Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José María Seoane Buján ![]() 13 de setembro de 1913 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 7 de xullo de 1989 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor ![]() |
Período de actividade | 1941 ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Rosita Yarza ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
José María Seoane Buján, nado en Vigo o 13 de setembro de 1913 e finado en Madrid o 7 de xullo de 1989, foi un actor galego.
Foi membro da Agrupación Martín Códax de Vigo, na cal desenvolveu un activo traballo interpretativo e chegou a exercer de director escénico.[1]
Participou da man do director de escena Luis Escobar no auto El hospital de los locos na década de 1940. Nos seguintes anos converteuse en primeira figura dos Teatros Español (do que chegou a converterse en primeiro actor na década de 1940) e María Guerrero de Madrid, nos que tivo ocasión de interpretar grandes clásicos como Cyrano de Bergerac, La vida es sueño, Otelo e, en varias ocasións encabezou o elenco de Don Juan Tenorio, de José Zorrilla xunto á súa esposa Rosita Yarza.
Debutou na gran pantalla coa película Porque te vi llorar (1941) de Juan de Orduña, á que seguiron máis de 40 títulos até La guerrilla (1972), de Rafael Gil.
Falecido por mor dunha insuficiencia renal en 1989,[2][3] tivo dous fillos, Alfonso e José María.
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1966 | Diego de Acevedo | Pai de María Teresa | 1 Episodio: "Bolívar en Madrid" |
Na edición de 1947 das medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos obtivo a Medalla ao mellor actor principal pola súa interpretación en Mariona Rebull.[4]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |