Himno de Andalucía

Himno de Andalucía
En galego: Himno de Andalucía
Himno deAndalucía Andalucía
LetraBlas Infante
MúsicaSevilla José del Castillo Díaz
Mostra da música
noicon
Himno de Andalucía (Instrumental)

O himno de Andalucía é unha composición musical de José del Castillo Díaz[1] con letra de Blas Infante. A música está inspirada no Santo Deus, un canto relixioso popular que os campesiños e xornaleiros dalgunhas comarcas andaluzas cantaban durante a sega. Blas Infante coñeceu este canto sendo notario na vila de Cantillana onde se interpretaba como canto de rogativas.[2] Blas Infante puxo este canto en coñecemento do Maestro Castillo, quen adaptou e harmonizou a melodía. A letra do himno apela ós andaluces para que se mobilicen e pidan "terra e liberdade", mediante un proceso de reforma agraria e un estatuto de autonomía política para Andalucía, no marco de España.

O himno de Andalucía foi presentado pola Banda Municipal de Sevilla, baixo a dirección de José del Castillo, nun concerto celebrado na Alameda de Hércules o 10 de xullo de 1936, unha semana antes do comezo da Guerra Civil. Durante o Franquismo só se conservou un manuscrito para piano. Foi reestreado durante a transición democrática no Teatro Lope de Vega de Sevilla pola mesma banda o 18 de outubro de 1979. Dous anos antes, en abril de 1977 Carlos Cano realizou unha adaptación cantada pola coral Heliópolis de Sevilla e en cuxa gravación estiveron presentes antigos compañeiros de Blas Infante. A partir de 1980 realizáronse multitude de versións do himno, sendo especialmente reseñables as revisións e instrumentacións realizadas por Manuel Castillo nos anos 1980.

Letra Oficial do Himno

[editar | editar a fonte]
La bandera blanca y verde
vuelve, tras siglos de guerra,
a decir paz y esperanza,
bajo el sol de nuestra tierra.
¡Andaluces, levantaos!
¡Pedid tierra y libertad!
¡Sea por Andalucía libre,
España y la Humanidad!
Los andaluces queremos
volver a ser lo que fuimos
hombres de luz, que a los hombres,
alma de hombres les dimos.
¡Andaluces, levantaos!
¡Pedid tierra y libertad!
¡Sea por Andalucía libre,
España y la Humanidad!

Versión nacionalista

[editar | editar a fonte]

Na versión nacionalista do himno andaluz, substitúese o verso: España y la Humanidad! por: los Pueblos y la Humanidad!.

  1. Director da Banda Municipal de Sevilla e coñecido comunmente como Maestro Castillo.
  2. Nas provincias de Málaga, Sevilla y Huelva

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]