Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.099.290 (2018) (15.118,49 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua castelá | ||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 205 km² | ||||
Comparte fronteira con | Diocese de San Justo (pt) , Suroeste Roman Catholic Diocese of Mercedes (en) , Nordés Diocese de Avellaneda-Lanús (pt) , sueste Diocese de San Isidro (pt) , noroeste Diocese de San Martín (pt) , oeste Diocese de Lomas de Zamora (pt) , sur | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 5 de marzo de 1865 | ||||
Catedral | Catedral metropolitana de Buenos Aires | ||||
Sitio web | arzbaires.org.ar… | ||||
A arquidiocese de Buenos Aires (en latín: Archidiœcesis bonaerensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2012 tiña 2 671 000 bautizados sobre unha poboación total de 2 917 000 habitantes. O seu ordinario, dende 2013, é Mario Aurelio Poli.
A arquidiocese abrangue a illa Martín García e a cidade de Buenos Aires, onde está a catedral da Santísima Trindade.
O territorio ten unha extensión de 203 km² e está subdividido en 186 parroquias, agrupadas en 20 vigairías.
A diocese de Buenos Aires foi erixida o 6 de abril de 1620, en territorios da diocese de Paraguai. Orixinariamente era sufragánea da arquidiocese de La Plata.
En 1830 cedeu parte do seu territorio para erixir a vigairía apostólica de Montevideo. Cedeu territorio novamente o 13 de xuño de 1859 para erixir a diocese de Paraná.
O 5 de marzo de 1865 foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana coa bula Immutabili do papa Pío IX.
O 15 de febreiro de 1897 cedeu parte do seu territorio para erixir a diocese de La Plata. Cedeu territorio novamente o 20 de abril de 1934 para erixir a diocese de Viedma.
O 29 de xaneiro de 1936 Pío XI recoñeceu á arquidiocese de Buenos Aires como sé primada da Arxentina.
O 13 de marzo de 2013 o cardeal Jorge Mario Bergoglio foi elixido papa, co nome de "Francisco".