Tipo | supercopa |
---|---|
Deporte | balonmán |
Organizador | ASOBAL |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1985 – 2022 |
Calendario da tempada | agosto – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Número de edición | 36 |
Competición | |
Primeiro posto | FC Barcelona (2022) |
A Supercopa de España de Balonmán é unha competición española de balonmán entre clubs organizada dende a tempada 1985-86 pola ASOBAL (Asociación de Clubs Españois de Balonmán), que enfronta ao campión da Liga ASOBAL co campión da Copa do Rei. A Supercopa despútase a partido único en campo neutral, e cada ano nunha sede diferente. O trofeo consiste nun lingote de bronce a primeira vez que se gaña a Supercopa, un de prata para a segunda, e un de ouro a terceira. Cando un club gaña o lingote de ouro volve comezar o ciclo. O FC Barcelona (4) e o Portland San Antonio (1) son os únicos equipos con lingote de ouro.
É unha das catro grandes competicións de balonmáno no estado español, xunto coa Liga ASOBAL, a Copa do Rei e a Copa ASOBAL.
O FC Barcelona é, con 14 títulos, o club que máis veces gañou esta competición.
Equipo | Campión | Subcampión |
---|---|---|
FC Barcelona | 14 | 5 |
Renovalia Ciudad Real | 3 | 3 |
AMAYA San Antonio | 3 | 1 |
Teka Cantabria | 2 | 3 |
Atlético de Madrid | 2 | 0 |
Elgorriaga Bidasoa | 1 | 4 |
Pevafersa Valladolid | 0 | 3 |
Ademar León | 0 | 2 |
CB Avidesa | 0 | 2 |
CD Cajamadrid | 0 | 1 |
Tecnisan | 0 | 1 |