André Deutsch e Atheneum Books |
Data de pub. | 1969 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cando partín unha mañá de verán (As I Walked Out One Midsummer Morning), publicado en 1969, é o segundo volume da autobiografía do escritor inglés Laurie Lee, que se desenvolve parcialmente en Galicia. Foi traducido ao galego por María Fe González e publicada por Editorial Trifolium en 2011[1].
O libro, publicado en 1969 pola editorial británica Andre Deutsch, é o segundo volume da autobiografía de Lee, precedido por Cider with Rosie, de 1959, e continuado por A Moment of War, publicado en 1991. A primeira parte narra a infancia e adolescencia de Lee nunha pequena aldea do condado de Gloucester, e a terceira a súa implicación na Guerra Civil española como membro das Brigadas Internacionais (1937-39).
A obra componse de once capítulos e mais un epílogo:
Aínda que non se precisa exactamente a data, Lee chegou a Galicia na primavera de 1935, nun barco procedente de Inglaterra que chegou ao porto de Vigo pouco antes do mencer[2]. Dedica ese día a coñecer a cidade, e sobe a durmir a un dos montes que arrodean Vigo, onde é atacado por lobos. A partir de aí colle un camiño en dirección sueste, apartado da estrada, e con dirección a Zamora. Dorme varios días no monte, mais nunha ocasión chega a unha vila, que non identifica, onde se atopaba unha Posada de Nuestra Señora. Alí toma unha prolongada cea[3] e fai noite. A partir de aí menciona saír dos outeiros de Galicia e chegar aos montes de León, por onde proseguirá en dirección sur ata Zamora.
En comparación con outras zonas do seu percorrido, o periplo de Lee por Galicia carece de referencias espaciais e temporais.