![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O Club de Campo Villa de Madrid é un club deportivo da cidade de Madrid, España. Foi fundado en 1931 e en 2007 contaba cuns 20.000 socios. Destaca sobre todo a sección de hóckey herba, tanto o seu equipo masculino coma feminino.
En 1931 un grupo de xoves pertencentes á alta sociedade madrileña creou o Club de Campo. En 1942 produciuse a fusión do Club de Campo coa Real Sociedad Hípica Española. A nova sociedade destacou especialmente na hípica e o hóckey herba, principais disciplinas practicadas no club.
Dende 1984, data na que o Concello de Madrid fixo efectivos os seus dereitos sobre parte dos terreos nos que se localiza o club, a sociedade está participada polo Concello como socio maioritario, polo Patrimonio do Estado, e pola antiga Real Sociedade Hípica Española Club de Campo.