Heinrich Dressel

Modelo:BiografíaHeinrich Dressel

Retrato de Heinrich Dressel en 1904
Biografía
Nacemento16 de xuño de 1845
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xullo de 1920
Teisendorf
Alemaña Alemaña
País de nacionalidadeAlemá
Educación Universidade de Gotinga
Q89547790Estudos de numismática antiga.
Actividade
Campo de traballoNumismática, epigrafía, arqueoloxía.
Ocupaciónnumismático, arqueólogo, antropólogo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Premios
(1908): Medalla da Royal Numismatic Society.

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1797941

Heinrich August Edgar Felix Dressel, nado o 16 de xuño de 1845 en Roma e finado o 17 de xullo de 1920 en Teisendorf, Baviera, foi un numismático, arqueólogo e epigrafista alemán.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Heinrich Dressel era fillo do doutor Albert Dressel (1808-1875) e de Anna Baldassari (1810-1883). Naceu en Roma, onde o seu pai estaba destinado como secretario do representante de Prusia ante o Vaticano, e nesa cidade pasou a súa infancia, onde se lle espertou a curiosidade polo coleccionismo de moedas e outras antigüidades, e por descifrar as inscricións que estas contiñan.[1][2][3]

Trasladouse a Alemaña aos 23 anos, onde estudou entre 1868 e 1869 con profesores como Curtius ou Theodor Mommsen no ámbito da epigrafía na Universidade de Berlín. En 1873, a Academia de Ciencias de Prusia premiou un traballo seu sobre as fontes de Origines, de Isidoro de Sevilla, e parte deste traballo serviulle o ano seguinte para presentar como tese no seu doutoramento, acadado in absentia na Universidade de Gotinga, co título de De Isidori Originum fontibus.[1][2][3][4]

Viaxou a Italia entre 1874 e 1878 e recolleu material para varios volumes do Corpus Inscriptionum Latinarum. En 1877 ingresou como membro do Instituto Arqueolóxico Alemán de Roma, e en 1878 foi nomeado profesor da Universidade de Roma.[1][2][3]

En 1885 entrou a formar parte da sección de antigüidades do Gabinete Numismático (Münzkabinett) de Berlín, o ano seguinte xa se converteu en director adxunto e, finalmente, entre 1898 e 1919 acadou a dirección do Gabinete, xunto con Julius Menadier.[2] Durante máis de dúas décadas (1898-1920), foi tamén coeditor, xunto co propio Menadier e tamén con Hermann Dannenberg, da revista Zeitschrift für Numismatik, editada pola Sociedade Numismática de Berlín.[1][3]

En 1902 ingresou na Academia de Ciencias de Prusia, onde desde ese ano ata 1911 dirixiu a sección de moeda grega. Nesta institución dedicouse á confección do Corpus Nummorum Antiquorum, do que saíron á luz tres fascículos.[1][2][3]

Dressel foi un recoñecido experto en inscricións latinas, tema de varias das súas obras, e foi o descubridor da "Inscrición Duenos" en 1880 no Monte Quirinal de Roma, baseada no estilo de escrita manual do primeiro latín escrito, probablemente antes do 600 a. de C. Dressel tamén desenvolveu unha tipoloxía para a clasificación de ánforas antigas, con 45 tipos, baseada nas súas escavacións no Monte Testaccio, de Roma, comezadas xa en 1872 e que tiveron carácter de pioneiras.[5][6] Os seus achados de ánforas e a determinación da súa orixe puxeron de manifesto, entre outras cousas, a base da economía de mercado da Antiga Roma, e contribuíron con datos inéditos ao coñecemento da historia económica do Imperio Romano e das súas provincias. Das súas achegas ao Corpus Inscriptionum Latinarum, no que traballou entre 1874 e 1878 baixo a dirección de Mommsen, xurdiron varias das denominacións das formas de ánforas do Imperio Romano.[1][3]

Dressel Xubilouse o 1 de outubro de 1919. Pasou os seus derradeiros meses nun hospital de Reichenhall, na Alta Baviera, convalecente dunha lesión na columna vertebral consecuencia dunha caída, que finalmente o conduciu á morte en Teisendorf en 1920. Foi soterrado no cemiterio do mosteiro de St. Zeno.[1][3]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Entre outros recoñecementos, Dressel foi nomeado correspondente da Academia Pontificia de Arqueoloxía, membro do Instituto Arqueolóxico de Viena (1902) e membro de honra da Sociedade Numismática de Londres (1898) e da Sociedade Numismática de Viena (1902). [1][3]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Monografías

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma das monografías máis significativa publicadas por Dressel ao longo da súa carreira académica:[8][9]

Artigos publicados en Zeitschrift für Numismatik

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Zeitschrift für Numismatik.

Estes son os artigos publicados por Heinrich Dressel en Zeitschrift für Numismatik, a revista do Sociedade Numismática de Berlín, da que el foi editor entre 1898 e a súa morte en 1920:

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Remesal Rodríguez, J. "Heinrich Dressel". En Diccionario Biográfico Español. Real Academia de la Historia.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Franke, P. R. (1959).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Regling, K. (1922).
  4. Dressel, H. (1874). De Isidori Originum fontibus... Augustae Taurinorum.
  5. Debuxos dos 45 tipos de ánforas de Dressel, extraídos do tomo XV de Corpus Inscriptionum Latinarum, Berlín, 1899.
  6. "Amphores". L'Anticopédie.
  7. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  8. "Dressel, Heinrich". WorldCat.
  9. "Heinrich Dressel". Katalog der Deutschen Nationalbibliothek.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]