Club Atlètic Terrassa

O Atlètic Terrassa Hockey Club é un club deportivo da cidade de Terrassa. Fundado como club de hóckey herba, actualmente conta con moitas seccións deportivas. Actualmente conta con máis de 5.000 socios.

Seccións deportivas

[editar | editar a fonte]

Entre parénteses a data de creación da sección:

Equipos filiais

[editar | editar a fonte]
  • Vallès Esportiu (1966)
  • Can Salas (1975)
  • Atlètic 1952 (1952)
  • Rusc H.C. (1996)

O Atlètic Terrassa HC fundouse o 1 de agosto de 1952 por un grupo de dezaseis xoves do Centre Social Catòlic de Terrassa. O club naceu logo da disolución do Educación y Descanso. Deste xeito poderanse crear os dous primeiros equipos que participaron nos Campionatos de Cataluña de Primeira e Segunda Categoría. Josep Oriol Freixa i Vancells foi o primeiro presidente do club.

O primeiro triumfo chegou en 1954 gañant o trofeo internacional Pere Amat. Mais a situación económica da entidade non era boa. En 1957-58 péchase o local da Rúa Vall e se traslada a un espazo cedido polo Centre Social Catòlic. En 1960 conseguiu unha nova sede social, novamente na Rúa Vall. Na tempada 1960-61, o Atlètic gaña os primeiros títulos oficiais, o Campionato de Cataluña infantil e xuvenil e na 1965-66, co técnico indio Vinicio Carvalho, o Campionato de España xuvenil.

En 1964 o club inagurou o seu primeiro terreo propio en Torrent d'en Pere Parres. Dous anos máis tarde crea unha sección de atletismo e máis tarde de tenis e de frontón. O club decidiu adquirir unha nova zona polideportiva para tódalas seccións. Así, en 1969 inaugurouse a nova sede an Can Salas. A sección de hóckey feminino apareceu en 1970. Comeza unha época de expansión do club.

En 1972 en Múnic, Jaume Arbós converteuse no primeiro xogador olímpico do club. Xa nos anos '80, chegaron os títulos sénior, o primeiro Campionato de Cataluña (1980-81), a primeira liga (1983), as Copas de Europa (1985 en Frankenthal (Alemaña) e 1998 en Terrassa) e as Recopas de Europa (1994 e 2000) ou a Copa de Europa de Sala (1999).

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Hóckey herba masculino

[editar | editar a fonte]

Hóckey herba feminino

[editar | editar a fonte]

Ligazóns

[editar | editar a fonte]